31.7.07

O Valedor e o galego

Moi mal comeza o novo Valedor do Pobo coas súas primeiras declaracións que rezuman os máis tópicos prexuízos sobre a lingua. Fóra do seu pobre uso do galego, o máis significativo é como se despacha co idioma de todos: unha lingua perigosa para a Xustiza, unha lingua que pode crear animadversión nos alumnos de Secundaria, ademais de considerar a medida da utilización do galego como lingua vehicular nalgunhas materias como unha "posible imposición"...
A anotación de acontrafío de hoxe é moi oportuna, así como o aluvión de críticas que provocaron semellantes e tan desafortunadas declaracións. Este maxistrado posuía o perfil máis axeitado para defender os dereitos lingüísticos de todos os cidadáns, unha das súas principais obrigas? Non semella un golazo en propia meta do bipartito? Oxalá nos equivoquemos: este nomeamento, se non hai unha rectificación inmediata, pode traer moita cola.

Actualización (01-08-2007)
: Moi clarificador o artigo de Xosé González Martínez (Pepe de Redondela).
Etiquetas:

Marcadores: ,

30.7.07

O blog de Fidel Castro

Até hoxe non sabía da existencia deste espazo na edición electrónica de Granma, que constitúe o que poderíamos chamar o blog do comandante Fidel Castro (a entrada máis recente é do 27 de xullo). Falando de Fidel non está de máis anunciar que estamos preparando a tradución do seu libro de conversas con Ignacio Ramonet que pretendemos presentar no vindeiro mes de xaneiro na Habana coincidindo coa Feira do libro na que Galicia será o país convidado.
Etiquetas:

Marcadores:

Memoria de poeta

Moito teño lido e gozado nestes días coa lectura das case cincocentas páxinas de Memoria de poeta, o libro autobiográfico de Xosé María Álvarez Cáccamo. Quedei engaiolado con estas primeiras memorias de Pepe que, como xa fixera Antón Baamonde (ben é certo que con outro rexistro), quedan a medio camiño entre o percorrido autobiográfico e a proposta ensaística. O autor ofrece unha voz sólida, agarimeira e sensible, chea de matices e con escasa impostura, que permite ao lector realizar unha viaxe tanto polo periplo humano e literario do poeta, como da xínea e da xeración literaria ás que pertence. A relación co pai e co grupo familiar, a conformación das amizades e do grupo literario dos poetas dos oitenta, a reflexión poética, educativa, artística ou sociolingüística, a crónica recente da "vida que comeza" (fermosa metáfora do tempo presente), a enerxía do amor ou a conciencia patriótica son algúns dos temas abordados por Cáccamo cunha naturalidade e sinceridade sobrecolledora. Un libro que non dubido en recomendar moi vivamente.

