Vivamos coma galegos en Nova York
Volve a campaña de Gadis.
Marcadores: Publicidade, Vídeos
Notas do traballo de edición
 Coñecemos por culturagalega.org outra noticia fatal para as letras galegas: morreu onte o narrador e ensaísta Anxo Rei Ballesteros, o xenial autor de Dos anxos e dos mortos e de Loaira, dúas das máis memorables novelas galegas do século XX. Hai dúas semanas Suso de Toro, tras o derradeiro encontro con Anxo, dedicáballe este fermoso artigo. As nosas maiores condolencias para a súa compañeira e todos os seus amigos da editorial Galaxia, onde publicou a maior parte da súa obra.
Coñecemos por culturagalega.org outra noticia fatal para as letras galegas: morreu onte o narrador e ensaísta Anxo Rei Ballesteros, o xenial autor de Dos anxos e dos mortos e de Loaira, dúas das máis memorables novelas galegas do século XX. Hai dúas semanas Suso de Toro, tras o derradeiro encontro con Anxo, dedicáballe este fermoso artigo. As nosas maiores condolencias para a súa compañeira e todos os seus amigos da editorial Galaxia, onde publicou a maior parte da súa obra.Marcadores: Autores, In memoriam
 Hoxe hai setenta anos que Orson Wells protagonizou o famoso radiograma sobre «A guerra dos mundos» que provocou o pánico de milleiros de persoas que o escoitaron convencidas que a terra era invadida polos marcianos. Aquela dramatización e adaptación para a radio de Orson Wells (daquela un mozo) da novela homónima de H.G. Wells (hai tradución galega en Xerais de Gonzalo Constenla e Esther Sánchez Rodríguez) supuxo un dos primeiros acontecementos mediáticos do século XX e deu pé a bastantes lendas urbanas. Hoxe varias cadeas de radio españolas, entre as 21:00 e as 22:00 rememorarán o acontecemento. É unha mágoa que a nosa radio pública non emulase a iniciativa. Recomendo esta fantástica anotación de Microsiervos sobre tan simpático acontecemento literario.
Hoxe hai setenta anos que Orson Wells protagonizou o famoso radiograma sobre «A guerra dos mundos» que provocou o pánico de milleiros de persoas que o escoitaron convencidas que a terra era invadida polos marcianos. Aquela dramatización e adaptación para a radio de Orson Wells (daquela un mozo) da novela homónima de H.G. Wells (hai tradución galega en Xerais de Gonzalo Constenla e Esther Sánchez Rodríguez) supuxo un dos primeiros acontecementos mediáticos do século XX e deu pé a bastantes lendas urbanas. Hoxe varias cadeas de radio españolas, entre as 21:00 e as 22:00 rememorarán o acontecemento. É unha mágoa que a nosa radio pública non emulase a iniciativa. Recomendo esta fantástica anotación de Microsiervos sobre tan simpático acontecemento literario.Marcadores: Efemérides
 Moi atractivo o programa do V Simposio O libro e a lectura no que se abordará a situación do libro galego no mundo. Especial interese teño en escoitar Josep Bargalló, o responsable do Institut Ramón Llull. Coñecer a experiencia catalana pode axudarnos a perfilar cales deben ser as características da nosa ferramenta de xestión para visibilizar a lingua, a cultura e o libro galego no exterior. Tamén pinta moi ben a mesa redonda na que participan Helena González, Xabier Cid e Arturo Casas que reflexionarán sobre a estratexia de internacionalización da literatura galega, así como, entre outras, as conferencias dos responsables das feiras do libro de Frankfurt, Boloña e o debate sobre as nosas posibilidades no mercado do libro lusófono. Penso que será un dos simposios dos editores galegos máis interesantes dos últimos anos.
