31.8.08
Blog Day 2008
- Cadeirão Voltaire (non confundir co blog de Jaureguizar), interesante blog literario en portugués de Sara Figueiredo Costa, unha das autoras do tamén moi interesante O bicho dos livros.
- Ediciona (o blog dos profesionais do mundo editorial), blog en castelán, informadísimo sobre a actualidade do mundo da edición internacional, con atención especial ao debate sobre o libro dixital.
- Po dos livros, blog en portugués da libraría homónima de Lisboa, contén vídeos de fomento da lectura moi bos.
- La cárcel de papel (diario dun lector de tebeos), blog en castelán de Álvaro Pons, referente inescusable no mundo da banda deseñada.
- Blogtailors (o blogue da edição), blog en portugués dos autores de Extratexto, onde se pode atopar actualizadísima información sobre a edición internacional.
Marcadores: Blogs, Blogs_e_libros, Efemérides
Vigo: A Gran Vía (1942)
Nota: premendo sobre as fotos poden verse a un bo tamaño.
Marcadores: Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo
Campo do Fragoso LXIV
Tras as boas sensacións da pretempada tiñamos fundadas esperanzas en que este Celta refundado na concursal comezaría a liga de forma ilusionante e axiña nos faría esquecer dous anos de pesadelo. Porén, este Celta do trinque (no que só permanecen dous xogadores da tempada pasada no primeiro equipo titular, o capitán Rubén e o medio centro destrutor Rosada) amosouse aínda moi inmaduro e absolutamente incapaz de superar a un equipo tan ben estruturado como o Girona, o recén ascendido que noqueou na fase de ascenso ao Pontevedra e permaneceu invito na pasada tempada regular de 2º B. Foron os cataláns un óso demasiado duro de roer para un equipo aínda en construción, como é o de Pepe Murcia, máis obsesionado por manter o axuste do seu debuxo táctico e o control do xogo ca en procurar situacións de vantaxe e de perigo na área rival. Dende o inicio, os de Raúl Agné agardaron polos celestes diante da frontal da súa área onde, coa excepción dun par de internadas polas bandas dun magnífico e descarado Dani Abalo (o canteirán foi o mellor dos célticos) e dunha moi boa galopada de Óscar Díaz, finalizaban as lentísimas combinacións dirixidas dende o centro por Trashorras, o único mediocampista dos nosos con certa capacidade creativa. Unha e outra vez as tenues subidas celestes quedaban afogadas alí pola intensidade defensiva catalana que aproveitaba as súas recuperacións para despregar perigosos e veloces contraataques que supuxeron un par de clarísimas oportunidades malogradas in extremis por Notario, o novo gardarredes céltico. Tras a reanudación, apenas variou este panorama ata que no minuto dezaoito un erro fatal nun despexe dentro da área celeste de Óscar Díaz facilitou que o Girona marcase a pracer o seu gol. Entón, Pepe Murcia non soubo reaccionar; desconcertado agardou un cuarto de hora para introducir, entón á desesperada, toda a súa artillaría ofensiva, un feito que apenas intimidou a un Girona xa cada vez máis seguro e dominador do partido. Ademais do sabor agre desta primeira derrota e da preocupante incapacidade rematadora amosada por todos os novos atacantes celestes (tanto Ghilas, David como Dinei estiveron a un baixo nivel), o encontro deixou algunha escintilación de esperanza, sobre todo polo bo comportamento dos dous centrais galegos (Rubén e Noguerol estiveron impecables) e polo perigo creado por Dani Abalo na súa banda, ao que contribuíu o seu bo entendemento con Trashorras. Agardabamos moito máis. Un pobrísimo balance para un mal comezo do proxecto de Pepe Murcia.
A completísima reportaxe fotográfica do partido é de Javicelta. Obrigado.
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos
O tren entre a néboa
Todas las opciones técnicas se están contemplando, las entradas a las grandes ciudades exigen también un gran compromiso técnico, pero hoy la ingeniería resuelve casi todas las dificultades. El mensaje es que Galicia va a tener alta velocidad en toda su red de ciudades. Los ciudadanos pueden ver las obras, ver los túneles, el movimiento de tierras, en todos los tramos prácticamente se está produciendo. Nos queda y estamos en la fase de estudio de impacto ambiental para la conexión directa con Vigo, licitaremos todo lo que es la conexión con el centro en el 2009 y a partir de ahí vamos a todo ritmo posible y cuanto antes lleguemos, mejor será.
El problema es que los plazos son técnicos y los Gobiernos no debemos hacer una presión política a los técnicos en obras de gran complejidad. El tramo Ourense-Santiago tiene 30 viaductos y 35 túneles. Lo importante es que hay disponibilidad financiera y compromiso político. A partir de ahí tenemos que dejar un espacio a la ingeniería para que establezca sus plazos. No debemos presionarles, porque saben que tienen que hacer las cosas cuanto antes, pero bien.
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política
30.8.08
29.8.08
Steiner: superar a fase da indignación
Debemos recoñecer que a pesar dos esforzos realizados nos últimos anos (tanto polas asociacións de editores e escritores; como, moito máis recentemente, pola Consellaría de Cultura nas feiras internacionais do libro e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, na rede de centros de estudos galegos), carecemos dunha estratexia de país para dar a coñecer a nosa lingua e a nosa literatura no mundo. Artellala en man común (coas achegas e xenerosidade de todos) sería a mellor lección que podemos tirar desta "polémica Steiner".
