MOITO VENTO NAS VELAS PARA 2009
Con todos os abrazos e beizóns.
Marcadores: Beizóns, Efemérides, Festas, Música, Vídeos
Notas do traballo de edición
Marcadores: Beizóns, Efemérides, Festas, Música, Vídeos
 Afortunadamente son múltiples as iniciativas que dende a rede se están promovendo para denunciar o masacre de Gaza que continúa realizando o goberno de Israel e expresar a solidariedade co pobo palestino. Adherímonos ao manifesto do anel solidario de blogs, ao de AVAAZ, ás iniciativas Ilumina Gaza e a de Amnistía Internacional. Recomendamos visitar espazos  como as «Crónicas desde o corazón do levantamento palestino», a entrevista de Galiciae con Alberto Arce (o cooperante asturiano de Free Gaza), o blog solidario «Lápices para la paz», onde se poden ler e ver documentos moi interesantes. Fronte á propaganda do goberno de Israel, podemos dende a rede promover esta solidariedade informativa co pobo palestino.
Afortunadamente son múltiples as iniciativas que dende a rede se están promovendo para denunciar o masacre de Gaza que continúa realizando o goberno de Israel e expresar a solidariedade co pobo palestino. Adherímonos ao manifesto do anel solidario de blogs, ao de AVAAZ, ás iniciativas Ilumina Gaza e a de Amnistía Internacional. Recomendamos visitar espazos  como as «Crónicas desde o corazón do levantamento palestino», a entrevista de Galiciae con Alberto Arce (o cooperante asturiano de Free Gaza), o blog solidario «Lápices para la paz», onde se poden ler e ver documentos moi interesantes. Fronte á propaganda do goberno de Israel, podemos dende a rede promover esta solidariedade informativa co pobo palestino.Marcadores: Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina
Marcadores: Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina
 Gustoume esta información de EFE, lembrando o noventa aniversario de J.D. Salinger. Como editor galego d' O vixía no centeo podo acreditar que non é ningunha lenda urbana que cando renovamos o contrato, cada cinco anos, nos comprometemos a que nas edicións que fagamos non incluiremos paratextos ningúns sobre o autor nin sobre a obra.  A pesar de que Salinger é un escritor invisible, que non concede entrevistas nin autoriza que lle saquen fotografías dende hai catro décadas, o pulo da súa obra continúa xeración tras xeración de lectores. Eis a visibilidade do texto sobre a figura do escritor.
Gustoume esta información de EFE, lembrando o noventa aniversario de J.D. Salinger. Como editor galego d' O vixía no centeo podo acreditar que non é ningunha lenda urbana que cando renovamos o contrato, cada cinco anos, nos comprometemos a que nas edicións que fagamos non incluiremos paratextos ningúns sobre o autor nin sobre a obra.  A pesar de que Salinger é un escritor invisible, que non concede entrevistas nin autoriza que lle saquen fotografías dende hai catro décadas, o pulo da súa obra continúa xeración tras xeración de lectores. Eis a visibilidade do texto sobre a figura do escritor.Marcadores: Autores
Marcadores: Artigos_Xornal.com, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina

Marcadores: Artes Visuais, Blogs
 A pesar do chamamento do Consello de Seguridade da ONU, o goberno israelí continuou durante esta noite os seus ataques aéreos indiscriminados sobre a poboación civil da franxa de Gaza. Semella que son intereses electoriais os que están detrás deste ataque brutal que, para algúns analistas, constitúe un erro estratéxico de vulto.