Moi atractivo o programa do V Simposio O libro e a lectura no que se abordará a situación do libro galego no mundo. Especial interese teño en escoitar Josep Bargalló, o responsable do Institut Ramón Llull. Coñecer a experiencia catalana pode axudarnos a perfilar cales deben ser as características da nosa ferramenta de xestión para visibilizar a lingua, a cultura e o libro galego no exterior. Tamén pinta moi ben a mesa redonda na que participan Helena González, Xabier Cid e Arturo Casas que reflexionarán sobre a estratexia de internacionalización da literatura galega, así como, entre outras, as conferencias dos responsables das feiras do libro de Frankfurt, Boloña e o debate sobre as nosas posibilidades no mercado do libro lusófono. Penso que será un dos simposios dos editores galegos máis interesantes dos últimos anos.Marcadores: Eventos
Marcadores: Literatura infantil e xuvenil, Premios
 Tras a polémica Steiner reflexionamos moito sobre o posicionamento da cultura galega no mundo. O debate foi ben produtivo e, finalmente, matizado. Nós chegamos á conclusión que como editores galegos tiñamos a responsabilidade de contribuír a profundizalo. Esta foi a razón que nos levou a explorar as posibilidades de traducir algunha das obras do polémico filósofo. Finalmente as xestións chegaron a bo porto e acadamos un compromiso cos axentes de Steiner para que Xerais publicase durante o ano 2009 dúas das súas obras: After Babel: Aspect of Language and Translation (1975) e George Steiner at the New Yorker (obra, aínda inédita, que aparecerá nos Estados Unidos no vindeiro mes de xaneiro). A estes dous títulos, que alicerzan o proxecto que iniciamos este ano de publicar traducións de importantes obras do ensaio do século XX,  se unirán o segundo tomo d' O segundo sexo de Simone de Beauvoir (preparado por Marga Rodríguez Marcuño) e o Tractatus Logico-Philosoficus 1918 de Wittgenstein (traducido por Arturo Leyte). Cremos que este é unha aposta necesaria para incrementar o acervo do patrimonio cultural galego, ao tempo que debería contribuír a que fose máis valorado e mellor coñecido no mundo.
Tras a polémica Steiner reflexionamos moito sobre o posicionamento da cultura galega no mundo. O debate foi ben produtivo e, finalmente, matizado. Nós chegamos á conclusión que como editores galegos tiñamos a responsabilidade de contribuír a profundizalo. Esta foi a razón que nos levou a explorar as posibilidades de traducir algunha das obras do polémico filósofo. Finalmente as xestións chegaron a bo porto e acadamos un compromiso cos axentes de Steiner para que Xerais publicase durante o ano 2009 dúas das súas obras: After Babel: Aspect of Language and Translation (1975) e George Steiner at the New Yorker (obra, aínda inédita, que aparecerá nos Estados Unidos no vindeiro mes de xaneiro). A estes dous títulos, que alicerzan o proxecto que iniciamos este ano de publicar traducións de importantes obras do ensaio do século XX,  se unirán o segundo tomo d' O segundo sexo de Simone de Beauvoir (preparado por Marga Rodríguez Marcuño) e o Tractatus Logico-Philosoficus 1918 de Wittgenstein (traducido por Arturo Leyte). Cremos que este é unha aposta necesaria para incrementar o acervo do patrimonio cultural galego, ao tempo que debería contribuír a que fose máis valorado e mellor coñecido no mundo.Marcadores: Ensaio, Traducións, Xerais
 Debemos a  Xurxo Lobato desta magnífica foto dos tres membros da que poderiamos chamar «Xeración Lamote», Paco Martín, Xabier P. DoCampo e Agustín Fernández Paz. Os tres, premios nacionais; os tres, mestres da escola das pombas; os tres, amigos de corazón; os tres, trabes desas letras chairegas universalmente galegas.
Debemos a  Xurxo Lobato desta magnífica foto dos tres membros da que poderiamos chamar «Xeración Lamote», Paco Martín, Xabier P. DoCampo e Agustín Fernández Paz. Os tres, premios nacionais; os tres, mestres da escola das pombas; os tres, amigos de corazón; os tres, trabes desas letras chairegas universalmente galegas.Marcadores: Autores, Imaxes, Literatura infantil e xuvenil
 No artigo da semana fágome eco da noticia do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil concedido a Agustín Fernández Paz. Creo que, despois de tantos anos a carón de Agus, é comprensible a miña enorme alegría, que sei comparte moita xente. Beizóns para el.
No artigo da semana fágome eco da noticia do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil concedido a Agustín Fernández Paz. Creo que, despois de tantos anos a carón de Agus, é comprensible a miña enorme alegría, que sei comparte moita xente. Beizóns para el.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Premios
 Esta noite marcho a México, onde o xoves darei unha conferencia sobre «A edición contemporánea en Galicia», dentro da Semana Cultural de Galicia, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Esta semana, que se celebrará na sede da Universidade Nacional Autónoma de México, supón o inicio das actividades da Cátedra Bibiano Fernández Osorio-Tafall de Lingua, Literatura e Cultura Galegas na capital mexicana.
