Marcadores: Humor, Internet, Tecnoloxías, Vídeos
25.1.09
Animado por Jaureguizar, estes días entrei a formar parte do Facebook (aquilo é un fervedoiro, lémbrame o comezo do blogomillo, con tantos amigos e amigas falando). Porén, despois de ver hoxe esta peza de humor venezolano (grazas, Ronseis), protagonizada polo actor Orlando Urdaneta (advirto, para non ferir sensibilidades, que é un antichavista, refuxiado en Miami), non podo evitar tamén dubidar coma el que fago eu aí metido.
16.1.09
16.11.08
Mudar o paradigma
Vencer prexuízos sobre as mudanzas no emprego do soporte de lectura sempre custou.
Vía O Bicho dos Livros
Vía O Bicho dos Livros
Marcadores: Humor, Libro_electrónico, Tecnoloxías, Vídeos
3.10.08
24.3.08
18.3.08
Cifras e letras en Telemadrid
O bo do noso amigo Paco Lodeiro quedou pampo. Non hai dúbida que o seu programa serve para ampliar vocabulario.
Marcadores: Humor, Televisión, Vídeos
18.11.07
Chispas de Quesada
No artigo de semana fago unha breve semblanza do traballo de Quesada en Faro de Vigo con motivo da presentación da súa antoloxía, o xoves 22 de novembro en Vigo.Etiquetas: Artigos
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Humor, Ilustración, Presentacións, Xerais
4.11.07
"Chispas de Quesada"
Nos próximos días recibiremos os primeiros exemplares de Chispas de Quesada, un volume que recolle unha antoloxía de máis de duascentas viñetas, da colaboración diaria que Quesada mantén de forma ininterrompida en Faro de Vigo durante os últimos corenta anos. Unha antoloxía, impregnada da súa visión irónica e crítica da vida, que constitúe un percorrido pola actualidade política, social e deportiva de Galicia e, especialmente, da cidade de Vigo, desde 1967 á actualidade. A emigración, a transformación da cultura tradicional galega, o desemprego, os avatares da política internacional, a corrupción política, o problema das comunicacións, as promesas dos políticos, as relacións de parella ou diversas homenaxes aos amigos, son algúns dos temas abordados nesta antoloxía polo decano dos humoristas gráficos galegos en exercicio. O libro abre unha serie de antoloxías na que Xerais pretende recoller a obra dos mellores humoristas gráficos galegos.Etiquetas: Chispas_de_Quesada
Marcadores: Autores, Humor, Ilustración, Novidades, Xerais




