Vidas exemplares, a presentación.
O martes 5, as 20:00 horas presentaremos Vidas exemplares de Uxía Casal no Bar Plaza de Ribeira. Estades convidados, xente do Barbanza.Marcadores: Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais
Notas do traballo de edición
O martes 5, as 20:00 horas presentaremos Vidas exemplares de Uxía Casal no Bar Plaza de Ribeira. Estades convidados, xente do Barbanza.Marcadores: Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais
Marcadores: Bibliotecas, Eventos
Carrilanos, o documental de Rafael Cid sobre a epopea dos traballadores da vía, acaba de recibir un novo premio: á mellor obra de documentais longas do Extrema ´doc Festival de Cine Documental de Extremadura. Este galardón, que mañá recollerá en Cáceres o autor verinés, únese á longa relación de recoñecementos da obra: Mención Especial do Xurado do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, o Primeiro Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, o Premio de Comunicación Francisco de Cossío de Castela e León e o Premio Galicia de Comunicación 2004 ao mellor labor de comunicación en televisión. Recoñecemento, tamén dos lectores e espectadores que nos obrigaron a facer unha segunda edición do libro e DVD e a continuar a súa xeira de presentacións polo país: o 14 de decembro na Coruña (da man do Ateneo Republicano de Galicia) e o 15 na Galería Sargadelos de Monforte.
Un bo amigo, ao fío da miña anotación de hai dous días, recórdame por correo electrónico a primeira crítica aparecida de Blúmsdei, preparada por Camilo Franco e aparecida no suplemento Culturas de La Voz (é unha mágoa que só se poida consultar en PDF) o 24 de xuño deste ano. Trátase dun texto crítico moi lúcido que amosa a relevancia da máis recente novela do noso Salinger. Reprodúzoo na súa totalidade polo que entendo gran interese:"Sería moi cómodo interpretar Blúmsdei pola súa superficie, dialéctica. Polo seu carácter discursivo ou pola aparente eliminación de convencións que implican por igual aos métodos narrativos e ao sucederse das ideas. Sería rebuscado interpretalo estudando profundidades para levarlle a contraria ao autor porque de superficie e de fondo o último libro de Cid Cabido é un exercicio de literatura que disimula a exposición pero non a súa profundidade.
En moitos sentidos este libro é o da construción dunha narratividade que elimine as imposturas, as propias da literatura máis próxima e aquelas que proceden dos seus entornos socializantes. En certo sentido, de tanto esquivar modelos estetizantes, de construción politicamente correcta ou mesmo de acabado académico, Cid Cabido, afonda no coloquial como forma de prevención de calquera modo de esclerose formal.
As árbores que constante move o escritor diante dos ollos lectores chaman polo bosque das circunstancias: as do escritor seriamente apeado do pedestal da autoridade moral, a da memoria inevitablemente ameazada polas lagoas, a da perversión histórica das relacións entre o narrador e mais o lector e algunhas outras circunstancias que imos chamar menores para que ninguén pense que confundimos vida con obra e que Cid Cabido decide descolocar polo método de colocalas xusto no lugar que lle corresponde.
Xoga coa lingua e coa linguaxe e mesmo xoga coa idea dunha cultura excesivamente dependente da súa capacidade memorística. Por baixo da aparentemente inmediata organización coloquial do texto, por entre a aparencia anárquica da relación co lector, van aparecendo argumentos pouco dados á frivolización. E pode parecer que Cabido frivoliza coas formas, pero en absoluto cos argumentos. Sobre a dobre vía o autor de Días contados, vai sinalando sen demasiadas concesións algúns dos paradoxos aos que estamos sometidos desde o aquí e desde o agora. Desde a asunción da condición de escritores que escriben para entre eles ata a relativización da importancia do feito artístico. Son argumentos non chegan ao lector pola vía do apostolado intelectual, do enunciado filosófico senón desde a operatividade narrativa. En fin hai moitos anos que deberiamos ter obviado o debate entre acción e narración e non deixarse seducir por cousas tan peregrinas.