Esta noite marcho a México, onde o xoves darei unha conferencia sobre «A edición contemporánea en Galicia», dentro da Semana Cultural de Galicia, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Esta semana, que se celebrará na sede da Universidade Nacional Autónoma de México, supón o inicio das actividades da Cátedra Bibiano Fernández Osorio-Tafall de Lingua, Literatura e Cultura Galegas na capital mexicana.
    Abraiado quedei cando o pasado domingo vin nos xornais a nova do pasamento dunha persoa a quen sempre considerei amiga. Nin o Vicente Araguas nin o Xosé Ramón Fandiño –xentes que me consta que vivían os avatares de Ramiro Fonte– me fixeron sabedor da triste noticia. Sabía do mal. E preguntaba. ¡Como non! Non hai moito eu pasara por outra parecida e sei o que se sente. Por iso non hai que molestar de máis o persoal afectado. Segundas ou terceiras mans tamén valen para sabermos do que hai. As miñas últimas informacións, debían andar atrasadas, falaban dunha posible superación do problema e de aí a miña sorpresa dominical.
Coñecín a Elsa e a Ramiro en Compostela e por separado. Antes a ela, compañeira de aulas cando ambos andabamos a estudar a especialidade de galego-portugués. Cursos 1977-78 e 1978-79. Coincidimos tamén en Lisboa, no verán do 78, realizando un curso de portugués para estranxeiros con outros compañeiros de Santiago (Antón Fortes, Teresa Plasencia, Pepa González, Pilar García Negro e Lidia Fontoira). Debiamos ser ben avindos porque, e xa transcorreron trinta anos, sigo a lembrar esa estancia portuguesa con delectación. E non polo de que calquera tempo pasado foi mellor. Nin porque eramos novos, moito máis novos todos. Non. A Ramiro coñecino tomando cafés no Derby e no Azul -case sempre na compaña de Bernardino Graña, na altura catedrático no instituto de Padrón e residente en Santiago, con quen eu adoitaba comer- despois do correspondente xantar, nos días en que eu viaxaba a Santiago para asistir ás aulas, ben directamente desde Ferrol, onde daquela vivía, ben previo paso pola Coruña, onde traballaba. El andaba coa licenciatura de Filosofía, que acabaría dous ou tres anos despois, e sempre cun libro de literatura baixo o brazo. Estudaba filosofía pero vivía a literatura. Precisaba dela como de respirar, comer, durmir, tomar o cafeciño... Ou máis aínda. Éralle imprescindible. E dunha volta Ramiro gañou unhas oposicións de secundaria, que non foron de Filosofía, senón de Lingua e Literatura Galegas. E fóisenos para o sur, para Vigo. E alí, segundo me ten contado, de cando en vez tomaba un aquel con outros ferroláns alí instalados. Unha noite, días antes dunha oposición -dubido se foi a que gañou Ramiro- coincidimos en Santiago co Luís González Blasco, o mítico “Foz” (que tamén concursaba e el si que conseguira gañala), e con Anxo Quintela, o primeiro poeta en gañar o premio Esquío e hoxe xornalista de televisión. Ía unha calor do demo e, despois de meterlle uns refrescos no pub Tamboura, cando estaba en Xeneral Pardiñas, fomos departir na rúa, onde a Rosaleda. O Foz que, durante o seu exilio en Montpellier licenciara en lingüística, controlaba os temas de lingua que nin para que. E de literatura tamén sabía porque, entre outras cousas, en Madrid era do grupo Brais Pinto (Ferrín, Ramón Lorenzo, Bernardino Graña, Alexandre Cribeiro, Reimundo Patiño...), e iso era literatura viva e vivida. Á vista do que de lingua contaba o Foz, Ramiro era consciente das súas carencias na materia e confiaba en que o sorteo lle brindase temas de literatura nos que se poder lucir. Déronnos as tantas falando destas cuestións. Noite boa, naturalmente. Como boas eran as tarde-noites, sobre todo no tempo de nadal, cando tomabamos algo en Oslo ou faciamos algunha pequena cea, habitualmente, nun mesón da rúa do Sol do que non recordo o nome e creo que xa non existe. Algo disto falaba o outro día, no Obituario, Vicente Araguas. Algo se torceu e todo isto desapareceu. A Ramiro seguino vendo cando os cursos Gurméndez de Pontedeume e lembro outra marabillosa noite nunha terraza de diante do concello con el e con Elsa. Estaba do máis simpático. Estes recordos son os que motivan esta columna. O outro día no enterro non daba creto a moitas cousas que vían os meus ollos. Había xentes que mellor, moito mellor, farían ficando na casa. Veleidades. Onte mesmo, un amigo preguntábame se eu querería un enterro así. Contesteille, obviamente, que non, porque non querería que por alí pululase alguén que realmente non me quixese, cando menos un chisquiño.
