Celta: Tempada 92-93
Marcadores: Celta de Vigo, Cine, Vídeos
Notas do traballo de edición
Marcadores: Celta de Vigo, Cine, Vídeos
Tras a arroutada da pasada semana, é moi recomendable a lectura da sereno resposta de Xurxo Borrazás. Así comeza: "Certo. Os escritores e escritoras nunca temos a razón. Falo por min, que ninguén se ofenda. Somos egoistas, resentidos, perrenchudos, vaidosos e desagradecidos coa man que nos dá de comer. É por iso, intúo, que os lectores veñen a nós."Marcadores: Artigos_Luzes, Narrativa, Polémicas
Hoxe en Santiago e mañá en Vigo presentaremos Cardume, a novela de Rexina Vega gañadora do Premio Xerais 2007. O acto de mañá no Marco, será tamén unha homenaxe á figura de Urbano R. Moledo, o escritor galego fusilado, xunto a outras doce persoas, no monte do Castro o 1o de decembro de 1936, a quen lle foi incautada polos militares unha peza dramática, A volta da perdida, agora editada por Ediciós do Castro (dentro da Biblioteca do 36) e prologada pola propia Rexina. Neste acto cívico, organizado por Xerais, Ediciós do Castro e pola Asociación Viguesa pola Memoria do 36, intervirán Manuel Forcadela, Xavier Moreda e Rexina Vega, ademais de contar coa lectura dun texto preparado polo profesor Xesús Alonso Montero e coa actuación da cantante Rosaida.Marcadores: Narrativa, Novidades, Premios, Presentacións, Xerais
Onte participei no xurado do IXº premio Libraría Cultural, organizado por CEGAL. A experiencia foi moi bonita. Entre novas propostas, todas elas moi interesantes, e despois de estudar as sús correspondentes memorias, escollemos (case por unanimidade) o proxecto presentado por "La Mar de Letras", unha libraría especializada en promoción da lectura e fondo infantil e xuvenil, situada no centro de Madrid. Consultando no web que manteñen (hai moita información) pode coñecerse algunhas das iniciativas que relizan. Especialmente interesante é o premio "Microcrítico", destinado a promoción da crítica literaria realizada por nenos e nenas. Recomendo emular esta iniciativa.Marcadores: Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Premios
A exportación de textos literarios (especialmente narrativos) é unha das maiores preocupacións actuais do debate cultural galego. Para animar un debate máis sereno e construtivo ofrezo as seguintes reflexións e propostas:Marcadores: Cultura, Narrativa, Polémicas, Traducións
Mañá, despois de viaxar pola mañá a Madrid, volverei por Coruña para acompañar a Óscar Sánchez na presentación do novo libro de Agustín. O acto desenvolverase baixo a fórmula da entrevista ao autor e promete ser moi interesante. A compañía é inmellorable e o libro de enorme interese.Marcadores: Autores, Narrativa, Presentacións
Tanto se ten falado das dimensións do mercado literario galego que propoño reparar nos datos proporcionados polo último estudo do Comercio interior do libro 2006 para desfacer algúns tópicos que andan enredando. Axiña comprobaremos que estamos diante de cifras modestas, aínda que nunca desprezables. Vexamos.Marcadores: Comercio do libro, Edición, Narrativa
IN EXTREMISMarcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
En Galicia padecemos un problema de lectura e dos hábitos de compra de libros. Así o demostra os datos proporcionados polo Anuario de Estatísicas Culturais do Ministerio de Cultura. Entre unha faramallada de datos interesantes, escollemos este que nos parece significativo do noso estado carencial: en 2005 os galegos gastamos 61,30 € por habitante na adquisición de libros e publicacións periódicas, aínda lonxe da media estatal de 70, 30 € (é dicir 10 menos, ou 27 millóns de euros menos do que nos correspondería, cifra case idéntica a que nos gastamos en libros en lingua galega).Marcadores: Comercio do libro, Lectura
Marcadores: Book_trailer, Promoción do libro, Publicidade
Ferrín publicou onte na súa sección "No fondo dos espellos" do suplemento "El Sábado" de Faro de Vigo (unha alfaia semanal, que aconsello non perder) a segunda entrega biográfica sobre Rosalía de Castro.A NOVELA FAMILIAR DE ROSALÍA DE CASTRO
X.L. Méndez Ferrín