Marcadores: ,

29.7.07

Entrevista a Guillermo Schavelzon

Recomendo a lectura desta entrevista de Martín Gómez a Guillermo Schavelzon, un dos máis importantes axentes literarios que traballan no noso mercado (representa, entre outros, a Paul Auster, Suso de Toro, Domingo Villar, Simone Ortega ou Alberto Manguel). Recollo algunha das súas afirmacións máis interesantes sobre o papel dos axentes literarios e sobre a internacionalización dos autores:
  • Un agente literario es un representante de escritores que tiene como misión conseguir el mayor número de lectores posible en todos los idiomas y en todo el mundo para los escritores que representa.
  • La tarea fundamental de un agente literario es internacionalizar a un autor. Desde el punto de vista creativo, literario y económico la internacionalización es lo que le permite a un autor profesionalizarse —es decir, vivir de lo que escribe—.
  • La internacionalización de los autores se les da mejor a la agencias que a la editorial. Hay excepciones pero no es lo habitual. Y nada peor para el futuro de un escritor que lo publiquen en otros países por ‘compromisos de empresa’. Cuando no hay un editor con entusiasmo, el fracaso es inevitable.
  • No podría decir cuáles son las características que debería tener un agente literario pero podría hablar de las mías y de las que yo considero importantes. Para citar a Gaston Gallimard, el famoso fundador de esa gran editorial, él decía que el editor de entonces —estamos hablando de los años treinta y cuarenta— era un hombre con la capacidad de tener un ojo puesto en la literatura y el otro en los negocios. Y yo creo que el agente literario siempre debería tener eso: un ojo puesto en ‘el negocio’ y el otro ojo puesto en la literatura. Con que un ojo falle, se pierde la noción de perspectiva. No podría decir cuál es más importante que el otro. Eso es justamente lo que yo trato de hacer desde mi agencia. Luego existen todas las variantes posibles que nos ofrece el mercado.
  • En mi caso hay una relación muy personal y comprometida, leo todo lo que escriben los escritores que representamos y, en general, hay una interlocución que se profundiza cada vez más. En la medida en que en el mundo editorial avanza el proceso de concentración en grandes grupos económicos, va disminuyendo el número de editores que hay en cada empresa. En este contexto los editores tienen una posibilidad menor de mantener una relación personalizada con los autores, están limitados por la dinámica propia de las grandes empresas y sufren una presión enorme por obtener éxitos de venta. No tienen un minuto libre, por lo cual por las noches y durante los fines de semana leen manuscritos.
  • Para mí la crítica y el reconocimiento literario son tan importantes como la venta. Considero una cosa tan importante como la otra: reconocimiento, crítica, venta, calidad literaria…

Marcadores: , ,

Festas fracas

No artigo da semana volvo sobre a miña teima coa calidade do programa das festas de Vigo. A pesar do concerto dos Arctic Monkeys (gustei moito desta actuación en Castrelos dos indies de Shiffield) e do ciclo de cine ao aire libre Realidade 07, a liña continuista e rutineira do programa é decepcionante. Non entendo, tampouco, a teimosía do novo goberno de coalición de chamalas "Festas do Cristo", un nome relixioso que non ten tradición ningunha en Vigo. Non perdo a esperanza de que poidan mudar de orientación o videiro ano.
Etiquetas: ,

Marcadores: , , , , ,

27.7.07

Novos abismos

Unha das responsabilidades principais dos editores literarios é contribuír á aparición de textos de novos autores e autoras. Este é o sentido da serie Abismos que vimos publicando dende hai varios anos, onde debutaron, entre outros, narradores como Xesús Fraga, Samuel Solleiro, Mario Regueira ou Begoña Paz. Nestes días estamos a piques de recibir no almacén dúas novas entregas de Abismos: a primeira novela de Antía Nara (1974) Aquel lugar e o libro de microrrelatos Vidas post-it cos que debuta Iolanda Zúñiga (1975).
En Aquel lugar, unha muller emprende unha viaxe a Lahore, Paquistán, unha cidade de encontro convertida agora nun lugar inseguro porque se pensa que alí se agachan destacados terroristas. En certa medida, Paquistán é un país á deriva, perdido na procura da súa identidade; un país de terras profundas onde a vida, para unha moza como Talat, non é doada. Pero, lonxe, en Galicia, hai outra terra profunda semellante á de al-Luaira. É o punto de procedencia dunha moza que decide a viaxe como un xeito de liberación, pero que atopa o mesmo. Nesta novela, o debut literario de Antía Nara, mestúrase a violencia xeral coa particular, a tradición coa modernidade, o profundo coa superficialidade, a simplificación coa complexidade de dous mundos deixados á marxe. Polo momento, a viaxe queda como a única saída.

Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son microrrelatos ou relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un recetario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados. Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráilers de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida.

Aquel lugar e Vidas post-it estarán nas librarías na primeira semana de setembro.

