Libroclip
Vía Catuxa e Txetxu coñecín esta marabilla brasileira de promoción do libro. Moito que aprender.Marcadores: Promoción do libro, Publicidade
Notas do traballo de edición
Vía Catuxa e Txetxu coñecín esta marabilla brasileira de promoción do libro. Moito que aprender.Marcadores: Promoción do libro, Publicidade
Lendo este comentario de Arsenio Escolar, veume á cabeza a intertextualidade estrutural e temática que percibín entre Non volvas, a novela de Suso de Toro, e Volver a película de Almodóvar recentemente premiada. Esta aparente coincidencia será unha paxarada miña? Unha boa oportunidade para reler a novela de Suso.
Jaureguizar denuncia a invisibilidade á que foi sometida a tradución para o galego dende o serbo-croata da máis coñecida novela de Slavenka Drakulic. Moitas veces témonos lamentado do escaso número de traducións para a nosa lingua, feito que amosa a fraxilidade do noso sistema literario; aínda que afortunadamente os editores seguimos teimando, dentro das nosas posibilidades neste difícil camiño, a invisibilidade para a crítica e para o mercado de magníficas traducións como esta de Jairo Dorado Cadilla é un feito que debe obrigarnos a reflexionar. A colección "As Literatas", que dirixe María Xosé Queizán, con máis dunha ducia de títulos excelentes de narrativa escrita por mulleres é un proxecto de colección de tradución que merecería maior atención por parte dos mediadores da que ata agora veu recibindo.Marcadores: Narrativa, Premios, Traducións, Xerais
Marcadores: Asociacionismo, Editores
Beizóns para Francisco Castro.Marcadores: Premios
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Literacidade
Gustoume moito a nova identidade corporativa do Xacobeo. Sinala un importante cambio na estratexia de comunicación e proxección de Galicia no exterior. Un grande acerto apostar por esta imaxe laica, civil e un chisquiño grafiteira (Esa frechiña recórdame, un pouco, ao logo noso de Fóra de Xogo, deseñado hai doce anos polo xenial Miguel Vigo). Beizóns!Marcadores: Publicidade
Hai un mes reclamabamos a ampliación do programa experimental de escolarización en galego na Educación Infantil. A Consellaría de Educación, por fin, caeu do cabalo e prendeu ese fío do Plan de Normalización anunciando que poderán participar todos os centros sostidos con fondos públicos (é dicir os públicos e concertados) que teñan polo menos dúas liñás por cada curso da etapa 3-6. Esta si que é unha medida normalizadora de auténtico calado, moito máis se vai acompañada, como é de agardar, de apoios nos medios didácticos e na formación do profesorado. A creación dunha atmosfera galeguizadora nos centros dende o inicio dos procesos de alfabetización (Infantil e primeiro ciclo de Primaria) é a estratexia máis sólida para consolidar avances reais no emprego da lingua como vehicular na Primaria e na Secundaria. Desta volta, os meus parabéns para o equipo da Consellaría de Educación.
Magoaríame que por mor do rebumbio estas brétemas non lembrasen que hoxe é o décimo cabodano de Lois Pereiro. Recomendo as homenaxes de Josito, Mourullo, Folerpa e Jaureguizar. Aposto polo vindeiro dezasete para o inesquecible Lois:Marcadores: In memoriam
Os Vieiros da escola iniciaron unha nova etapa, xestionados por Nova Escola Galega, dedicando un monográfico ao Día das Letras. A escola en galego precisa destes recursos electrónicos, que botamos en falta. Un eido que debemos atender con maior interese. Boa camiñada!Marcadores: Poesía, Traducións
Marcadores: Edición
Mañá nova Resaca das letras. A iniciativa é ben aquelada. Mágoa que non poida acudir.Marcadores: Eventos
No artigo da semana aposto polos cambios que se están producindo na programación (especialmente cultural e infantil) e no modelo de xestión da TVG.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Televisión
Onte o título da última novela de Perozo foi premonitorio: chegamos unha hora e media tarde ao Dadó Dadá; en dezaseis anos de profesión, nunca me sucedera tal contratempo, vaia vergonza!