Desde mediados do século XX, as circunstancias do nacemento e infancia de Rosalía de Castro sempre foron relatadas dun xeito fixo e comunmente aceptado. Vexamos. “Teresa de Castro Abadía, solteira, 29 anos. Pariu nunha casa emprestada do Camiño Novo, Compostela, unha nena o 24 de febreiro de 1837. Xosé Varela de Montes asistiu a Teresa neste parto. O mesmo médico e filósofo social embrulla a meniña e lévaa no colo do Camiño Novo ao Hospital (hoxe Hostal dos RRCC) no que había tamén inclusa. Batizan alí a naipela como María Rita Rosalía, filla de pais incógnitos. É madriña María Francisca Martínez, irmá ou enviada do pai da neófita. Por orde do pai, a María Francisca marcha coa meniña para a aldea de Ortoño, na cal a aleitoará a muller dun xastre para logo a familia paterna se facer cargo dela. Neste Ortoño Rosalía medrará e se fará aldeá galega. O pai era Xosé Martínez Viojo, crego de baixo rango adscrito á colexiata de Santa María de Iria ou da Adina. Mantivera relacións con Teresa pro coa eximente de facer tal (con 39 anos) antes de cantar misa. Finalmente, e non se sabe cando, Teresa, arrepentida, acepta a filla e dálle o seu apelido. Nai e filla aparecen xuntas en Compostela no ano 1853, tendo Rosalía 16 anos”.
Así é como, por aproximadamente, R. Carballo Calero nos conta as orixes de Rosalía de Castro.
Pro, examinada a historia cunha ollada crítica, vemos que non existen probas de que o doutor Varela de Montes intervise no nacemento da meniña para nada. Que o crego que a batizou se apelidase Varela Montero poidera estar na orixe do conto. Non hai fonte ningunha seria que diga que Xosé Martínez Viojo fose o pai de Rosalía, e menos que tivese a simple condición de seminarista no intre de a enxendrar. Se é verdadeiro o principio “pater semper incertus est”, como moi a propósito relembra Freud, neste caso resulta especialmente xusto. María Francisca Martínez nin era irmá do crego Martínez nin enviada deste, senón a criada da certissima nai. Despois desta morrer, María Francisca seguiu até o fin dos seus días con Rosalía e con Murguía e debeu de ser unha especie de segunda nai para a nosa autora. Non é certo que Teresa se desentendese inicialmente da súa filla, pois tomou disposicións para que ela fose rexistrada e confiada a unha descoñecida (para nós) ama de cría, que ben poido ser de Ortoño, que non é lonxe da aldea nativa de María Francisca (Campo). Sábese, seguro, por Álvarez Ruiz de Ojeda, que Rosalía vivía feliz coa súa nai e con María Francisca en Padrón no ano 1842. Ou sexa, desde os cinco aniños e non hai ningunha sospeita razoábel de que non estivesen xuntas desde o final da lactancia e de que, durante ela, a nai non tivese contacto coa filla.
Por que tánta mixtificación e tan infundados relatos cobran na bibliografía máis respectada a apariencia de verdades? A resposta está en que Lois Tobío Fernández, home serio, lles transmitiu todos os elementos infundados da estoria aos seus amigos e irmáns Fermín Bouza-Brey, X. Filgueira Valverde e outros, sábese que no ano 1923. Como máxima autoridade, Tobío invocaba o relato da súa tía avoa Minia Martínez Tobío, da familia do Martínez Viojo. Todo parece indicar que, baseándose nalgunha circunstancia que ignoro, quizais a de ter sido algunha muller da familia a verdadeira ama de cría en Ortoño de Rosalía, alguén dos Martínez de que falamos fabulou o conto da paternidade do crego da casa e da maldade da señorita De Castro que quixera desfacerse da filliña. Trátase, aparentemente, dunha fantasía de grandeza moi semellante á do “antepasado fidalgo ou ilustre”, tán común, que podería ser analizada, coma outras do mesmo xénero, mediante unha socialización da Familieroman der Neurotiker ou novela de familia do individuo neurótico de que tratou Freud en 1908.
Lois Tobío sucumbiu seguramente á fascinación da novela e convenceu da súa veracidade baixo palabra de honor, á xeración intelectual de 1925, que peregrinou precisamente a Ortoño e non a Padrón, poñamos por caso, para o acto fundacional do Seminario de Estudos Galegos facendo tal en memoria de Rosalía de Castro. Outra explicacicón non me dá vido ás mentes.