Etiquetas:

Marcadores: , , ,

25.7.07

Redeseños webs


La Voz de Galicia presenta hoxe un completo redeseño da súa edición electrónica, na liña das modificacións introducidas por outros diarios, ao tempo que ofrece a posibilidade de lela completa en galego grazas aos sistemas de tradución automática. Sorpréndeme o tamaño da tipografía (quizais un chisco grande de máis). Outro redeseño web deste Día da patria é o de Gznación, o diario electrónico nacionalista tamén moi mellorado no seu deseño e usabilidade. Dúas importantes novidades normalizadoras que merecen as nosas beizóns.

Marcadores: ,

24.7.07

A rectificación


A retificación desta semana mellora en sutileza e creatividade á portada secuestrada.

Marcadores:

Realidade 07

Grazas a Pawley temos en Vigo este ciclo magnífico de cine ao aire libre.
Etiquetas.

Marcadores: ,

De provincia a nación

Hoxe, coincidindo co Día da patria galega 2007, entrou no prelo De Provincia a nación. Historia do galeguismo político, a magna obra que durante unha década preparou Justo Beramendi. Este groso volume de 1248 páxinas, encadernado en cartone e en formato 17 x 24, é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII até a actualidade.
O tratamento do provincialismo, do rexurdimento e do rexionalismo do século XIX, e máis aínda do nacionalismo galego do século XX, faise cunha profundidade sen precedentes. Para a análise acaída das diferentes dimensións –a ideolóxica, a social, a organizativa, a electoral– e das súas interrelacións, o autor incorpora conceptos e modelos analíticos propios que implican unha notable innovación metodolóxica no eido do estudo do nacionalismo. As maiores novidades neste sentido son a reconstrución das estruturas das ideoloxías, a caracterización das bases sociais e a técnica aplicada para desvelar e cuantificar a fraude electoral na Segunda República. Ademais, en paralelo coa historia central, vai trazando a da cuestión nacional en España, o que permite ter en conta a incidencia de factores extragalegos e comparar o galeguismo político cos seus análogos doutros territorios do Estado español. Isto unido á consideración da natureza e dos problemas maiores da sociedade galega de cada época, dá as claves para unha explicación convincente das causas do nacemento, persistencia, posibilidades e limitacións do nacionalismo galego. Xa que logo, este libro é unha contribución decisiva para coñecer e entender, por que Galicia ten hoxe unha personalidade política irreversiblemente diferenciada. Estará nos andeis das librarías na primeira semana de setembro.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

22.7.07

O futuro do Auditorio

No artigo da semana reflexiono sobre o futuro do Auditorio de Casa Mar. Hai algunha razón tan difícil de entender para que se produzan adoito enormes desfases orzamentarios na realización destas grandes obras públicas? Non entro, tras a demolición do emblemático edificio portuario, a valorar nin a pertinencia do proxecto de Portela nin a discutir a súa ubicación nin o seu impacto sobre o skyline da nosa abella da ribeira.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

21.7.07

Libraría Couceiro

Unha feliz noticia é a reapertura, a partir do vindeiro luns, da Libraría Couceiro de Compostela nun edificio totalmente recuperado da praza de Cervantes. Continuar coa especialización no libro galego e portugués (hoxe máis de dezasete mil títulos no seu catálogo) e no libro antigo e de segunda oportunidade, apostar pola literatura infantil e xuvenil e polas guías, concibir a libraría como punto de encontro e promoción do libro e abrir un obradoiro de encadernación artística (concibindo o libro como o mellor agasallo) serán os sinais de identidade da Couceiro do século XXI. Longa e exitosa vida para esta benquerida libraría. Beizóns para Xesús, Pablo, María e o resto do seu equipo.

Marcadores: ,

20.7.07

Todos con "El Jueves"

A retirada da circulación de El Jueves desta semana ordenada polo xuíz Del Olmo paréceme un atentado á liberdade de expresión co que retrocedemos trinta anos. A portada non é un exercicio de sutileza, mais ese, con certeza, que non é a razón desta retirada. Cara ónde imos?