(*) Xosé María Dobarro é catedrático da UDC. Artigo publicado nas páxinas de Diario de Ferrol.
Marcadores: Autores, In memoriam
Marcadores: Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Vídeos, Xerais
 No artigo da semana, escrito ás presas na Feira de Frankfurt, reflexiono sobre o proceso de apertura da nosa edición cara ao exterior.
No artigo da semana, escrito ás presas na Feira de Frankfurt, reflexiono sobre o proceso de apertura da nosa edición cara ao exterior.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Eventos, Promoción do libro
Marcadores: Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos
 Hoxe aparecen nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia senllos fermosísimos artigos de homenaxe de Ramón Pernas e Xosé Carlos Arias. Así mesmo son moi recomendables os textos publicados  o pasado luns por Carlos Luís Rodríguez, Francisco Castro e Mario Regueira.
Hoxe aparecen nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia senllos fermosísimos artigos de homenaxe de Ramón Pernas e Xosé Carlos Arias. Así mesmo son moi recomendables os textos publicados  o pasado luns por Carlos Luís Rodríguez, Francisco Castro e Mario Regueira.Marcadores: Autores, In memoriam

Marcadores: Bibliotecas, Efemérides, Recurso_didáctico
Marcadores: Autores, In memoriam
 No artigo da semana fago unha semblanza, inevitablemente apresurada, do traballo literario de Ramiro Fonte.
No artigo da semana fago unha semblanza, inevitablemente apresurada, do traballo literario de Ramiro Fonte.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, In memoriam
Marcadores: Autores, In memoriam, Vídeos
 Acabamos de coñecer que esta madrugada faleceu no hospital de Bellvitge de Barcelona  o eumés Ramiro Fonte. A noticia prodúcenos enorme desolación. Abandonounos un amigo de lealtade inquebrantable e un dos grandes, grandes, escritores galegos universais de todos os tempos. A cerimonia do seu pasamento celebrarase en Pontedeume. Con todos os nosos abrazos para Elsa.
Acabamos de coñecer que esta madrugada faleceu no hospital de Bellvitge de Barcelona  o eumés Ramiro Fonte. A noticia prodúcenos enorme desolación. Abandonounos un amigo de lealtade inquebrantable e un dos grandes, grandes, escritores galegos universais de todos os tempos. A cerimonia do seu pasamento celebrarase en Pontedeume. Con todos os nosos abrazos para Elsa.Marcadores: Autores, In memoriam
 Vía Microsiervos.
Vía Microsiervos.Marcadores: Economía
 O bretón Jean Marie Gustave Le Clézio é o Nobel de literatura 2008. Como case sempre a elección semella inesperada, a pesar de que neste caso era un dos candidatos que se manexaban nas quinielas. Ao coñecer a noticia axiña nos decatamos de que se trataba do membro da xeración do «nouveau roman» do que Xerais publicara en 1987, dentro da colección Xabarín (daquela dirixida por Ferrín e Luís Mariño), Mondo e outras historias. A tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva (ademais de premiada co Nacional e co Ramón Cabanillas) fora a primeira desta obra a outra lingua. O Nobel constitúe unha oportunidade para descubrir a un dos autores da literatura contemporánea francesa máis aclamados. Precisamente, a pasada semana, apareceu nas librarías francesas a súa última novela, Ritournelle de la faim, publicada por Gallimard (como a maioría dos seus case cincuenta libros), a historia dunha rapaza de vinte anos que se converte en heroína.
O bretón Jean Marie Gustave Le Clézio é o Nobel de literatura 2008. Como case sempre a elección semella inesperada, a pesar de que neste caso era un dos candidatos que se manexaban nas quinielas. Ao coñecer a noticia axiña nos decatamos de que se trataba do membro da xeración do «nouveau roman» do que Xerais publicara en 1987, dentro da colección Xabarín (daquela dirixida por Ferrín e Luís Mariño), Mondo e outras historias. A tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva (ademais de premiada co Nacional e co Ramón Cabanillas) fora a primeira desta obra a outra lingua. O Nobel constitúe unha oportunidade para descubrir a un dos autores da literatura contemporánea francesa máis aclamados. Precisamente, a pasada semana, apareceu nas librarías francesas a súa última novela, Ritournelle de la faim, publicada por Gallimard (como a maioría dos seus case cincuenta libros), a historia dunha rapaza de vinte anos que se converte en heroína.