A vida de Rosalía de Castro, da que se ocuparon autores contemporáneos dela e nosos, alén de amosar pavorosos buracos de descoñecemento, áchase embazada, como quixemos advertir, pola mitificación e polas fantasías escritas e de transmisión oral. Nos nosos días, as brillantes investigacións de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda supoñen avances substanciais a respecto dos datos, e dos ensoños, aportados por anteriores eruditos que se ocuparon da vida da nosa autora máxima. Estamos á espera de que alguén con talento nos regale con esa biografía de Rosalía de Castro que o século XXI está a requerir.
Marcadores: Autores, Recurso_didáctico
Faro de Vigo acaba de montar a súa galería fotográfica da historia do Celta de Vigo. Das vinte fotos publicadas (haberá que aumentalas), escollo esta dun dos meus Celtas preferidos, o do ano setenta (tiña eu once anos). De pé: Gost, Pedrito, Rivas, Rivera, Manolo, Hidalgo; axeonllados: Lezcano, Juan, Rodilla, Almagro e Suco.Marcadores: Celta de Vigo, Fútbol, Imaxes
Marcadores: Historia, Recurso_didáctico, Vigo
No artigo da semana volvo sobre a proposta de consumir viño etiquetado en galego, aproveitando, tamén, para falar da renovación do sector vitivinícola galego producida nas dúas últimas décadas (un modelo, por certo, do que se poden tirar algunhas experiencias na promoción exterior do libro galego).Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Gastronomía, Lingua, Publicidade
A entrevista a Camilo Nogueira publicada en El País Galicia é unha análise moi lúcida sobre a posición que adopta o BNG no seo dos gobernos de coalición nos que participa. É moi oportuno o seu chamamento a que o BNG abandone as posicións melifluas de centro (que tanto confunden ao seu electorado e, dificilmente, moi poucos votos poden engadir), así como a necesidade de corresponsabilizarse das políticas das áreas do seu socio de goberno, tan decisivas para o proceso de construción nacional como a educación, a lingua, o medio ambiente ou a ordenación do territorio. Un chamamento sensato e leal, realizado dende a experiencia e do profundo coñecemento político de Camilo, no que deberían reparar os actuais dirixentes do Bloque para reorientar as súas políticas tanto no seo do Goberno galego como nos diferentes gobernos municipais de coalición.Marcadores: Autores, Ensaio, Entrevistas
O famoso último discurso de Manuel Azaña, o das tres pes ("Paz, Piedad, Perdón), pronunciado o 18 de xullo de 1938 no concello de Barcelona, pode escoitarse completo aquí (setenta e catro minutos en sete arquivos). Un documento histórico para arquivar. Moi recomendable a súa utilización didáctica.Marcadores: Audios, Historia, Recurso_didáctico
Onte pasamos unha tarde magnífica en Lugo con motivo da presentación do libro de Miranda. Marcos realiza unha hoxe unha completísima crónica, tanto do desenvolvemento acto (onde realizou unha intervención moi atinada) como da paseata á noitiña que fixemos pola Muralla, dirixidos polos comentarios de Pepe, Xoán Cuba, Isidro Novo e outros amigos e amigas entrañables. Na viaxe de volta, despois de que fomos parados en Guntín pola Garda Civil ("las pegatinas son para poner"), falamos devagariño de tantas cousas que nos unen dende hai tres décadas e dos proxectos que temos en marcha. Marcos Valcárcel ven desempeñando un labor hercúleo de divulgación e promoción galeguista (agora, tamén dende o seu blog extraordinario) que merece a nosa maior admiración e recoñecemento. Un tipo dunha peza, formidable! Beizóns para el."Eu son un escritor que quere escribir como se escribiu ben sempre, como quen come pan. Pretendo que olector non vexa os artificios do meu traballo, que a historia teña impulso narrativo. O narrador ten que narrar, é un contador de historias".Actualización (25-11--2007): jaureguizar completa a crónica da tarde adiantando as vindeiras novidades que publicará Miranda en Xerais: a reedición da novela Vestio (en Fóra de Xogo) e unha guía de Galicia (máis de cinco centas páxinas) en dobre edición, galega e castelán.