Marcadores:

Como se fai un libro?


Este vídeo brasileiro recolle unha vella idea, que nos puxemos en marcha en 1994 por medio dun diaporama, de presentar o proceso de creación editorial e fabricación dun libro. Útil a nivel didáctico, a pesar de que está algo retrasado a nivel tecnolóxico (aquí empregamos cada vez menos os fotolitos, substituídos hoxe polo proceso do "directo á prancha"). Recoméndoo, sobre todo, para as aulas.
Vía Alessandro Martins.
Etiquetas:

Marcadores: ,

19.7.07

Enderezo descoñecido

Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a tradución holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés de Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as vítimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán. En 2002 Xerais ofreceuna en edición galega, traducida por Emma Lázare Rodríguez, pasando inicialmente case desapercibida para a crítica galega (non estaba valorada daquela a tradución de obras contemporáneas?); porén, foi converténdose nun libro de culto, agotando devagariño unha edición de 1.500 exemplares. Hai un par de meses sacamos unha segunda edición e agora Mario Regueira faise eco desta reedición. O grupo vasco Tantakka Teatroa preparou unha montaxe en esucaro e castelán sobre o relato, que foi realizada tamén en catalán por Teatre Batrina de Reus e o Teatre Borrás de Barcelona
Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Books Review como “a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma”.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

18.7.07

Entrevista a Camilo Franco: o teatro galego esqueceu a taquilla

Interesante esta entrevista a Camilo Franco, pregoeiro da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Camilo atina de cheo cando fala do divorcio entre o teatro galego e o seu público, tanto por formar parte do "sistema cultural galego" (que padece a mesma doenza). Atina, outra volta, Camilo cando afirma que "o teatro galego esqueceu a súa relación coa taquilla". Unha reflexión que non debemos obviar os editores, xa que no eido literario, o papel dos lectores e lectoras é tamén central.
Etiquetas:

Marcadores: ,

O vindeiro Outono literario de Xerais

A punto de collermos as nosas tres semanas de vacacións, ultimamos estes días a primeira fornada de novidades do que será o noso outono literario. Aí vai un primeiro adianto dos seus títulos.
Etiquetas:

Marcadores: ,

Eva en coiros

Moi fermoso o relato de Rosa Aneiros, que forma parte desa vizosa devesa que Vieiros está ofrecendo este verán. Rosa está corrixindo as derradeiras probas do seu novo libro, Ao pé do abismo, que sacaremos en outubro e onde recolle boa parte da súa obra xornalística recente.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

A beta do novo ADN dixital

Xa o comentabamos hai duns días. O proxecto de diario dixital que promove Juan Varela vai contribuír a crear novos modelos de xornalismo na rede. A versión beta que se deu a coñecer onte en liñas xerais non decepciona. Gustáronme, sobre todo, a súa proposta de interactividade e a súa aposta polo código aberto; porén, boto en falta, unha aposta ou canto menos algún aceno por un plurilingüismo ibérico e cultural tan posible como politicamente necesario. Un medio a seguir con moita atención. Os nosos mellores desexos de éxito para Juan e o seu equipo.
Etiquetas:

Marcadores:

Libro electrónico

Esta interesante curta de anticipación, promovida polo grupo Editis, propón unha reflexión sobre o que poderá ser o futuro do libro: posible ou probable? Inevitable, diría eu. Recoméndoa.

Vía Txetxu.