     Deuse a coñecer, como é adoito con motivo da inauguración de Líber, o estudo do Comercio Interior do Libro preparado pola Federación de Gremios de Editores de España. Debullando a faramallada de datos de 2007 (pódese baixar en pdf), adianto algúns dos máis significativos referidos ao mercado interior do libro en galego (no que observamos algunhas importantes incoherencias, o que, adianto, pode facelos pouco fiables):
Deuse a coñecer, como é adoito con motivo da inauguración de Líber, o estudo do Comercio Interior do Libro preparado pola Federación de Gremios de Editores de España. Debullando a faramallada de datos de 2007 (pódese baixar en pdf), adianto algúns dos máis significativos referidos ao mercado interior do libro en galego (no que observamos algunhas importantes incoherencias, o que, adianto, pode facelos pouco fiables):Marcadores: Comercio do libro, Edición
Marcadores: Eventos, Literatura infantil e xuvenil
 Coñecín este fermoso traballo realizado polos clubs de lectura do Colexio Helios que traballa a edición en castelán d' O único que queda é o amor, o libro de relatos de Agustín Fernández Paz. Un traballo escolar coa rede detrás. Para tomar boa nota.
Coñecín este fermoso traballo realizado polos clubs de lectura do Colexio Helios que traballa a edición en castelán d' O único que queda é o amor, o libro de relatos de Agustín Fernández Paz. Un traballo escolar coa rede detrás. Para tomar boa nota.Marcadores: Blogs_e_libros, Promoción do libro
 A reportaxe de El País, a pesar de non achegar grandes novidades, constitúe un interesante repaso sobre o fenómeno xaponés dos keitai shousetsu e, en xeral, sobre a actual situación actual do libro electrónico en España.
A reportaxe de El País, a pesar de non achegar grandes novidades, constitúe un interesante repaso sobre o fenómeno xaponés dos keitai shousetsu e, en xeral, sobre a actual situación actual do libro electrónico en España.Marcadores: Libro, Tecnoloxías
 Recollo un moi clarificador parágrafo dunha anotación do noso amigo Leroy Gutiérrez. Os editores ben coñecemos as diferenzas entre «publicar» e «editar». Asumir que non son termos sinónimos evitaría tantas confusións e debates bizantinos aos que estamos tan afeitos.
Recollo un moi clarificador parágrafo dunha anotación do noso amigo Leroy Gutiérrez. Os editores ben coñecemos as diferenzas entre «publicar» e «editar». Asumir que non son termos sinónimos evitaría tantas confusións e debates bizantinos aos que estamos tan afeitos.PUBLICAR NON É EDITARLa diferencia entre publicar y editar ya era percibida en la antigüedad cuando se encargaba a estudiosos la revisión (edición) de papiros que el proceso de copiado (publicación) había contaminado con erratas. En cualquier caso, ya desde el siglo XX, la calidad de un texto se establece según el interés que alguien, distinto al autor y sus amigos, demuestra por la obra. Este alguien es un editor que llega para sustituir al librero-impresor de otros tiempos, erigiéndose como lector profesional que con cierto criterio reconoce la calidad de un texto. El prestigio del editor (el valor de su marca) se construye, entonces, sobre un pilar, su buen juicio. Esto lo lleva a comprometerse a publicar el texto de un autor si considera que éste es lo suficientemente bueno como para que el público esté dispuesto a pagar por leerlo. Pero su compromiso con la calidad del texto va más allá, el editor siente la obligación de involucrarse en la creación o mejora de éste. La edición involucra lecturas y relecturas del texto, discusiones con el autor, observaciones y sugerencias, correcciones, numerosas actividades que contribuyen a que el texto alcance su mejor nivel. Al final, de haber sido atinado su juicio y óptimo el trabajo de edición, el editor obtiene como recompensa el aumento de su prestigio y la recuperación del dinero invertido con cierta ganancia. El prestigio del editor con el tiempo se convierte en una garantía para los lectores quienes pueden estar seguros que un libro editado y publicado por este profesional es un producto que satisfará sus necesidades. En el caso de las empresas que se dedican a la publicación electrónica, que no editan los textos que publican, éstas basan su oferta y el valor de su marca en la percepción que tienen los autores y lectores de la labor de un editor. El problema está en que estas empresas obvian la parte fundamental de esta labor: la lectura crítica del texto. Tras lo ocurrido con BookSurge las demás empresas tendrán que cambiar su estrategia de comunicación y los autores tendrán que reconsiderar la importancia de la edición.