No texto de Cid Cabido pasan cousas, todas elas desde unha rememoración case automática, como se a memoria fose unha extremidade orgánica que colga de nós pero con certa autonomía. Pasan cousas que un lector pode calcular que forman parte do cotián e quizais non se equivoque, pero a intención é ir do particular ao xeral. Todo está ligado. Mesmo ese permanente xogo de ir adiando o suposto motivo literario do texto é outra indicación de que a literatura é algo residual fronte as dimensións da vida. Pero se a explicación queda excesiva quizais chegue con dicir que Cid Cabido non parece moi decidido a afortalar aquelas actitudes nas que, en sentidos diversos, se acaba por sacralizar o papel do escritor. Por iso o libro é, en realidade, unha narración dunha exactitude vital: como un humano mirado desde a lente do microscopio". Camilo FrancoEtiquetas: Cid_Cabido, Camilo_Franco,
Sei por Pawley da aparición hoxe na rede de Sonotone, unha revista galega (de actualización semanal) sobre música na que tamén terán cabida outras disciplinas como o cine e a literatura. Nesta primeira entrega no apartado de libros aparecen reseñas de ¡Viva o Fu Remol!, Éxodo e dz ou o libro de esperma. Ten moi boa pinta (tanto o deseño como os contidos): novas tendencias e moito onde aprender e sorprendernos (os que non pertencemos á xeración agromante). Seguirémola.
Blúmsdei de Cid Cabido foi a obra gañadora do Premio Táboa Redonda ao mellor Libro Galego do ano 2006, outorgado entre os seus lectores polo Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo. A pesar de que esta novela non foi nin presentada en actos públicos nin apareceron entrevistas ningunhas nos medios, por desexo do seu autor, semella que, aínda así, puido abrirse unha fenda no interese e no apoio dos lectores. Ata agora foron escasas as referencias críticas aparecidas, coa excepción, que coñezamos nós, dos textos de Syldabija e Manuel Rodríguez Alonso. Agardamos que este recoñecemento axude a visibilizar unha obra que, afastándose das convencións da narrativa de ficción clásica, empregando a adxetivación especular ou simétrica e os constantes cambios de rexistro idiomático, aposta por liñas de literatura de investigación. Beizóns para Cid Cabido.
Non podo negar que estou moi satisfeito da aparición das primeiras críticas que están recibindo as tres obras gañadoras dos nosos premios deste ano:Marcadores: Críticas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios
"Orientar ao lector, manter o nivel sociocultural da súa contorna, crear 0 contacto entre o pensamento e os lectores; estimular a curiosidade; suxerir lecturas, convidar á formación de novos lectores; vender e mantenerse; crear emprego estable e decente, impulsar a lectura e a beleza; ser o primeiro interlocutor entre a sociedade e o mundo editorial, e exercer o papel de barómetro cultural e literario, ademais de vender libros, claro".Marcadores: Librarías
EMPATIÑOMarcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Vigo
A próxima pastoral da Conferencia Episcopal, na que se aliña co Partido Popular amosándose contraria a negociación con ETA, reclamando o "recto funcionamento" das institucións democráticas (sic) e na que critica ao que chama "laicismo radical" pola súas posicións sobre a recuperación da memoria histórica (a min gústame máis o termo "republicana"), amosa a prepotencia da igrexa católica e a súa certeza de que no marco político actual non vai a perder nin un ápice dos seus privilexios.
As páxinas en galego de El Pais estréanse cunha reportaxe sobre "unha ducia de novísimos da literatura galega". É moi de valorar esta iniciativa (ata agora inédita na nosa prensa analóxica) de facer visible a este grupo xeracional de poetas, narradores e narradoras dispostos a renovar a literatura galega. Unha reportaxe (mágoa que non se publique a magnífica foto que aparece na edición impresa) de lectura recomendable, como, en xeral, o resto das páxinas e dos artigos deste "suplemento cultural" que aparecerá todos os venres. Algo semella que empezamos gañando co esforzo dese profesional coraxudo chamado Félix Monteira.Marcadores: Autores
Álvaro Cunqueiro e Chano Piñeiro viviron a súa nenez entre os albarelos, os botes e as botellas de porcelana das boticas dos seus pais. Quizais por andar enredando entre aquelas fermosas pezas cerámicas de Manises, que contiñan principios activos da farmacopea tradicional, os dous adquiriron unha capacidade xenial e única para dispensar ficcións, para inventar novos mundos ou a velos dende o outro lado do espello. Don Álvaro Cunqueiro escribiu que “soñar é necesario para soportar a aspereza da vida cotiá, e perder o tesouro dos ensoños era perder o máis grande dos tesouros”. Chano Piñeiro, aquel fraquiño boticario do noso barrio, procurou ao longo dos seus corenta anos de vida ese tesouro valioso do que falaba o seu querido don Álvaro.