A pesar do chamamento do Consello de Seguridade da ONU, o goberno israelí continuou durante esta noite os seus ataques aéreos indiscriminados sobre a poboación civil da franxa de Gaza. Semella que son intereses electoriais os que están detrás deste ataque brutal que, para algúns analistas, constitúe un erro estratéxico de vulto.Marcadores: Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina

Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vídeos
Marcadores: Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina, Vídeos
Marcadores: Blogs, Lectura, Medios, Promoción do libro
 Ten razón Arturo, o discurso da proxección exterior da literatura galega é o mesmo da proxección interior. Como sinalo nun comentario que deixei no seu blog, ambas as dúas, a interior e a exterior, son as dúas facianas dun mesmo corpo que ten vontade de ser visible. Sen entrar en disquisicións sobre o que sucedía nos tempos do perezvarelismo, hoxe o que non parece sensato é investir en custosas viaxes internacionais e (tras case catro anos) non ser capaces de dotar ás nosas bibliotecas das nosas novidades editoriais (como está previsto na Lei do Libro e a Lectura). Sobre esta cuestión poderiamos facer denuncias que escandalizarían. Mais xa estamos cansos de batallar aquí e acolá e de recibir tratos severísimos. Neste eido, por prudencia, tiramos a toalla. No entanto, aproveitando a piedade destas xornadas de Nadal, cos meus comentarios pretendo contribuír a ese esforzo en man común que ten por obxectivo que os nosos libros en galego poidan ser minimamente visibles nas librarías e nos medios de comunicación (fundamentalmente electrónicos) preocupados por eles. Isto é o que chamo exercicio de «autoestima». E tal como están as cousas, este exercicio de proxección interior é imprescindible. Os grandes discursos grandilocuentes sobre o libro galego, deixámolos para os políticos, que para iso andan apurados en concurso electoral.
Ten razón Arturo, o discurso da proxección exterior da literatura galega é o mesmo da proxección interior. Como sinalo nun comentario que deixei no seu blog, ambas as dúas, a interior e a exterior, son as dúas facianas dun mesmo corpo que ten vontade de ser visible. Sen entrar en disquisicións sobre o que sucedía nos tempos do perezvarelismo, hoxe o que non parece sensato é investir en custosas viaxes internacionais e (tras case catro anos) non ser capaces de dotar ás nosas bibliotecas das nosas novidades editoriais (como está previsto na Lei do Libro e a Lectura). Sobre esta cuestión poderiamos facer denuncias que escandalizarían. Mais xa estamos cansos de batallar aquí e acolá e de recibir tratos severísimos. Neste eido, por prudencia, tiramos a toalla. No entanto, aproveitando a piedade destas xornadas de Nadal, cos meus comentarios pretendo contribuír a ese esforzo en man común que ten por obxectivo que os nosos libros en galego poidan ser minimamente visibles nas librarías e nos medios de comunicación (fundamentalmente electrónicos) preocupados por eles. Isto é o que chamo exercicio de «autoestima». E tal como están as cousas, este exercicio de proxección interior é imprescindible. Os grandes discursos grandilocuentes sobre o libro galego, deixámolos para os políticos, que para iso andan apurados en concurso electoral.Marcadores: Lectura, Polémicas, Promoción do libro
 O noso amigo o editor Joan Carles Girbés é o autor de Guia práctica para fer fills lectors, unha guía concibida para o fomento dos hábitos lectores dentro da familia, da que en Cataluña se levan repartidos xa oitocentos mil exemplares. Bravo, Joan Carles!
O noso amigo o editor Joan Carles Girbés é o autor de Guia práctica para fer fills lectors, unha guía concibida para o fomento dos hábitos lectores dentro da familia, da que en Cataluña se levan repartidos xa oitocentos mil exemplares. Bravo, Joan Carles!1.- Cando empecen a ler en voz alta, interrómpeos constantemente para marcar os seus erros...(Tradución galega: Trafegando ronseis; castelá: ediciona)
A ti tamén se che sacarían as ganas de seguir lendo.
2.- Obrígaos a ler...
Nada máis eficiente que un simple monosílabo, le! para conseguir o efecto contrario.3.- Menospreza os seus gustos e non respectes o seu criterio...
Que é mellor, que lean o que lles gusta ou que non lean?4.- Imponlles lecturas...
Esa novela que tanto che gustou á súa idade non ten por que ser do seu agrado.5.- Pídelles que che fagan un resumo...6.- Controla todo o que len...
Non deixes que asocien os libros cos deberes.
Interesarse non significa examinalos e interrogalos.7.- Lémbralles os beneficios de ler...8.- Relaciona os libros só cos deberes...
Dille: os nenos que len sacan mellores notas, coma o teu amigo. Así o rapaz ou a rapaza perderá as ganas de ler e collerá manía ao amigo.
Un libro non debe ser só un instrumento para aprender cousas.
9.- Castígaos sen tele por non ler...
En ver de converter a tele no noso aliado, preguntándolle, por exemplo, cantos filmes infantís baséanse en libros?
10.- Esíxelles lecturas non axeitadas.
Non por se bo e correcto, un libro debe ser axeitado á súa idade ou ao seu estado madurativo.