Ver a curtametraxe (10 minutos).
Etiquetas:

Marcadores: , , ,

17.7.07

Entrevista a Torrente Ballester

15.7.07

Ardora

Dedico o artigo da semana a comentar as Ordenanzas de 1573 sobre a pesca da sardiña na ría de Vigo, texto que coñecín traducindo para o galego o primeiro capítulo d' A cidade e os días de Xosé María Álvarez Blázquez. É reveladora, e moi actual, a conciencia conservacionista que posuían os mariñeiros galegos de hai cinco séculos.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

14.7.07

A contrafío

Visitei ao longo de toda esta semana este novo blog de política nacionalista. Recoméndoo: anotacións moi ben escritas, rigorosamente documentadas e arriscando opinións nacionalistas fóra do marco do politicamente correcto (as anotacións sobre a saída da Volta a España e sobre a composición do goberno municipal de Vigo son dous bos exemplos). Saudable tamén é a volta a actividade, tras un pequeno descanso, dos blogs de Ian e do Funambulista coxo (magnífica a súa anotación sobre Terrorista de Updike e a pintura de Antonio López)
Etiquetas:

Marcadores:

13.7.07

O ADN de Juan Varela

Esta entrevista con Juan Varela, o noso benquerido mestre blogueiro e director do futuro xornal dixital Adn.es, apunta interesantes reflexións sobre o periodismo de hoxe que quere acometer a partir do mes de setembro. Velaí unha cantas.
  • Los medios informativos tenemos que hacer información: innovar en estilos, contenidos, ideas que tengan que ver con la información.
  • Los gratuitos nos han demostrado que se pueden crear nuevos públicos.
  • Buscamos un público de calidad en términos de mercado. Queremos que nuestros usuarios estén más tiempo con nosotros, haciendo más cosas con nosotros y cuyo perfil le apetezca más a los anunciantes. Las masas no son nuestro ámbito. A mi redacción le estoy diciendo que piense en personas, individuales, concretas y absolutamente diferentes entre sí para llegar también a comunidades con elementos en común muy fuertes.
  • Una de nuestras noticias utilizará formatos tradicionales, desde la pirámide invertida o las seis uve dobles hasta narrativas no lineales o activismo narrativo. Hay que avanzar en el hipertexto y en la multimedia de verdad, no en pegar en una noticia un vídeo concebido para la televisión.
Etiquetas:

Marcadores:

12.7.07

Prometeus, A revolución dos medios


Os blogs, google e, quizais, internet desaparecerána antes que os libros analóxicos? Cal é o ritmo da aceleración tecnolóxica? Eis un vídeo de especulación futurista que corre pola rede cunha visión tecnófila abondo determinista.
Vía Juan Freire.

Marcadores: ,

11.7.07

Móbiles, todo o que cómpre saber


Vía Valadés.

Marcadores: ,

Libro de texto

Agradécese moito esta reflexión de Txetxu sobre a cuestión do libro de texto. Estou convencido de que o novo sistema de prezo libre para o ensino obrigatorio implantado as presas, tras a recente aprobación da nova "Lei da lectura, libro e bibliotecas", moi pouco vai contribuír a revalorizar o libro de texto como ben cultural e educativo e a favorecer a competencia entre librarías e grandes superficies (temo que os libreiros volvan ser os grandes perdedores). Se a isto engadimos a confusión creada en Galicia polo funcionamento do modelo de gratuidade mediante préstamo (sendo rigorosos, incompatible con este sistema de prezos libres), temos asegurado un vindeiro mes de setembro caótico para as familias, libreiros, profesorado e os propios editores. Non debería alguén poñer un pouco de orde e sensatez no sector?
Tampouco lle falta razón a Barandiarán cando profundiza na reflexión sobre o futuro dos materiais curriculares non universitarios, que, queirámolo ou non, está vencellado ao desenvolvemento das competencias dixital e en comunicación lingüística (a famosa ALFIN ou alfabetización informacional ou literacidade electrónica, como queiramos chamala) dentro de todo o sistema educativo. Para iso falta mellor conectividade nos centros, máis e mellores materiais electrónicos e moita formación (de editores e do propio profesorado). Calquera alternativa de futuro sobre o libro de texto (máis alá das "crises dos modelos de gratuidade") debería pasar por abordar esta cuestión decisiva (unha auténtica reconversión do noso sector). Xa é tempo de que os editores comecemos a poñerlle nome aos verdadeiros retos cos que nos enfrontamos.
Etiquetas:

Marcadores:

10.7.07

Elixio Rodríguez, unha historia de vida


Indispensable para coñecer a figura de don Elixio é este seu testemuño publicado nas Historias de Vida de Cultura Galega TV.