Marcadores: Cine
Para celebrar a presentación da Guía de viños e augardentes 2006-2007, convidáronnos a unha botella de "Danza", un espumoso de Valdeorras, que non aparece na guía (non ten D.O), das Adegas Día e Noite que rexe o noso amigo Pepe Rodríguez. "Danza" é un cova –ollo: nin un cava nin un champán– cunha burbulla aínda un pouco grosa, que dá, porén, godello e sabor inequívoco a mazá. Etiquetado en galego e cunha tipografía dificilmente lexible (no entanto cunha moi boa presentación), anúnciase como "Danza é ledicia, danza é maxia". Este cova tan interesante, aparecido no mercado para este Nadal, foi unha sorpresa moi agradable. Agardamos a nota de cata do mestre Paadín. Convido a probalo sen prexuízos, esquecéndose daquel horrible "Fin de siglo" da pasada década. Outro paso importante para os viños galegos.Marcadores: Gastronomía, Viño
Marcadores: Bibliotecas, Edición, Eventos, Lectura
«O encaixe roto» é o título dun conto escrito hai cen anos por Emilia Pardo Bazán, traducido por María Xosé Queizán dentro do volume Fenda, loucura e morte. Micaelita Aránguiz, unha rapaza da alta sociedade, rompendo todas as convencións sociais do seu tempo, decide cando o bispo lle preguntou se recibía a Bernardo por esposo, soltar un «non» tan claro como enérxico. Camiño do altar engancháraselle o valiosísimo volante de encaixe que pertencera á familia do noivo, unha auténtica marabilla! A noiva, ademais de comprobar decepcionada o retallo sobre o delicadísimo labor, observou a cara de Bernardo contraída e desfigurada por unha irritación vivísima e naquel instante fugaz –conta dona Emilia– «alzouse un pano, e detrás apareceu espida unha alma». Aquela expresión de ira, dureza e menosprezo, permitiulle a moza, nun momento de lucidez, librarse do destino que lle estaba reservado, negándose a seguilo.Marcadores: Sociedade
Crónicas do derbi. Un interesante exercicio de comentario de textos.É posible a mínima obxectividade en cuestións futbolísticas?
Etiquetas: Fútbol
Marcadores: Celta de Vigo, Fútbol
Tivo interese a mesa redonda na que participamos varios blogueiros no seo das xornadas de Enredad@s. Gustoume moito a intervención de Marcus Fernández que presentou un panorama moi clarificador e completo sobre a situación da Internet en Galicia, propoñendo unha reflexión sobre a nosa fenda dixital (existente sobre todo no mundo rural galego, onde as carencias de infraestruturas son clamorosas) e, ao mesmo tempo, amosando a diversidade e calidade das nosas publicacións electrónicas e soportes de participación social. A intervención de Wicho, coautor de Microsiervos, o blog español máis importante do mundo foi impecable, propia dun mestre blogueiro. A pesar de que xa tiña noticia da súa enorme audiencia, impresionáronme as estatísticas (actualmente sobre 70.000 visitas diarias), a presentación das funcións, que foron engadindo ao longo destes tres anos, e a reflexión sobre o papel dos buscadores no desenvolvemento do blog. Roberto Noguerol reflexionou sobre a funcións de moitos blogs que se limitan a revitalizar noticias que aparecen, xeralmente, na prensa impresa, especulando sobre a posibilidade de que os blogs, vítimas do seu éxito, vaian degradando no futuro o seu papel. José Manuel Lage, o único deputado galego con blog aberto, falou da utilidade dos blogs na participación política e amosou algunhas das experiencias deste tipo, na súa opinión, máis salientables. Por último, eu presentei os temas e as razóns destas brétemas. Cinco intervencións que, grazas á magnífica presentación moi contextualizadora de María Yáñez, contribuíron a debuxar un panorama sobre diversas tendencias e opinións sobre a posición actual dos galegos na rede.