Marcadores: Iniciativas, Lectura
Marcadores: Lectura, Novidades, Polémicas, Promoción do libro
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cine, Vídeos, Vigo
Marcadores: Publicidade, Vídeos
Marcadores: Persoal
 Atina de cheo o meu compañeiro Fran Alonso cando na entrevista que lle fai Vieiros, a raíz da aparición d' Un país a medio facer (o seu libro máis recente, que moito recomendo), afirma valentemente: «A automoción e a banca reciben moitas máis axudas públicas cá cultura». Efectivamente, a pesar de que sectores como o da lectura é considerado na recente Lei do Libro como un «sector estratéxico» para o país e a pesar de que os que nos dedicamos á edición padecemos o «sambenito» prexuizoso de ser constantemente acusados de recibir subvencións, as axudas públicas que recibimos son escasas e o futuro do noso sector cultural deféndese no mercado co apoio do pobo lector. O maior éxito do noso sector cultural durante estas dúas décadas, ás que se refire Fran no seu libro, radica na consolidación dun público que, aínda de dimensións cativas, vai dialogando cos produtos da industrial cultural en lingua galega, xerados polos nosos escritores, músicos e artistas. Pasar dese país a medio facer a do país orgulloso do que fai é o reto actual que afronta a cultura en galego.
Atina de cheo o meu compañeiro Fran Alonso cando na entrevista que lle fai Vieiros, a raíz da aparición d' Un país a medio facer (o seu libro máis recente, que moito recomendo), afirma valentemente: «A automoción e a banca reciben moitas máis axudas públicas cá cultura». Efectivamente, a pesar de que sectores como o da lectura é considerado na recente Lei do Libro como un «sector estratéxico» para o país e a pesar de que os que nos dedicamos á edición padecemos o «sambenito» prexuizoso de ser constantemente acusados de recibir subvencións, as axudas públicas que recibimos son escasas e o futuro do noso sector cultural deféndese no mercado co apoio do pobo lector. O maior éxito do noso sector cultural durante estas dúas décadas, ás que se refire Fran no seu libro, radica na consolidación dun público que, aínda de dimensións cativas, vai dialogando cos produtos da industrial cultural en lingua galega, xerados polos nosos escritores, músicos e artistas. Pasar dese país a medio facer a do país orgulloso do que fai é o reto actual que afronta a cultura en galego.
    
 AUTOESTIMA
AUTOESTIMAMarcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Vídeos
 Hoxe participaremos no vinte e cinco aniversario de Nova Escola Galega, o movemento de renovación pedagóxica no que levamos participando dende a súa fundación. Un día para reatoparse cos vellos amigos do corazón.
Hoxe participaremos no vinte e cinco aniversario de Nova Escola Galega, o movemento de renovación pedagóxica no que levamos participando dende a súa fundación. Un día para reatoparse cos vellos amigos do corazón.
    
 A verdade que foi moi emocionante e ao tempo sereno o acto conmemorativo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos no que presentamos en Vigo o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz e recordamos a Xesús R. Jares. Ademais da lectura do texto completo da declaración, por parte de dez estudantes de ESO e Bacharelato, foron magníficas as intervencións literarias e institucionais. A guinda foi o extraordinario o concerto da Agrupación de Mestres da Escola de Música Tradicional do concello de Vigo. Grazas a todos polo apoio solidario e pola lembranza saudosa da figura do noso benquerido Suso Jares.
A verdade que foi moi emocionante e ao tempo sereno o acto conmemorativo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos no que presentamos en Vigo o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz e recordamos a Xesús R. Jares. Ademais da lectura do texto completo da declaración, por parte de dez estudantes de ESO e Bacharelato, foron magníficas as intervencións literarias e institucionais. A guinda foi o extraordinario o concerto da Agrupación de Mestres da Escola de Música Tradicional do concello de Vigo. Grazas a todos polo apoio solidario e pola lembranza saudosa da figura do noso benquerido Suso Jares.Marcadores: Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Presentacións, Vigo, Xerais
Marcadores: Editores
Marcadores: Lectura, Publicidade, Vídeos
 O vindeiro domingo, 14 de decembro, Agustín Fernández Paz será homenaxeado no Muíño de Rañego da súa Vilalba natal pola Fundación Manuel María. Tras unha mesa redonda (ás 12:00) sobre a súa figura, na que participarán Fina Casalderrey, Xabier P. DoCampo, Paco Martín, Xulio Xiz e Manuel Bragado, colocarase o terceiro hectómetro literario no Paseo dos Soños e celebrarase un xantar de irmandade no restaurante «A Nova Ruta» de Vilalba. Pode avisarse asistencia ao xantar no teléfono: 646413890.