Diante da pregunta de Maros sobre o futuro do conto tradicional, Pepe non dubidou: "O conto tradicional galego desaparecerá por que o mundo tradicional onde naceu xa desapareceu. Mais seguirá o conto, xa que a xente precisará seguirse contando historias, baixo novas fórmulas. Velaí o pulo das actuais lendas urbanas".
Por último, Miranda abordou a cuestión dos medos presentes no libro: "Algúns son medos tradicionais e outros modernos (como o medo á informática ou aos cambios biolóxicos). En xeral eu abordo dous temas: o primeiro, a alienación, a perda da identidade; o segundo, a desilusión, a perda da utopía, da infancia, a perda da marabilla. O medo, sexa literario ou cinematográfico, ten uha función terapúetica, xa que nos prepara para afrontar outros medos que podemos atopar ao longo da vida".
Marcadores: Autores, Beizóns, Blogs, Cidades, Narrativa, Presentacións
Marcadores: Artigos_Luzes, Narrativa, Polémicas
Mañá acompañaremos a Marcos Valcárcel e Xosé Miranda na presentación en Lugo d' As mans do medo. Tres blogueiros na mesa para falar do que entendo como un dos cumes da nosa literatura de terror. precisamente, Miranda remata estes meses a edición da súa completísima guía de Galicia, que pretendemos ter editada (con fotos, na súa maior parte, de Xurxo Lobato) na primavera. Falaremos devagariño desta obra importante para o coñecemento do país, tanto por parte dos galegos como daqueloutros que nos visitan (faremos edición simultánea galega e castelán).Marcadores: Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais
Marcadores: Autores, Cine, Narrativa, Traducións, Vídeos
Hoxe saíu a primeira crítica do libro recente de Agustín (grazas, Tati). Aquí pode baixarse o pdf do adianto de "Amor de gosto", un dos dez contos do volume. A primeira presentación realizarase o mércores 28 de novembro, ás 20:30 na Biblioteca González Garcés da Coruña.Marcadores: Autores, Críticas, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais
Apoio a campaña promovida pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingúística para promover a etiquetaxe dos nosos viños en galego.DECLARACIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA POLA ETIQUETAXE DOS VIÑOS EN GALEGOSe o dinamismo económico e a competitividade dun país son o froito de combinarmos un certo recoñecemento histórico coa capacidade de ofrecer produtos de calidade cunha imaxe atraente, un dos ingredientes esenciais desa combinación deberá ser o respecto e a identificación dos produtos coa cultura da terra e da sociedade nas que se crean. No noso país, iso esixe a incorporación da lingua galega á presentación e divulgación das mercadorías.
Podemos predicar iso de calquera actividade económica e comercial pero é especialmente certo no tocante ó sector agroalimentario pola longa tradición que se agocha trala elaboración, o dinamismo, e o relevo dos seus produtos cun consumo case universal.
O uso da lingua galega na etiquetaxe reforza a vinculación do produto coa sociedade, a cultura e a terra nas que xorde, e esa vinculación das mercadorías galegas con Galicia é un dato avaliado favorablemente, non soamente polos consumidores galegos, senón tamén fóra do noso país.
No sector agroalimentario o viño xoga, desde sempre, un papel relevante polo seu prestixio na sociedade e as súas fortes connotacións culturais.
Iso explica que, como cidadáns de Galicia e consumidores, manifestemos a nosa solidariedade e apoio á campaña en favor do etiquetado dos viños en lingua galega que promove a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Animamos aos viticultores, adegueiros e cooperativas a que etiqueten en galego ás súas botellas; ás institucións públicas, os establecementos de distribución e de restauración a que promovan o consumo dos nosos viños de calidade etiquetados na nosa lingua; ós cidadáns, a que apoien activamente a campaña co seu consumo; e ás autoridades autonómicas a que continúen no futuro ese labor de defensa e divulgación da nosa cultura con iniciativas semellantes noutros sectores alimentarios.
É por iso que en Galicia hai cada vez máis denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de produtos alimentarios que constitúen un recurso decisivo para o desenvolvemento económico e social do medio rural de cada un dos territorios nos que se elaboran.
Por todo isto, os representantes das institución públicas e personalidades asinantes sumámonos á campaña de normalización lingüística "Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego", comprometéndonos a que nos actos protocolarios, caso de servírense viños, teñan preferenza os etiquetados en lingua galega.
