O Ourense de Marcos Valcárcel
 No artigo da semana, a raíz dos actos de onte en Ourense, fixen unha pequena homenaxe a Marcos Valcárcel.
No artigo da semana, a raíz dos actos de onte en Ourense, fixen unha pequena homenaxe a Marcos Valcárcel.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Eventos
Notas do traballo de edición
 No artigo da semana, a raíz dos actos de onte en Ourense, fixen unha pequena homenaxe a Marcos Valcárcel.
No artigo da semana, a raíz dos actos de onte en Ourense, fixen unha pequena homenaxe a Marcos Valcárcel.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Eventos
 Neste serán, antes da homenaxe, presentaremos Historia de Ourense, o libro máis recente de Marcos Valcárcel. Recomendo a magnífica reportaxe de Vieiros, as entrevistas de Soitu, La Región internacional e a anotación do propio Marcos no seu blog.  Todos con Marcos.
Neste serán, antes da homenaxe, presentaremos Historia de Ourense, o libro máis recente de Marcos Valcárcel. Recomendo a magnífica reportaxe de Vieiros, as entrevistas de Soitu, La Región internacional e a anotación do propio Marcos no seu blog.  Todos con Marcos. Na entrevista de Vieiros Rivas expresa hoxe con moita claridade unha preocupación que compartimos nestas brétemas sobre o enfoque actual da proxección da literatura galega. Esta frase é fulcral:
Na entrevista de Vieiros Rivas expresa hoxe con moita claridade unha preocupación que compartimos nestas brétemas sobre o enfoque actual da proxección da literatura galega. Esta frase é fulcral:Creo que o máis importante segue sendo tratar con respecto á literatura no propio país. Sería irreal esperar que os franceses, ou os fineses, ou os norteamericanos desen un trato destacado ás nosas obras se estas obras non teñen ese trato no propio país. Esa é a mellor maneira de proxectar a nosa literatura no exterior.Como ten, tamén, moita razón cando di:
Ti vas a Irlanda, ou a Islandia, e nos aeroporto xa podes atopar a súa literatura; aquí non sucede iso. En Galiza tampouco as obras galegas ocupan un lugar destacado nas bibliotecas, e nos medios de comunicación galegos a nosa literatura segue a ser algo exótico. Iso si, ás veces o coñecemento fóra dunha obra permite o seu redescubrimento no interior.Se non pulamos con todas as nosas forzas pola saúde do noso mercado interior do libro (na calidade dos seus produtos e no seu atractivo para o público), se non coidamos con agarimo as nosas bibliotecas pública e librarías culturais, se non visibilizamos a nosa produción nos medios de comunicación galegos, de pouco servirá a voluntariosa presenza de editores, autores e políticos da cultura en feiras do libro internacionais. Estou con Rivas, non hai mellor proxección exterior para a literatura galega que as maiores doses de respecto e de autoestima que consigamos para ela no propio país.
 O vindeiro 10 de decembro celebrarase no Auditorio do Centro Cultural Caixanova un acto cívico, con motivo do sesenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que se presentará o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz, coordinado polo recentemente desaparecido Xesús R. Jares.
O vindeiro 10 de decembro celebrarase no Auditorio do Centro Cultural Caixanova un acto cívico, con motivo do sesenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que se presentará o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz, coordinado polo recentemente desaparecido Xesús R. Jares.O acto, que será conducido por Manuel Romón, contará coa participación de Ánxela Bugallo (conselleira de Cultura e Deporte), Abel Caballero (alcalde de Vigo), Manuel Bragado (director de Xerais) e unha representación dos trinta narradores e poetas galegos que participan no volume de Literatura Galega pola Paz. Durante o acto dez alumnos e alumnas dos IES do Castro e de Teis de Vigo lerán o texto da Declaración e os profesores da Escola de Música Tradicional de Vigo, compoñentes da agrupación Son de seu, interpretarán diversas pezas. Este acto, ademais, constituirá a merecida e emotiva lembranza de Xesús R. Jares, fundador de Educadores pola Paz e promotor da triloxía Educación e Paz, editada por Xerais.
Este acto de conmemoración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e de presentación de Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz está organizado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo, por Educadores pola Paz de Nova Escola Galega e por Xerais, contando coa colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte e de Caixanova.
O cartel do acto, así como a portada do libro, foron deseñados por Ángel Cerviño.Marcadores: Dereitos_humanos, Eventos
Marcadores: Dereitos_humanos, Recurso_didáctico
 Onte vimos en Vigo a representación d' Unha primavera para Aldara, o primeiro texto dramático de Teresa Moure, gañador do Premio Rafael Dieste 2007. A adaptación de Xulio Lago e do elenco de formidables actrices da veterana compañía Teatro do Atlántico prendeunos  completamente durante dúas horas. A pesar da dificultade da posta en escea dun texto longo e complexo, alén das características da súa estrutura dramática e da ambientación pechada no espazo dun convento do século XV, a representación séguese con enorme facilidade, grazas á magnifica intepretación das actrices (especialmente de María Bouzas, expléndida no papel de Aldara, a revolucionaria abadesa) e á aposta polo fío narrativo realizada polo adaptador. O menos conseguido é o travestismo da irmandiña Nuna, con evidentes problemas de verosimilitude no teatro actual (aínda que non no isabelino, tradición á que pretende achegarse o magnífico texto de Moure). No entanto, explorando os límites do teatral e arriscando na ruptura das caracterterísticas do xénero (comedia ou traxedia?), esta adaptación de Teatro do Atlántico do alegato de Teresa a prol da liberdade individual das mulleres e do pacifismo na resolución dos conflitos non desmerece a calidade dun dos textos de literatura dramática máis interesantes dos publicados en galego nos últimos anos.