Marcadores: ,

Morreu don Elixio Rodríguez

Esta mañá soubemos do falecemento en México D.F., aos noventa e sete anos, de don Elixio Rodríguez Domínguez. Foi este o primeiro verán no que don Elixio, acompañado sempre de dona María Gloria, non puido acudir a Bande, onde tivemos a enorme fortuna de coñecelo hai case vinte anos cando alí traballamos, a vila onde hai setenta e cinco fundou a agrupación das Mocidades Galeguistas e onde deixou tantos e tantos amigos.
Durante toda a súa vida, este "metiche" (como agarimosamente o chamaban os membros da comunidade galega emigrada en México), nunca desistiu da súa fe galeguista e republicana. Testemuño recollido en Matádeo mañá, un volume memorialístico que constitúe unha reconstrución emocionante do seu periplo vital, ao tempo que unha das pezas primeiras da nosa literatura da memoria histórica.
Viviu, contra o seu criterio, a Guerrra Civil nos dous bandos, no sublevado en intres dramáticos, case diante dun pelotón de fusilamento en Celanova, incorporándose como piloto de combate e, posteriormente, pasando ao bando legalmente constituído. Traballou como secretario de Castelao na Solidariedade Antifeixista Galega, para logo, en 1939, coller o camiño do desterro cara México no buque Ipanema. No seu país de acollida, don Elixio desenvolveu unha actividade empresarial como propietario dunha empresa de plásticos, o que non lle impediu realizar unha actividade política e cultural galeguista moi intensa, participando en múltiples iniciativas como no programa radiofónico "A Hora de Galicia" ou no Padroado de Cultura Galega de México participando no consello de redacción da revista Vieiros (1959), xunto a Luis Soto, xermolo da vangarda política, cultural e estética dun renovado nacionalismo galego.
Recordo a don Elixio sempre fumando, parándose para comentar devagariño un acontecido. Recordo a viaxe que fixermos a Ponte da Barca un sábado para tomar o bacallao e o estropicio que a nosa María (que entón non tiña dous anos) lle fixo ao seu coche. Recordo súas chamadas telefónicas para anunciarnos con voz entusiasmada a súa presenza en Galicia, durante os meses dun veráns que alongaba ate o San Martiño. Recordo a humilde homenaxe que lle rendemos no premio Xerais de 1993 en Pontevedra, antes da aparición de Matádeo mañá, cando case era un descoñecido no país que tanto amaba. Hoxe recordámolo con saudades e emoción agradecida. A nosa apreta solidaria para dona María Gloria e para Iago Xes, Paio Fiz, Alda Olaia, Elixio Gael e Denís, os seus catro fillos que manteñen acesa a causa de Galicia en México D.F.

Información na rede do falecemento: Caderno arraiano (imaxe do seu velorio enviada polos seus familiares), Vieiros, La Voz de Galicia, GZnación, Xornal.com.
Etiquetas:

Marcadores: ,

9.7.07

BNG

Este artigo de Antón Baamonde e estoutra anotación de Pablo Eifonso son dous textos moi clarificadores que axudan a comprender as razóns das formas de entender o exercicio do poder que parecen preferir algúns dirixentes do BNG.
Etiquetas:

Marcadores:

8.7.07

12 indicacións para favorecer o hábito lector

Vía Hora de ler, o blog da campaña Hora de ler da Asesoría de Bibliotecas Escolares, coñezo estas doce indicacións para promover o hábito lector de inequívoco sabor brasileiro (o blog de Alessandro Martins é outra descuberta que moito aconsello). Entre todas elas, escollo estas que fan referencia á lectura nos soportes electronicos (dunha anotación toda ela moi útil e suxestiva):
Etiquetas:

Marcadores: ,

Xosé María Álvarez Blázquez

No artigo da semana realizo unha primeira semblanza da figura de don Xosé María Álvarez Blázquez. É a miña intención publicar nas vindeiras semanas novos traballos no Faro sobre o "Xosé María, editor" e o "Xosé María, cronista oficial da cidade de Vigo". Comecei estes días a versión galega d' A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo, tarefa que asumín con enorme interese, que me permite aprender moito nese pozo de sabedoría histórica viguesa artellada polo meu admirado don Xosé María.
Aconsello a lectura da reportaxe fotobiográfica publicada hoxe no Estela de Faro de Vigo, preparada por Salvador Rodríguez.

Marcadores: , , , , ,

7.7.07

Cámara Café, Siglo de Oro


Sempre crin xenial este espazo. Vaia traballón dos guionistas!
Via: R.R.

Marcadores: ,

6.7.07

Xosé María Álvarez Blázquez: un activista cultural

En El Pais de Galicia aparece hoxe unha moi recomendable a entrevista a Pepe Álvarez Cáccamo na que fala do seu pai. Tamén é de interese estoutra aparecida onte no Faro.

Marcadores: , , ,

5.7.07

Ser urbanita e falar galego

Camilo Franco entrevista a Gabriel Rei-Doval con motivo da presentación hoxe en Compostela d' A lingua galega na cidade. Recollo para o arquivo esta afirmación de Gabriel:
Quizais agora haxa menos falantes, pero os que o fan son máis leais e máis competentes. Pero a outra cousa que cambiou radicalmente é a percepción que a xente ten do galego. Agora case todo o mundo é receptivo e positivo coa existencia do galego. Unha percepción que hai trinta anos non era así para nada nas cidades. É posible que a xente non queira falar en galego, pero está mesma xente é favorable ás políticas de normalización ou á presenza do galego na escola. Na historia social da lingua, este é un cambio moi importante.

Etiquetas:

Marcadores: , , , , , ,

4.7.07

Unha máis!

Cun pouco de retraso souben hoxe deste artigo tan alporizado.

Marcadores:

Libro branco sobre a edición

Vía Txetxu sei deste interesante informe sobre a edición publicado en Francia no pasado mes de abril. Para ler devagariño, inclúe a maior parte dos temas de maior actualidade no noso eido profesional. Unha boa peza para o arquivo.

Marcadores:

"Limpeza de sangue", tertulia en Moaña

R.R. dá conta no blog da súa experiencia na tertulia da Lonxa Literaria de Moaña. A crónica do autor de Limpeza de sangue (un texto dramático que non me canso en recomendar vivamente) sobre o acto non ten desperdicio ningún. Eis o protagonismo dos lectores e lectoras, velaí as posibilidades dos clubes de lectura, chamados a converterse na peza ancillar da revolución lectora que pretendemos. Lean a crónica de R.R. e quedarán tan abraiados e entusiasmados coma min:
Encontreime con catorce ou quince lectores de Limpeza de Sangue que, por catro horas e pico –a primeira vez que mirei o reló era a unha da mañá e comezáramos ás nove– fixéronme disfrutar dos comentarios, das críticas e das discusións arredor do texto e do teatro. Incluso, como non puiden ler o texto antes de ir, e ademáis andaba algo adurmiñado, redescubríndome cousas sobre el que xa esquecera. Estaban alí Sole, que foi o meu contacto, Alba, que fixo a miña presentación, Benxa e Asun da Librería O Pontillón, Paco e o seu fillo Marcos –ó que lembro como organizador de funcións de teatro na Escola de Forestais de Pontevedra–, outra Asun, unha mestra coa que coincidira en tempos nalgunha función do Café do Real e que non sei se é a mesma Asun, Lucía –á que animo a que siga facendo teatro– e varios rostros máis ós que non dou posto nome pero cos que compartín o pracer dunha conversa que me gustaría repetir cada semana. Un daqueles rostros ós que non lle teño asignado o nome pero que pronto cataloguei como mariñeiro do Morrazo –forte, con barba, moreno, pel curtida– fíxome a crítica máis fermosa que ata o de agora escoitei sobre Limpeza de Sangue: díxome que cando o empezou a ler pronto puxo cara a cada un dos personaxes e que se tivese que levala á escena el xa sabía qué viciño de Moaña faría cada un: Fernando, Pantaleón, Mucha... Estaba tamén Antón Lamapereira, un auténtico e apaixoado home de teatro ó que tiven a oportunidade de mostrarlle na dedicatoria do libro a miña admiración polo seu traballo. Quero desde aquí agradecerlles a todos –moi especialmente a Sole, coa que o pasei pipa discutindo de política cultural– [..... ] esta primeira presentación pública do libro. Por catro horas me sentín como aqueles negros enmascarados e volvín para casa con folgos para poñerme a escribir. Agora o que me falta é tempo. Pero xa chegará o ano en que poda mandar ós pequenos á escola (e ben que os hei botar de menos). ¡Adiante coa Lonxa Literaria de Moaña!