No artigo da semana denuncio, ao abeiro das sesións e conclusións do IIIº Simposio da AGE, a situación carencial das bibliotecas públicas en Galicia, facendo especial mención ás importantes diferenzas existentes entre as dúas maiores cidades galegas e propoñendo a posibilidade de crear un Consorcio Bibliotecario Galego como plataforma de xestión e colaboración entre a Xunta e os concellos.Marcadores: Bibliotecas
Hoxe apareceu en Babelia unha crítica sobresaliente da edición en castelán da novela de Rivas. Aledámonos desta recepción tan positiva que coincide coa expresada nos blogs galegos por Martin Pawley, Folerpa, Cesare, O levantador de minas, R.R., ou por críticos como Fernán Vello, Sandra Faginas, Xosé Manuel Eyré, Xulio Valcárcel (mágoa que estas tres últimas non poidamos lelas na rede) e Manuel R. Alonso.
O momento culminante da magnífica conferencia de onte de Pilar Pérez Esteve sobre as "Competencias lingüísticas no marco da Reforma Educativa" foi cando relatou a historia de Gennet Corcuera, a primeira española xordocega que chega á Universidade. Recordou que a estudante comentara nunha entrevista que o momento máis inesquecible da súa vida foi cando "comprendín que cada cousa ten o seu nome, foi coma romper unha cápsula de aceiro". Poucas veces escoitamos unha referencia máis valiosa para explicar o valor da linguaxe para regular emocións e sentimentos, para entender como a lingua é a mediadora principal de todo tipo de aprendizaxes.
Se hai unha edificación que quero é a Panificadora. Nacín case ao pé deses formidables dez silos cilíndricos de formigón armado que son o berce da memoria da xeración do Polycomander. Vivín a nenez toda baixo o reloxo vital que marcaban as fornadas da Panificadora, esparexendo o arrecendo penentrante dos cornechos e boliños empaquetados na súa furna de papel, que no mediodía se confundía no calexón das Angustias coa fragrancia dos callos da taberna de Armando (só mellorados, na opinión do avó Beleiro, polos de Casa Ligero), ata a última, a dos bares, a que coincidía coa recollida do sol sobre a terraza acristalada da fábrica. Demoreime, moitas veces, diante do letreiro da Panificadora para aquelar coa pesada dos camións que traían o gran de Peñaranda de Bracamonte e co trasego constante das Savas do reparto que marcaban o latexar do barrio noso. Esculquei, tantas outras, o estado da chimenea, un faro de fume en plena rúa de Santiago, e o traballo do chafarís sobre o depósito de auga do tellado, procurando sinais da actividade daquela fábrica tan singular.

Marcadores: Arquitectura, Cine, Vigo
Hilario Hernández abriu o IIIº Simposio O Libro e a Lectura cunha conferencia traballadísima sobre a situación das Bibliotecas Públicas (BP) en Galicia, con datos referidos a 2004 e 2005.Marcadores: Bibliotecas
As intervencións de Manuel Rivas e Pedro de Llano na presentación de onte do libro de Arquitectura popular en Galicia foron memorables.
Pola súa banda, Pedro de Llano organizou a súa intervención a partir de dúas citas de senllos grandes arquitectos. A primeira de Le Corbusier: "A arquitectura popular permite facer brillar a harmonía, descubrir o futuro nun pasado marabilloso". A segunda de Alejandro de la Sota: "A arquitectura é intelectual ou é popular, o resto é negocio". Despois de reivindicar unha arquitectura como continuidade na paisaxe e de explicar o proceso de actualización do seu traballo nas tres últimas décadas, de Llano propuxo para o século XXI unha nova arquitectura humilde, racional e vencellada ao home.Marcadores: Arquitectura, Novidades, Xerais
Hai tempo que tiña moitas ganas de anunciar a chegada aos andeis das librarías de Vidas exemplares, o libro de relatos de terror de Uxía Casal.
DESFEITAMarcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo
Eis o novo buscador de Microsoft. A interface en flash é simpática, aínda que o buscador é lentísimo e a lectura e acceso das buscas complexa. Apúntome aos comentarios de Vanesa. Con todo, sinala unha tendencia...Marcadores: Internet
No artigo da semana analizo os contidos do recente Informe Ardora 2006 de prospectiva sobre Vigo e a súa Área Metropolitana.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo
A lingua das bolboretas, a película de José Luís Cuerda que recrea textos de ¿Qué me queres amor? é unha película que consegue emocionar, xa que tras os ollos de Monchiño –o Pardal de seis anos que foxe do seu niño familiar da man de don Gregorio, o mestre a piques de se xubilar que lle aprende a importancia do silencio e da lectura– vemos un mundo que se desintegra moralmente, por mor da intolerancia e do fanatismo relixioso. Don Gregorio representa a figura daqueles mestres que foron as verdadeiras luces da República. Mestres, formados na tradición laica da moderna pedagoxía da Institución Libre de Enseñanza e nas ideas educativas do socialismo histórico, que pretendían redimir a súa sociedade pola escola. Con este obxectivo os gobernos progresistas da República realizaron un extraordinario esforzo educativo: crearon milleiros de escolas e formaron a novos profesores nas máis modernas técnicas pedagóxicas da Escola Nova europea. Tentaban deste xeito atallar a lacra do analfabetismo, que en Galicia acadaba unha taxa do 35% de toda a poboación adulta.
Na escola das bolboretas non se pegaba, nin o mestre berraba. Non había vara de vimbio para azoutar a aqueles que non sabían. Moi ó contrario, don Gregorio sempre sorría coa súa cara de sapo e empregaba as súas verbas –agarimosas, sedutoras e entusiastas– coma poderosas lentes que achegaban aquilo que estaba tan lonxe. Verbas lentes que permitían coñecer o tilonorrinco, un paxaro que vivía en Australia e pintaba de cores o seu niño cunha especie de óleo que fabricaba con pigmentos vexetais. Verbas lentes coas que os rapaces descubrían que as patacas e o millo viñeran de América e coas que viaxaban sobre o mapamundi coa mesma fascinación dunha película. Cando don Gregorio se anoxaba, calaba buscando nese silencio prolongado, desacougante, que os seus alumnos sentisen como eles mesmos eran os que debían buscar a solución ao seu conflito. Para don Gregorio a escola tiña que ser obradoiro e xardín, un verdadeiro laboratorio de coñecemento científico e experimental, no que todos agardaban coa mesma ansia a chegada do microscopio que algún día enviarían os responsables do Ministerio de Instrución Pública.
Como outros mestres daquel tempo, organizaba paseos escolares, verdadeiras rotas do descubrimento, para que os alumnos puidesen coñecer horizontes novos dende o Monte Sinaí, e ir na procura do Iris, aquela bolboreta que brillaba fermosísima pousada na lama ou no esterco. Saía con eles para facer unha ensinanza máis intuitiva que os fixese interrogarse sobre o que os rodeaba e eles non coñecían. Velaí a razón de ser da lingua das bolboretas, esa trompa enroscada coma un resorte de reloxo, feliz metáfora de Manuel Rivas sobre a paixón por coñecer e por descubrir, de cómo o saber posúe un poder redentor para as persoas.