Actualización (30-08-2008): Juan Cruz solicita en xornal.com unha rectificación ao PEN Clube e o levantador de minas publica unha moi interesante anotación sobre a polémica.
Actualización (31-08-2008): declaracións de Juan Cruz a Galicia hoxe: "Síntome ferido".
28.8.08
Os editores aprendemos de Internet
Comparto as cinco estratexias (quizais habería que matizar a redacción dalgunha delas, sobre todo a terceira), especialmente as dúas primeiras, referidas á importancia de transformar a lectura nun acto social (unha das teimas nas que vimos insistindo no blog) e a de utilizar as redes sociais dixitais para dar a coñecer as nosas novidades e o noso traballo. Con toda a humildade, engadiría unha sexta:1. Convertir la lectura en un acto social: aprovechar las herramientas que ofrece la Web 2.0 para conectar a las personas a través de lo que leen, haciendo que la lectura deje de ser un acto individual que nos aísla a los unos de los otros.
2. Sacar las giras promocionales de las librerías: utilizar los “social media” como canal para promocionar los libros y aprovechar su capacidad tanto de trascender las barreras geográficas como de establecer un contacto con los lectores en lugar de limitarse sólo a hacer giras y firmas de libros en librerías.
3. Crear estrellas en lugar de limitarse a explotar las que ya existen: el hecho de que un autor alcance un alto nivel de notoriedad contribuye a que sus libros se vendan más, por lo cual hay que pedirles a los autores que tengan un blog, que asistan a eventos y que participen en mesas de discusión.
4. Digitalizar todo el trabajo: el proceso de producción editorial es más ágil si todas sus fases se ponen en marcha echando mano de herramientas digitales.
5. Facilitar el comercio electrónico: permitirle al visitante de su página Web comprar los libros con un solo clic mediante aplicaciones que faciliten la transacción.
6. Incrementar a información editorial dixital: hai experiencias abondas que amosan a eficacia da textualidade electrónica (textos, vídeos, etc.) como soporte da nosa información editorial.
Marcadores: Editores, Internet, Promoción do libro
Ben, Touriño, ben
Marcadores: Política
26.8.08
Steiner e o galego
– Quizá. Pero, cambiando de tema, me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego.Para Steiner "O catalán é un idioma importante, cunha literatura impresionante", mais se pregunta de forma retórica: "o galego, por que ha ser obrigatorio na universidade". O famoso crítico literario (Premio Príncipe de Asturias) emprega sen arroibarse un falaz argumento de autoridade, outorgando as linguas un valor distinto en función do poder que atribúe a comunidade dos seus falantes. Para el, o catalán e a súa "literatura impresionante" poden empregarse na universidade, mais utilizar o galego entre os membros da comunidade científica (segundo as súas declaracións) "significa que vamos a seguir dividiéndonos en pequeños grupos regionales, y eso despierta el odio étnico, como el que existe en los Balcanes".
Máis alá de constituír unha solemne parvada, o comentario de Steiner é un síntoma do escaso coñecemento (e por riba prexuízado) que existe sobre a nosa lingua e a nosa cultura no mundo (mesmo entre as elites universitarias). O peor é que a parvada de Steiner é un tristísimo síntoma do que somos e supoñemos para estas elites académicas, o que (máis alá da nosa lexítima indignación) nos debería obrigar a reflexionar sobre a estratexia que estamos utilizando para darnos a coñecer e respectar no exterior. Ocórreseme que os responsables das tres universidades galegas lle fixeran chegar ao profesor Steiner unha completa bibliografía literaria galega ou mesmo que o seu colega da Universidade de Oxford, o profesor Rutherford, axudase de forma privada a tan fogoso intelectual a vencer a supina ignorancia que amosa sobre a lingua galega.
Aconsello a lectura de tres magníficos comentarios que lin hoxe sobre estas lamentables declaracións: o atinadísimo artigo de José Manuel Ponte e as oportuna anotación no blogs de Manuel Jabois e Ian.
Actualización (27-08-2008): Galicia hoxe e A opinión da Coruña dedican senllas reportaxes á polémica. As opinións das numerosas persoas que fomos consultadas son coincidentes: Steiner meteu a zoca ben metida.
25.8.08
Protexta de verán
24.8.08
A encrucillada do adianto
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política
6.8.08
"Unha lectora nada común"
5.8.08
4.8.08
"Canto máis crise hai, máis libros se venden"
Marcadores: Editores
Chega de saudade
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Música, Política
2.8.08
Feira do libro da Coruña, primeiras impresións
Á noitiña volvín pola autoestrada moi desacougado. Dóeme que coa excepción dos libreiros da nación (Pedreira, Xaime de Andel, Pepe de Couceiro e Gonzalo de Cartabón), o libro en galego está practicamente expulsado das casetas da feira. Nunca vira na Feira da Coruña, menos libro galego. Un serio motivo para a reflexión sobre o sentido e o futuro destes eventos, sobre os que xa temos reflexionado noutras ocasións. Que a megafonía da carpa non se escoitase máis alá das dúas primeiras filas ou que o programa de actos (moi xeitoso, entendo tamén eu) sexa case clandestino, xa non constitúe un motivo de sorpresa. Hoxe volveremos á Feira, a participar na presentación d' Os Grouchos e no recital narrativo e poético de Manuel Rivas. A pesar da melancolía, non desistimos.