Marcadores: , , ,

"Case perfecto", a presentación da FNAC

Alfredo Ferreiro publica unha crónica moi atinada sobre a presentación de Case perfecto de Marina Mayoral, o primeiro acto que realizamos na FNAC coruñesa. Ana Abelenda fixo a presentación da novela e mantivo unha conversa completísima coa escritora mindoniense na que se foron debullando os temas e os enfoques deste trhiller psicolóxico sobre as lealtades no seo da familia. Interpelada pola xornalista da Voz, Marina confesou que escribía fundamentalmente por dúas razóns: para chegar á xente e para deixar tras dela unha pegada, recordando, entón, os versos cos que finaliza o soneto "Me destierro a la memoria" de Miguel Unamuno:
Aquí os dejo mi alma-libro,
hombre-mundo verdadero.
Cuando vibres todo entero,
soy yo, lector, que en ti vibro.
Etiquetas:

Marcadores: , , , ,

3.7.07

Gratuidade, mudanzas no modelo

O compromiso adquirido onte polo Presidente da Xunta coa directiva da AGE de estudar alternativas ao modelo de préstamo do libro de texto constitúe unha noticia moi esperanzadora.

Etiquetas:

Marcadores:

2.7.07

"A lingua galega na cidade"

Esta semana continuamos coas presentacións do libro do sociolingüista Gabriel Rei-Doval A lingua galega na cidade no século XX. Mergullados na falsa e interesada polémica sobre o decreto de uso do galego no ensino non universitario, a obra de Doval constitúe, como sinalou o tamén sociolingüista Fernando Ramallo, "un libro alerta fundamental para entender a situación social da lingua galega durante os últimos vinte e cinco anos". Ademais de proporcionar e sistematizar milleiros de datos e de realizar un estudo diacrónico da situación do galego nas sete primeiras cidades do país, o libro achega e arrisca reflexións sobre o futuro da lingua (en medios como a familia ou sobre as posibilidades da regaleguización), polo que a súa utilidade para o proceso de planificación lingúística nos medios urbanos resulta evidente.
Etiquetas:

Marcadores: , , , , ,

1.7.07

Entrevista a John Updike

Aínda que se obvia (como é costume) as edicións de Terrorista en galego e catalán, El Pais semanal publica esta longa e interesantísima entrevista a John Updike. Tamén é de salientar sobre a polémica novela esta información aparecida en El Periodico de Catalunya. A novela en galego xa está dispoñible nas librarías.
Etiquetas: John_Updike

Marcadores: , , , , ,

Coia, cifra de Vigo

No artigo da semana recollo unha síntese do pregón que pronunciei o venres á noite como inicio das festas de Coia 2007.
Etiquetas:

Marcadores: , , ,