O vindeiro domingo, 14 de decembro, Agustín Fernández Paz será homenaxeado no Muíño de Rañego da súa Vilalba natal pola Fundación Manuel María. Tras unha mesa redonda (ás 12:00) sobre a súa figura, na que participarán Fina Casalderrey, Xabier P. DoCampo, Paco Martín, Xulio Xiz e Manuel Bragado, colocarase o terceiro hectómetro literario no Paseo dos Soños e celebrarase un xantar de irmandade no restaurante «A Nova Ruta» de Vilalba. Pode avisarse asistencia ao xantar no teléfono: 646413890.
     Conmémorase, mañá, 10 de decembro, o 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Con este motivo, a partir das 20 horas, celebrarase un acto cívico, no Auditorio do centro Cultural Caixanova de Vigo, no que ademais será presentado o volume Literatura Galega pola Paz coa que se pecha a triloxía Educación e Paz, coordinada por Xesús R. Jares.
Conmémorase, mañá, 10 de decembro, o 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Con este motivo, a partir das 20 horas, celebrarase un acto cívico, no Auditorio do centro Cultural Caixanova de Vigo, no que ademais será presentado o volume Literatura Galega pola Paz coa que se pecha a triloxía Educación e Paz, coordinada por Xesús R. Jares.Marcadores: Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Presentacións
 Recibimos con alegría o primeiro número de Xornal de Galicia, a primeira cabeza periodística que se define como galeguista no periodo autonómico. Haberá tempo para aquilatar as intencións e a liña informativa do proxecto encabezado por José Luis Gómez, mais é indubidable que a presentación do produto é impecable (especialmente o deseño e a disposición tipográfica) e o enfoque informativo moi atractivo para a lectura. Un medio que abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas. Un paso importante para a nación. Benvido, pois, este Xornal de Galicia saído hoxe de trinque. Desexámoslle os maiores éxitos.
Recibimos con alegría o primeiro número de Xornal de Galicia, a primeira cabeza periodística que se define como galeguista no periodo autonómico. Haberá tempo para aquilatar as intencións e a liña informativa do proxecto encabezado por José Luis Gómez, mais é indubidable que a presentación do produto é impecable (especialmente o deseño e a disposición tipográfica) e o enfoque informativo moi atractivo para a lectura. Un medio que abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas. Un paso importante para a nación. Benvido, pois, este Xornal de Galicia saído hoxe de trinque. Desexámoslle os maiores éxitos.Marcadores: Medios
 Despois de catro días moi intensos no Cultur.gal 2008, cómpre facer unha recapitulación. Adianto que considero esta segunda feira celebrada na Coruña como un éxito, tanto polo aumento considerable de público con respecto á edición anterior como pola diversidade dos sectores das industriais culturais presentes (sexan os que venden produtos ou servizos). Este proxecto estratéxico da industria cultural en lingua galega de contar cunha cita anual de referencia para visibilizar a súa presenza na sociedade de noso consolídase con claridade. Un éxito colectivo do que todos nos debemos sentir orgullosos e que demostra que temos un pobo lector, unha industria cultural emerxente con vontade de selo, un país orgulloso dos creadores na lingua propia. Hai futuro, moito.
Despois de catro días moi intensos no Cultur.gal 2008, cómpre facer unha recapitulación. Adianto que considero esta segunda feira celebrada na Coruña como un éxito, tanto polo aumento considerable de público con respecto á edición anterior como pola diversidade dos sectores das industriais culturais presentes (sexan os que venden produtos ou servizos). Este proxecto estratéxico da industria cultural en lingua galega de contar cunha cita anual de referencia para visibilizar a súa presenza na sociedade de noso consolídase con claridade. Un éxito colectivo do que todos nos debemos sentir orgullosos e que demostra que temos un pobo lector, unha industria cultural emerxente con vontade de selo, un país orgulloso dos creadores na lingua propia. Hai futuro, moito.Marcadores: Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Publicidade, Recurso_didáctico, Vigo
 Dende onte estamos no Culturgal da Coruña, onde temos un completo programa de actividades ao longo de toda a fin de semana.