Marcadores: Edición
 No artigo da semana publico unha lembranza de Suso Jares. Ao longo da semana foron aparecendo diversos textos no seu recordo: os dous artigos de Marcos Valcárcel e a anotación e os comentarios no seu blog; a anotación do noso amigo Manuel Area Moreira (profesor de Tecnoloxía da educación da Universidade da Laguna); a de Klimta, a de Francisco Castro e os seus comentarios, o artigo de María Reimóndez an edición impresa d' A Nosa Terra e os comentarios que deixaron os profesores Gloria Ramírez, JM. Alonso Muñiz e José Tuvilla Rayo  no xerais blog... A todos eles o noso maior agradecemento polas súas palabras.
No artigo da semana publico unha lembranza de Suso Jares. Ao longo da semana foron aparecendo diversos textos no seu recordo: os dous artigos de Marcos Valcárcel e a anotación e os comentarios no seu blog; a anotación do noso amigo Manuel Area Moreira (profesor de Tecnoloxía da educación da Universidade da Laguna); a de Klimta, a de Francisco Castro e os seus comentarios, o artigo de María Reimóndez an edición impresa d' A Nosa Terra e os comentarios que deixaron os profesores Gloria Ramírez, JM. Alonso Muñiz e José Tuvilla Rayo  no xerais blog... A todos eles o noso maior agradecemento polas súas palabras.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Educación_para_a_Paz, In memoriam
Marcadores: Publicidade, Vídeos
 Os amigos de Ediciona acaban de traducir o Informe sobre o libro e os contidos dixitais, encargado polo Ministerio de Cultura francés. O documento propón respostas para as preguntas que adoito se realizan os membros da cadea de valor do libro (fundamentalmente autores e editores), ao tempo que examina ao ferta de contidos dixitais, con atención especial, a situación de Francia e Xapón. O texto é moi interesante, clarificador e de lectura recomendable. Pódese baixar dende aquí en pdf. Volveremos sobre os seus contidos. Grazas.
Os amigos de Ediciona acaban de traducir o Informe sobre o libro e os contidos dixitais, encargado polo Ministerio de Cultura francés. O documento propón respostas para as preguntas que adoito se realizan os membros da cadea de valor do libro (fundamentalmente autores e editores), ao tempo que examina ao ferta de contidos dixitais, con atención especial, a situación de Francia e Xapón. O texto é moi interesante, clarificador e de lectura recomendable. Pódese baixar dende aquí en pdf. Volveremos sobre os seus contidos. Grazas.Marcadores: Libro_electrónico
 Onte presentamos no Ateneo Valle-Inclán de Riveira Recordar doe, o libro de memorias de Herminio Barreiro. Unha moi agarimosa acollida. Grazas.
Onte presentamos no Ateneo Valle-Inclán de Riveira Recordar doe, o libro de memorias de Herminio Barreiro. Unha moi agarimosa acollida. Grazas.Marcadores: Presentacións, Xerais


Marcadores: Portadas_2008, Xerais
 A exposición «Galicia 25. Unha cultura pra un novo século», inaugurada este serán no Centro sociocultural de Caixanova, é toda unha mostra de orgullo polo propio. Presentada en tres espazos e vinte e cinco módulos temáticos, organizada polo Consello da Cultura Galega con motivo do seu vinte e cinco aniversario, deseñada por Imago Mundi e producida por Merlín Comunicación, esta exposición constitúe un escaparate inédito sobre o paso de xigante que deu a cultura galega nestes cinco lustros. Volveremos sobre os contidos desta proposta. Recoméndoa vivamente.
A exposición «Galicia 25. Unha cultura pra un novo século», inaugurada este serán no Centro sociocultural de Caixanova, é toda unha mostra de orgullo polo propio. Presentada en tres espazos e vinte e cinco módulos temáticos, organizada polo Consello da Cultura Galega con motivo do seu vinte e cinco aniversario, deseñada por Imago Mundi e producida por Merlín Comunicación, esta exposición constitúe un escaparate inédito sobre o paso de xigante que deu a cultura galega nestes cinco lustros. Volveremos sobre os contidos desta proposta. Recoméndoa vivamente.Marcadores: Cultura, Exposicións