Agradecémoslle moito a Fernando Garrido a crónica e o vídeo sobre a presentación diante de trinta bloggers da edición española de Home sen nome (xa está dende onte nas librarías). O acto tivo unha repercusión enorme na blogosfera española, o que supón unha grande orgullo para nós. Entre as moitas crónicas publicadas (ata agora cóntanse dezasete) recomendo visitar algunhas das que me pareceron máis valiosas:
A aparición desta última novela de Suso (a edición catalana de Bromera xa está dispoñible, tamén, cunha portada preciosa) amosa a necesidade de que os editores renovemos as nosas formas de promoción e de procura de visibilidade. Agora, non está de máis, desvelar que a primeira presentación da novela realizámola hai máis dun mes de forma privada e discreta nun xantar de autor con vinte libreiros galegos.Marcadores: Narrativa, Presentacións, Xerais
Hoxe teremos dúas presentacións en Ourense: O cidadán do mes no Auriense e Carrilanos no Carballiño. A trepidante novela de Diego Ameixeiras é a segunda entrega da serie protagonizada por Horacio Dopico, un detective pouco moderado que considera que os homes que non levan patillas longas nunca lle parecen de fiar. Nesta quincena tamén a presentaremos na Coruña e en Compostela. Estades convidados.
Coñezo grazas a Vieiros e de forma sorpresiva a aparición do primeiro número de Praza das letras, revista en papel de promoción do libro e a lectura que edita a Consellaría de Cultura. O deseño é magnífico e os contidos moi interesantes e coidados (repasándoa dinme conta que somos os editores de case todos os libros en galego sobre literatura e fútbol, madia leva!). Agardamos que o proxecto do portal web do libro galego, coa mesma denominación, sexa unha realidade proximamente. Benvidas todas as iniciativas que axuden a visibilizar o libro galego. Beizóns.Marcadores: Medios
Hoxe, día de Internet e día internacional contra o homofobia, tamén é día das letras (a pesar que as librarías estean pechadas). Hoxe hai un bo monllo de reflexións no blogomillo. Abusando do metablogueo (perdón ascárida) aí van as que máis me interesaron:Marcadores: Blogs
Marcadores: Cultura
Cando chegamos, agardábanos unha cidade luminosa e baleira. Arrecendía a cidade barco de ocre pombalino coa cor alilada das árboriñas flor que expresan a nostalxia durmida que chamara a atención de John dos Passos. Nunha longa camiñada, o director levounos a percorrer os espazos portuarios, dende o Pelourinho do Municipio as renovadas docas de Alcántara. Cando entraba a noite docemente sobre o Texo, aliviámonos cunhas imperiais moi frescas. Subimos logo ao Bairro Alto para procurar entre as ruelas e as tascas das fadistas o pequeno sanatorio da Luz onde morreu Fernando Pessoa. Cos pés destrozados e as palabras disparadas, rematamos tomando unha tosta no balcao do Galeto. O domingo Lisboa abrazounos preguiceira.Marcadores: Cidades
Marcadores: Cidades
GUSTAVO CELTAMarcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
No artigo da semana, ao fío da efeméride do 17 de maio, tamén Día de Internet e Día Mundial da Sociedade da Información, reflexiono sobre as relacións entre o novo paradigma comunicacional da literacidade electrónica globalizada e o futuro da lingua, cultura e identidade nosas.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Internet
Adhírome entusiasmado á iniciativa que promove o amigo Benedicto (parabéns polo animadísimo blo) de reclamar unha rúa en Santiago para Zeca Afonso.Marcadores: Música
No consello de ministros de onte aprobouse, por fin (xa non era sen tempo) o anteproxecto da lei de lectura, libro e bibliotecas. Hai noticias importantes: consolídase o prezo fixo do libro e autorízase o desconto dos libros de texto (un claro incumprimento da promesa da ministra de Cultura). Mais, sobre todo, vexo moi interesante a modernización da definición de libro: Marcadores: Cultura