Os sublevados axiña puxeron fin a esperanza educativa republicana e abriron un período de mortes, encadeamentos, castigos e exilios, que afectaron grave e negativamente aos corpos docentes en toda España e así tamén en Galicia. Desde os primeiros momentos de iniciado o golpe militar, e alí onde triunfaba, púxose en marcha a maquinaria represiva sobre o profesorado, ditándose en pouco tempo distintas medidas sinalando o alcance da depuración de condutas políticas e sociais consideradas punibles polo novo Réxime. Todo o profesorado (e mesmo o alumnado das escolas de maxisterio do curso 1935-36) foi sometido a expedientes de depuración, isto é a expedientes informativos que contemplaban, a través das opinións e escritos de diversos informantes (especialmente do sector eclesiástico), o comportamento político, moral e profesional de cada un no tempo da IIª República. O tipo de cargos sometidos a sanción cubría unha extensa nómina: militancia en organizacións afectas á IIª República, nacionalismo/separatismo catalán, vasco ou galego, simpatías de esquerda, irrelixiosidade, pertenza á masonería, conduta privada inmoral, etc., derivándose do anterior as diversas resolucións: dende a confirmación no cargo, ata posibles sancións que supuxeron o cese total para case 700 profesores galegos (o que para moitos deles supuxo intentar o camiño do exilio cara América ou do exilio interior), para outros tantos a suspensión de emprego parcial ou traslado de localidade e para máis de sesicentos sancións económicas.
Vía Txetxu coñezo Casa das letras, o blog da Libraría Gráficas Santiago de Ribadeo. Que eu coñeza, coa excepción dos espazos webs de Andel, Couceiro de Santiago e Trazos (con vendas online) este é o primeiro blog dunha libraría galega, un feito que cremos debe ser salientada. Esta veterana libraría da Mariña (tamén un centro de actividades culturais) foi recoñecida este ano co Premio Irmandade do Libro polo seu labor que, agora, dá un paso ao espazo electrónico. O blog inclúe fundamentalmente reseñas de novidades e noticias de autores (interesantísima a crónica da homenaxe a Suso Peña). Este blog é de indubidable interese, aínda que se bota en falta unha maior presenza do galego e, sequera, algunha referencia ás bitacoras culturais galegas.
Con novo deseño (beta-blogger) e contidos moi completos volve o seu ritmo de publicación Cabrafanada, o cosmocaderno de Fran Alonso, un dos blogs pioneiros do blogomillo (a pesar de que algúns afirman que xa non existe). No blogrol proporciona moita información de todos os seus libros (un arquivo indispensable). Recomendo a lectura do seu post sobre Cartas de amor, o libro de relatos que acaba de chegar esta semana do prelo (un texto tan perturbador como enchido de tenrura en todas estas páxinas protagonizadas por voces femininas).
Vieiros confirma hoxe un ruxe-ruxe, que coñeciamos dende hai unhas semanas, sobre a intención do Goberno Galego de aprobar un decreto que estableza que a partir do vindeiro curso, coincidindo coa implantación dos novos currícula, serán impartidas en galego a metade das áreas da ESO. O Goberno Galego poñería así en marcha unha das medidas educativas fundamentais previstas no Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado en 2004. Ata agora na ESO, como mínimo, debían impartirse en galego as áreas de Xeografía e Historia e de Ciencias da Natureza (incluíndo a Bioloxía e Xeoloxía e a Física e Química), feito incumprido en grande número de centros como teñen denunciado de forma reiterada a Mesa pola Normalización Lingüística e como amosan de forma contundente as estatísticas das investigacións sociolingüísticas.
Hoxe presentamos Materia de Lucrecio, o poemario máis recente de Xabier Paz. Creo que este poemario materialista sorprenderá xa que fose de a mantenta de calquera asombro íntimo para propoñer ao lector unha indagación sobre o sentido da vida no cosmos e no universo. Tanto pola súa temática, como pola súa expresión prosaica e a súa intención explícita de abordar a literatura (a poesía neste caso) como unha forma de coñecemento é un poemario moi pouco ao uso no actual panorama da poesía galega. Lucrecio, o poeta romano autor de rerum natura, pretendía afondar na natureza das cousas, representando o cosmos como un conxunto fortuíto de átomos que se moven no baleiro; el foi o primeiro materialista ("Se existen deuses, estes no interveñen nos asuntos dos mortais" deixou escrito), Eis sobre esa materia de Lucrecio, Xavier Paz ofrece un poemario que nos ensina e nos interroga como a Teoría das Cordas.Marcadores: Autores, Poesía, Presentacións, Xerais