Dende onte estamos no Culturgal da Coruña, onde temos un completo programa de actividades ao longo de toda a fin de semana.Marcadores: Cultura, Eventos, Presentacións, Xerais
 O vindeiro sábado, ás 12:00, presentaremos en Culturgal O Globo de Shakespeare, a máis recente novela de Jaureguizar. Dende hai dúas semanas Jaureguizar iniciou no seu blog unha serie de anotacións sobre o elenco de personaxes da obra, unha experiencia interesante dun autor reflexionando sobre a súa propia obra. Velaí, a primeira sobre Ricardo, o personaxe central, a segunda, sobre Rosalía, a terceira sobre a señora Quickly, a cuarta sobre Sebe e a quinta sobre Adriana:
O vindeiro sábado, ás 12:00, presentaremos en Culturgal O Globo de Shakespeare, a máis recente novela de Jaureguizar. Dende hai dúas semanas Jaureguizar iniciou no seu blog unha serie de anotacións sobre o elenco de personaxes da obra, unha experiencia interesante dun autor reflexionando sobre a súa propia obra. Velaí, a primeira sobre Ricardo, o personaxe central, a segunda, sobre Rosalía, a terceira sobre a señora Quickly, a cuarta sobre Sebe e a quinta sobre Adriana:Ricardo é o personaxe central da miña nova novela, O globo de Shakespeare; cando menos iso lle gusta pensar a el. É xiboso, polo que o seu pai decidiu chamalo Ricardo. Ten uns cincuenta anos e vive dende sempre no pazo familiar onde o atende Celia Mandiás, á que el chama Señora Quickly. Devoto de Shakespeare (e tamén de Leandro, o seu pai) sente paixón polo teatro, aínda que careza de talento para crealo. Personifica o fracaso, que lle provoca unha desesperación que el repercute no seu amigo o escritor de éxito Sebe. Está convencido de que manipula ás persoas que ten ao redor. A súa habelencia coas mans permítiulle facerse un teatro na casa e ducias de monicreques. Anda sempre cun boneco na man porque así pode manterse nun segundo plano e non ter que enfrontar a realidade. Está divorciado da súa muller, Rosalía, coa que ten tres fillos: Hamnet, Xiá e Susana. Xanta con eles todos os días no piso no que viven. O seu carácter é caótico, desordeado, irascible, botaporela, caprichoso, sentimental, cruel, xeneroso, arroutado.
Rosalía é un dos secundarios da miña nova novela O Globo de Shakespeare. Estivo casada con Ricardo pero non deu aturado vivir no seu pazo nin a súa familia. Divorciáronse, mais ela segue sendo a Terra sobre a que xira o satélite de Ricardo. De nova, ficara fascinada polo seu talento para o espectáculo; ela, que non deixaba de ver a Lúa coma unha farola auxiliar nas noites. O monifateiro xanta na súa casa todos os días, xunto cos tres fillos que teñen en común. Ela segue aturándoo porque continúa namorada del. Rosalía é repoluda, optimista, pragmática, xenerosa, celosa e demasiado parva para decatarse do miserable que é o seu ex home con ela.
En realidade, chámase Celia Mandiás e é ama de chaves. Rexe a vida do pazo no que está ambientado ‘O globo de Shakespeare’. Entrou na casa sendo unha rapariga e no que leva máis de medio século. A xenerosidade vai canda ela, pero é quen de ser cruel se detecta unha ameaza ao seu poder. O seu carácter é disciplinado, ascético, dominado polo deber e a moral. Fisicamente é enxoita e fibrosa, camiña erguida e ás présas, polo que Ricardo alcumouna Señora Quickly. Sente paixón polos paxaros, ata o punto de que dá as horas con razas deles. Recende a aceite de oliva virxe. Tivo un novio mariñeiro cando moza, pero el desapareceu.Sebe (Eusebio Pontella) é un dos personaxes privilexiados d’O Globo de Shakespeare. O debuxo que lle fixen foi arquetípico, índa que eses trazos unidireccionais teñen unha razón de ser. Sebe é un home encantador, guapo, elegante, sociable, amable, simpático e disciplinado na promoción desas novelas que tanto éxito teñen. Está casado con Adriana, unha muller á que avantaxa fisica e socialmente. A súa vida cambia cando empeza a soñar con limóns, que empezan sendo verdes e rematan sendo maduros. Os limóns tiran por el cara unha paixón que fará que perda a súa capacidade de decisión sentimental.