Marcadores: Gastronomía, Lingua, Publicidade
Este si que pode ser unha das modalidades do libro electrónico do futuro. Da factoría Amazon. Recomendo a lectura do comentario de Enrique Dans sobre esta nova intentona de libro electrónico:"El anuncio me ha parecido bastante impactante: no se trata de un dispositivo para navegar, ni tiene WiFi, pero puedes navegar por un montón de blogs, periódicos y contenidos –incluido acceso gratuito a la Wikipedia- sin preocuparte de la conexión, que es vía EVDO a través de Amazon Whispernet, rápida (un libro se baja en un par de minutos) e incluida directamente en el precio de los contenidos que compras. Pesa menos de trescientos gramos, acepta tarjetas SD Card para que puedas llevar tus propios contenidos, te puedes enviar por e-mail documentos en .JPG, .GIF, .BMP, .PNG para verlos en el dispositivo, y la batería dura un par de días con la conectividad abierta, y más de una semana con ella apagada, pero se recarga completamente en dos horas. El Kindle sólo está disponible por el momento en los Estados Unidos (la red Amazon Whispernet está construida sobre Sprint, un carrier norteamericano), y por el momento no he visto fecha para su salida internacional."Non menos interesante é estoutro comentario de Comunicación Cultural: somos conscientes editores e libreiros das mudanzas que este novo aparello pode provocar?
Marcadores: Lectura, Libro, Tecnoloxías
Inaugurouse hoxe no Museo de Castrelos a exposición de homenaxe ao editor Xohán Ledo. A magnífica exposición, preparada por Galaxia e a Consellaría de Culura, acompáñase cun ciclo de mesas redondas nas que se pretende facer unha completa revisión sobre a historia, estado actual e futuro do libro galego. Beizóns para os organizadores por tan interesante iniciativa.
Tras a celebración do IV Simposio “O Libro e a lectura”, que amosou a madurez da AGE para consolidar esta cita anual de reflexión profesional, propoño algunhas reflexións persoais sobre o tema debatido: “Libro e mercado”.Marcadores: Bibliotecas, Comercio do libro, Edición, Editores, Eventos, Lectura, Librarías, Promoción do libro
"Vamos a ver las incoherencias del sistema legal español y cómo éste protege más a los poderosos (las discográficas, las productoras de cine, la SGAE, etc.)
¿De las opciones a y b de cada pregunta cual es más grave?
1. PREGUNTA
a) Luis se descarga una canción de Internet.
b) Luis decide que prefiere el disco original y va a El Corte Inglés a hurtarlo. Una vez allí, y para no dar dos viajes, opta por llevarse toda una discografía. La suma de lo hurtado no supera los 400 euros.
RESPUESTA: La descarga de la canción sería un delito con pena de 6 meses a dos años. El hurto de la discografía en El Corte Inglés ni siquiera sería un delito, sino una simple falta (art. 623.1 del Código Penal).
2. PREGUNTA:
a) Luis se descarga una canción de Internet.
b) Luis va a hurtar a El Corte Inglés y, como se la va la mano, se lleva cincuenta compactos, por valor global de 1.000 euros.
RESPUESTA: Seguiría siendo más grave la descarga de Internet. El hurto sería un delito, porque supera los 400 euros, pero sería de menor pena que la descarga (art. 234 del Código Penal).
3. PREGUNTA:
a) Sergio, en el pleno uso de sus facultades mentales, se descarga una canción de Malena Gracia.
b) Sergio, en un descuido de Malena Gracia, se lleva su coche y lo devuelve 40 horas después.
RESPUESTA: Sería mas grave la descarga. El hurto de uso de vehículo tiene menos pena, a tenor del articulo 244.1 del Código Penal.
4. PREGUNTA:
a) Ocho personas se intercambian copias de su música favorita.
b) Ocho personas participan en una riña tumultuosa utilizando medios o instrumentos que pueden poner en peligro sus vidas o su integridad física.
RESPUESTA: Es menos grave participar en una pelea que participar en el intercambio de compactos. Participar en una riña tumultuosa tiene una pena de tres meses a un año (art. 154 del Código Penal) y el intercambio tendría una pena de 6 meses a 2 años (art. 270 del Código Penal). Si algún día te ves obligado a elegir entre participar en un intercambio de copias de CDs o participar en una pelea masiva, escoge siempre la segunda opción, que es obviamente menos reprobable.