Marcos propón abrir un debate en positivo sobre o futuro da lingua. Acerta de cheo. A pesar de que sei que non hai receitas máxicas a miña aposta vai por converter ao galego en lingua de proximidade, vencellándoa coa innovación tecnolóxica e co mundo da infancia, do lecer e da lectura. Só deste xeito creo que se poderá vencer na sociedade, e sobre todo na mocidade, o prexuízo estendido de asociar a utilización do galego como lingua vehicular cunha opción política nacionalista ou propia de aburridos culturetas galleguistas. Nesa liña, a mudanza radical no tipo de celebración do 17 de maio tórnase imprescindible.Marcadores: Lingua
Marcadores: Lingua, Literacidade
Magnífica foi a primeira das presentacións de Home sen nome. Encarna Otero, nunha intervención moi emocionante e poderosa na que analizou os momentos máis significativos da obra, agradeceu ao autor que esta novela estivese dedicada ás irmáns Fandiño e que contribúa a "reconciliarnos coa Compostela humillada e represaliada, coa Compostela esquecida, recuperando os nomes, a vida e a dignidade daqueles perdedores, que non vencidos".Marcadores: Narrativa, Presentacións, Xerais
Todos os datos que recabei dos meus veciños, testemuñas dos feitos, coinciden en sinalar que a actuación policial desta mañá na Gran Vía foi desproporcionada e contribuíu a apupar unha situación que non está xa para moitas chiquitas. A folga do metal vigués contra a precariedade é un conflito socialmente moi serio que debería ser abordado por parte dos gobernos con maior sensibilidade.Marcadores: Premios
No artigo da semana reflexiono sobre a importante folga no metal de Pontevedra. Non teño dúbidas que amosa un profundo malestar social, sobre todo nos obreiros máis novos sometidos a condicións de grande precariedade, polas modificacións estruturais que, dende a reconversión de hai vinte anos, se veñen producindo nos estaleiros vigueses.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo
Esta iniciativa de cortexo cívico, xa na terceira edición, é das máis bonitas e innovadoras para celebrar con toda a dignidade que se merece o 17 de maio. Con todo, a pesar do cambio de goberno e de esforzos illados como o que anunciamos, aínda non albiscamos mudanzas significativas na celebración dunha efeméride xa en aberta crise.Marcadores: Efemérides, Festas
Esta noite inicia a súa emisión Libro aberto, o agardado novo programa sobre libros e literatura da TVG. Polas noticias que temos o programa vai ser moi xeitoso e dinámico, con protagonismo importante dos clubes de lectores das bibliotecas. O programa de hoxe centrarase arredor de Corredores de sombra, a obra máis recente de Agustín Fernández Paz, que será entrevistado por Manuel Romón, o condutor do programa (un acerto recuperar a este Rompente para a programación cultural). A novela de Agustín foi traballada a fondo polo clube de lectores da Biblioteca Moaña, que prepararaon varias preguntas para que respondese o autor. A vindeira semana serán os lectores da Biblioteca Rialeda de Oleiros os que aborden O heroe. Darlle voz aos lectores, sexa por medio dos clubes de lectura ou dos críticos especializados en ámbitos temáticos ou de xénero, semella que vai constituír o sinal de identidade do programa que dirixe Luís Rei. Unha estratexia moi interesante. Agardamos que o programa consolide unha audiencia digna. A proposta ben a merece.Marcadores: Lectura, Televisión
Acollemos con ledicia a noticia da concesión do premio Losada Diéguez de creación 2005 ao último poemario de Ferrín. O xurado definiu a obra como "unha crónica lírico-sarcástica e comprometida co século XX e comezos do XXI na que o autor consigue harmonizar poesía, ficción, profecía e realidade social, cun perfecto equilibrio entre a técnica, a variedade formal e os contidos solidarios coa xente oprimida". O xurado considerou Contra Maquieiro unha obra "á vez innovadora e experimental, na que o escritor se supera a si mesmo dando un novo exemplo da súa garra poética e do seu uso da fantasía como compromiso social". A concesión deste premio coincide coa inauguración da exposición sobre a visión de trinta e catro asrtistas sobre a obra de Ferrín e tamén coa presentación do poemario que temos previsto realizar durante este mes de maio.