Adriana é a muller de Sebe na miña novela ‘O Globo de Shakespeare. O seu aspecto, repoludo e feo, compite en desagradable co seu carácter túzaro por ver quen é máis desagradable. Con todo, é unha muller cunha gran fortaleza, que enfrenta continuamente os desastres da vida. Encarada ao éxito do seu home, preferiu ficar na discrección porque todo o seu soño na vida é ser querida por Sebe, de quen envexa o seu físico e o seu don de xentes.
Marcadores: Narrativa, Presentacións, Xerais
 Vía Ediciona e a revista Babar coñezo esta impactante campaña de fomento da lectura entre os nenos e as nenas promovida pola Fondation pour l'alphabetisation de Canadá. Diversos personaxes de contos infantís deambulan agonizantes polos espazos dun hospital para expresar  que se os nenos deixan de ler eles morrerán (o lema da campaña: «Cando non lemos a imaxinación desaparece»). A Cincenta turrando do goteiro polos corredores , Peter Pan en cadeira de rodas na soidade do seu cuarto ou a Carapuchiña na sala de urxencias son algunhas das imaxes desta sorprendente campaña de «sensibilización» lectora. Os vídeos da campaña poden verse enlazados desde  aquí (por máis que procurei non os din atopado en you tube). Unha proposta que obriga a reflexionar sobre o valor profunda da lectura e da ficción.
Vía Ediciona e a revista Babar coñezo esta impactante campaña de fomento da lectura entre os nenos e as nenas promovida pola Fondation pour l'alphabetisation de Canadá. Diversos personaxes de contos infantís deambulan agonizantes polos espazos dun hospital para expresar  que se os nenos deixan de ler eles morrerán (o lema da campaña: «Cando non lemos a imaxinación desaparece»). A Cincenta turrando do goteiro polos corredores , Peter Pan en cadeira de rodas na soidade do seu cuarto ou a Carapuchiña na sala de urxencias son algunhas das imaxes desta sorprendente campaña de «sensibilización» lectora. Os vídeos da campaña poden verse enlazados desde  aquí (por máis que procurei non os din atopado en you tube). Unha proposta que obriga a reflexionar sobre o valor profunda da lectura e da ficción.Marcadores: Lectura, Publicidade, Vídeos
 Mais que recomendable a longa conversa que manteñen Agustín Fernández Paz e Manuel Vidal Villaverde este luns en Galicia hoxe. Entre as moitas cousas a salientar das palabras sabias de Agustín recollo estes dous fragmentos imprescindibles:
Mais que recomendable a longa conversa que manteñen Agustín Fernández Paz e Manuel Vidal Villaverde este luns en Galicia hoxe. Entre as moitas cousas a salientar das palabras sabias de Agustín recollo estes dous fragmentos imprescindibles:Se non se quere que haxa cidadáns de primeira e de segunda, teñen que crearse as condicións para que poidamos vivir en galego coa mesma normalidade coa que o pode facer unha persoa castelán falante. Para iso, entre outras moitas medidas, é imprescindible que a poboación sexa competente nas dúas linguas oficiais, para que logo cadaquén poida decidir se usa unha ou outra nos diferentes ámbitos e situacións. É dicir, a dobre competencia é imprescindible para garantir a liberdade lingüística. Unha dobre competencia que xa posuímos todos os cidadáns que temos como lingua de instalación o galego. Pois non se debe esquecer que a oposición entre castelán falantes e galego falantes é, en boa medida, unha falsidade. En todo caso, a oposición será entre os que temos competencia bilingüe e os que se encastelan no mantemento da competencia monolingüe vivindo nun país con dúas linguas oficiais.O segundo sobre algúns dos problemas da lectura e escrita en galego:
Escribir nunha lingua minorizada socialmente leva aparellados serios problemas de visibilidade, tanto na propia sociedade (e penso agora nos libros galegos en Galicia, confinados coma nunha reserva india nunha parte significativa das librarías, ou no tratamento subordinado que reciben nos medios de comunicación, ou no insidioso mantra de que somos unha literatura subvencionada) como na posibilidade de ser traducidos a outras linguas e chegar así aos potenciais lectores doutros países do mundo. Así que esta cuestión é política, e son as medidas de política económica e cultural as que poden axudar a solucionala.
Marcadores: Autores, Entrevistas, Lectura, Lingua, Recurso_didáctico