5. PREGUNTA:
a) Juan copia la última película de su director favorito de un DVD que le presta su secretaria Susana.
b) Juan, aprovechando su superioridad jerárquica en el trabajo, acosa sexualmente a su secretaria Susana.
RESPUESTA: El acoso sexual tendría menos pena según el articulo 184.2 del Código Penal.
6. PREGUNTA:
a) Pedro y Susana van a un colegio y distribuyen entre los alumnos de preescolar copias de películas educativas de dibujos animados protegidas por copyright y sin autorización de los autores.
b) Pedro y Susana van a un colegio y distribuyen entre los alumnos de preescolar películas pornográficas protagonizadas y creadas por la pareja.
RESPUESTA: La acción menos grave es la de distribuir material pornográfico a menores según el articulo 186 del Código Penal. La distribución de copias de material con copyright sería un delito al existir un lucro consistente en el ahorro conseguido por eludir el pago de los originales cuyas copias han sido objeto de distribución.
7. PREGUNTA:
a) Ramón, que es un bromista, le copia a su amigo el último disco de Andy y Lucas, diciéndole que es el 'Kill'em All' de Metallica.
b) Ramón, que es un bromista, deja una jeringuilla infectada de SIDA en un parque público.
RESPUESTA: La segunda broma sería menos grave, a tenor del articulo 630 del Código Penal
8. PREGUNTA:
a) Juan fotocopia una página de un libro.
b) Juan le da un par de puñetazos a su amigo por recomendarle ir a ver la película Los Ángeles de Charlie.
RESPUESTA: La acción más grave desde un punto de vista penal sería la primera, puesto que la reproducción, incluso parcial, sería un delito con pena de 6 meses a dos años de prisión y multa de 12 a 24 meses. Los puñetazos, si no precisaron una asistencia médica o quirúrgica, serían tan solo una falta en virtud de lo dispuesto en el artículo 617 en relación con el 147 del Código Penal.
Ala chavalotes, ya sabéis: pegad, violad, acosad, robad, pero no uséis el emule.
¡A esto hay que darle la mayor vuelta posible por toda la red a ver si alguien con criterio pone algún remedio !!!"
No artigo de semana fago unha breve semblanza do traballo de Quesada en Faro de Vigo con motivo da presentación da súa antoloxía, o xoves 22 de novembro en Vigo.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Humor, Ilustración, Presentacións, Xerais
Vicente Verdú publica en Babelia un moi interesante artigo sobre o futuro da novela no século XXI. Baixo a fórmula do decálogo (esas listas tan empregadas na rede) Verdú actualiza as regras que no entorno da nova literacidade debe preservar a narración literaria.Marcadores: Narrativa, Recurso_didáctico
O artigo "Pómulos famosos: pé de foto", que hoxe publicou Méndez Ferrín, na súa sección "No fondo dos espellos" do suplemento El Sábado de Farode Vigo, sobre a famosa fotografía da familia Castro-Murguía de 1884 pasará á historia da nosa literatura. Unha alfaia do xornalismo literario memorable. Transcríboo (non se pode consultar directamente, aínda que si baixar o PDF do suplemento completo) e recomendo vivísamente tanto a súa lectura devagariño como a súa utilización didáctica.PÓMULOS FAMOSOS: PÉ DE FOTO
X.L. Méndez Ferrín
Estes que ven eiquí na fotografía, que xa non daguerrotipo, de 1884 son Rosalía (que coa Rosa se Alía) e a súa familia retratados por alguén cuxo nome eu ignoro, seguramente na horta da Matanza (Padrón, onda o tren). A partir de agora, xurdindo do Fondo dos Espellos, Rosalía será só Ela.
De pé é Murguía, cun case sorriso loiro (Manuel Antonio, moitos anos despois). A man do papá é agarimosamente apreixada polo fillo Ovidio, que cos anos sería pintor de talento morto antes da plenitude. Ovidio é agora un rapazolo guapo cuxa actitude é imaxe viva de que o complexo de Edipo non existe. Enigmática, coa mesma boca de Ela, figura tamén en pé Alexandra, a maior da prole de Rosalía e Don Manuel.
