26.3.08
16.10.06
Dez libros básicos sobre tipografía
Unostiposduros propón unha escolma dos dez libros básicos sobre tipografía. Recomendan ler todos...Etiquetas: Tipografía
Marcadores: Tipografía
3.2.06
Letra G
Ao fío do meme anterior (escríbese así?), Ian sinala outro enlace tipográfico moi interesante, o blo do galego Óscar Otero, que xa coñeciamos. Alí, pódese acceder, entre outras moitas, a tipografía Gallaecia Castelo de Carlos Núñez (9 €) e consultar un amplo panorama das noticias sobre tipografía na rede. Comparto a súa admiración polo carácter humano da Garamond, a tipografía que (quizais, obsesivamente) máis utilizamos. Este weblog é moi recomendable e cunha aparencia e navegación modélica. Óscar demostra que a tipografía é a base do deseño gráfico.
Marcadores: Tipografía
Tipos duros
Débolle ao agardado regreso de Lolo o coñecemento desta extraordinaria páxina. O coñecemento tipográfico é unha das ferramentas primeiras do editor que concibe o seu traballo como artesán do libro. Recoméndoa vivamente como fonte inagotable de coñecemento, xa for da historia da tipografía e dos mestres tipógrafos, como guía para o tratamento dos tipos e a composición equilibrada da páxina, ou, xa for como un xeito de manterse actualizado sobre as novidades e tendencias en tipografía e deseño editorial. Unha páxina que para os profesionais da edición debe constituír un enlace permanente. Parabéns agradecidos aos seus autores.Marcadores: Tipografía