Sentadas están as fillas como envergoñadas polo retratista. Todas levan nomes nada católicos e moi literarios. A primeira pola esquerda é Gala, como a rusa que foi amada de Paul Éluard e de Dalí, digamos. Eu falei con Gala Martínez (Murguía) de Castro en Madrid, nun café de Ópera, 1958 exactamente; viñera do ganchete de Fernández Ferreiro. Logo, a que máis descarada olla para o obxectivo é Aura, unha roxa con cariña de lúa que se asemella moito ao pai e é xémea de Ovidio. Despois de Ela (con maiúscula) vén, moi linda e como tímida, cos ollos baixos e sen saber onde meter esas mans, Amara.
No centro da fotografía, porque é o centro natural da Patria, está Ela (Rosalía). Unha Ela que adopta actitude corporal que non ten nada a ver coa afectación pedante nin coas longas xíneas aristocráticas das que realmente procedía. Esta nosa Ela déixase retratar coas pernas estarricadas e aloumiña contra a saia un cadelo pitís ben orelludo, o cal mira para nós listo desde o Fondo dos Espellos. A cántiga, poida que da autoría de Ela, di:
“Eu teño un canciño, qué bunito é.
Baila a muiñeira na punta do pé”.
Cómo se chamaba este can non o souberon nunca nin Juan Naya, nin Caamaño Bournancell, nin Bouza Brey e Trillo-Figueroa. Ben; o vestiño enteirizo de Ela ten o van alto. Non disimula un ventre comprido e márcalle o peito de xeito Primeiro Imperio; peito que percibimos moi ben proporcionado. Sen descote ningún, Ela, natural, fai emerxer á luz o propio rostro e olla cara nosoutros, a posteridade, cun ar canso e eu diría que feliz. Non se retrata con sombreiro, porque Ela é progresista ou sexa muller de esprito libre. Canlle sobre a fronte uns rulos deliberados e rebeldes.
–“¿Quieres colocarme ese rizo sobre las narices?
–Hacia el centro de la frente, como la señora lo manda otras veces.”
Este é un diálogo de El Caballero de las Botas Azules.
Os ollos de Ela son pequeniños e amosan a evanescencia das famosas mulleres miopes. A boca é grande, sorrí franca e, dentro, negros, adivíñanse os abismos e os suculentos segredos. Un repregue carnoso marca os pómulos de Ela. Pómulos que foron considerados signos de fealdade, mesmo estigma plebeio: mimá! Tamén eses pómulos inspiraron un treito sublime de Luís Pimentel. A face ancha, o queixo marcado, o nariz discreto, a inclinación atenta da cabeza, fan da imaxe de Ela un conxunto belísimo e inspirado pola intelixencia e a razón, alén de por o nume poético xeralmente aceite. Por riba do tempo, Ela chama por nós desde a fotografía.
En realidade, toda a familia nos está a decer que son xente liberada de modais afidalgados ou burgueses. Digamos; persoas fillas da Revolución Galega de 1846 e protagonistas, por pouco tempo, da do 1868. Non se ofrecen ao retratista con cerimonia, senón como eles son decotío. Resistentes á Restauración, son pobres e non se visten de gala para o caso. Sabemos que Ela vai morrer dous escasos anos máis tarde de o fotógrafo darlle ao clic, o cal converte esta foto en algo esterrecente. Os conceptos de República, de Galicia, de Democracia, de Progreso, pululan na atmósfera fotográfica. Digo eu que estes son os Valores que nos transmiten (xa parezo eu Rouco Varela...) aqueles e aquelas que saen no retrato de familia de Rosalía de Castro.
A vida de Rosalía de Castro, ou sexa Ela, foi relatada, ao meu xuízo, unhas veces de xeito erudito extremo e, outras, en clave chafalleira. Se temos saúde, faremos aparecer eiquí en semanas seguintes aquela que Rosalía de Castro foi en vida.
Marcadores: Autores, Recurso_didáctico
A mesa redonda sobre "A visibilidade do libro galego", coordinada por Celia Torres e na que participaron Francisco Novo, Ramón Reboiras e Luís Ventoso foi das máis polémicas do Simposio. A crónica moi completa de Galicia hoxe expresa boa parte dos argumentos e das valoracións expresadas polos participantes. Unha peza que debe quedar arquivada no blog.Marcadores: Eventos, Promoción do libro
Tras a conferencia de Antonio Iturbe (mágoa, que non puiden asistir) e a mesa redonda sobre "Os libros máis vendidos", o vigués Fernando Valverde, actual presidente de CEGAL, pronunciou unha magnífica conferencia sobre o futuro da libraría independente en España.