Onte vimos en Vigo a representación d' Unha primavera para Aldara, o primeiro texto dramático de Teresa Moure, gañador do Premio Rafael Dieste 2007. A adaptación de Xulio Lago e do elenco de formidables actrices da veterana compañía Teatro do Atlántico prendeunos  completamente durante dúas horas. A pesar da dificultade da posta en escea dun texto longo e complexo, alén das características da súa estrutura dramática e da ambientación pechada no espazo dun convento do século XV, a representación séguese con enorme facilidade, grazas á magnifica intepretación das actrices (especialmente de María Bouzas, expléndida no papel de Aldara, a revolucionaria abadesa) e á aposta polo fío narrativo realizada polo adaptador. O menos conseguido é o travestismo da irmandiña Nuna, con evidentes problemas de verosimilitude no teatro actual (aínda que non no isabelino, tradición á que pretende achegarse o magnífico texto de Moure). No entanto, explorando os límites do teatral e arriscando na ruptura das caracterterísticas do xénero (comedia ou traxedia?), esta adaptación de Teatro do Atlántico do alegato de Teresa a prol da liberdade individual das mulleres e do pacifismo na resolución dos conflitos non desmerece a calidade dun dos textos de literatura dramática máis interesantes dos publicados en galego nos últimos anos. No artigo da semana reclamo a coraxe das autoridades municipais para evitar que o edificio da Panificadora sexa derrubado tal como propón a iniciatica cidadá de Outro Vigo é Posible.
No artigo da semana reclamo a coraxe das autoridades municipais para evitar que o edificio da Panificadora sexa derrubado tal como propón a iniciatica cidadá de Outro Vigo é Posible.Marcadores: Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo
 Pareceume moi interesante a entrevista que Galicia hoxe publica con Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte. O que máis me chamou a atención é o escaso interese que se lle concede á cuestión do libro e a lectura nun amplo percorrido polos temas da axenda da consellaría de Cultura durante a lexislatura (Cidade da Cultura e a súa xestión, AGADIC, Plan Galego das Artes Escénicas, patrimonio...). Coa excepción dunha breve referencia ao plan de fomento da lectura e á presenza nas feiras de Frankfurt e Boloña  non atopamos, nin por parte da conselleira nin da persoa que a entrevista, ningunha outra alusión ao mundo da lectura e da creación literaria. A palabra «libro» tampouco aparece por ningures. Algunha vez os responsables actuais da consellaría de Cultura e Deporte deberán explicar cáles son as razóns desta omisión (consciente ou inconsciente, a verdade que non sei interpretala) do «pan da cultura» e do eixo que vertebra todas as políticas culturais das sociedades do noso entorno. Seguindo este mesmo fío, a ningún observador atento se lle puido escapar que este ano o Cultur.gal 2008 (organizado pola Consellaría de Cultura) perdeu na súa denominación o sintagma «libro» co que fora bautizado na súa primeira edición. Un detalle, quizais, insignificante, que nos deixa perplexos nunha comunidade que durante estes tres últimos anos non conseguiu abandonar os postos de cola en índices de lectura e dotación bibliotecaria.
Pareceume moi interesante a entrevista que Galicia hoxe publica con Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte. O que máis me chamou a atención é o escaso interese que se lle concede á cuestión do libro e a lectura nun amplo percorrido polos temas da axenda da consellaría de Cultura durante a lexislatura (Cidade da Cultura e a súa xestión, AGADIC, Plan Galego das Artes Escénicas, patrimonio...). Coa excepción dunha breve referencia ao plan de fomento da lectura e á presenza nas feiras de Frankfurt e Boloña  non atopamos, nin por parte da conselleira nin da persoa que a entrevista, ningunha outra alusión ao mundo da lectura e da creación literaria. A palabra «libro» tampouco aparece por ningures. Algunha vez os responsables actuais da consellaría de Cultura e Deporte deberán explicar cáles son as razóns desta omisión (consciente ou inconsciente, a verdade que non sei interpretala) do «pan da cultura» e do eixo que vertebra todas as políticas culturais das sociedades do noso entorno. Seguindo este mesmo fío, a ningún observador atento se lle puido escapar que este ano o Cultur.gal 2008 (organizado pola Consellaría de Cultura) perdeu na súa denominación o sintagma «libro» co que fora bautizado na súa primeira edición. Un detalle, quizais, insignificante, que nos deixa perplexos nunha comunidade que durante estes tres últimos anos non conseguiu abandonar os postos de cola en índices de lectura e dotación bibliotecaria.Marcadores: Cultura, Entrevistas
 Recollo de Michelena unha anotación moi útil sobre as características óptimas que para Gerry Purdy deberían ter os e-books para que se convertesen nos soportes de lectura preferidos polo 75% dos lectores e lectoras no espazo dos vindeiros dez anos. Un rápido resume dun texto moi prospectivo:
Recollo de Michelena unha anotación moi útil sobre as características óptimas que para Gerry Purdy deberían ter os e-books para que se convertesen nos soportes de lectura preferidos polo 75% dos lectores e lectoras no espazo dos vindeiros dez anos. Un rápido resume dun texto moi prospectivo:Marcadores: Libro_electrónico
Marcadores: Eventos
 «A lectura non é unha área máis, é a peza fundamental para aprender o resto das asginaturas», dixo Fernando Reimers, catedrático da Univeridade de Harvard, na lección que inaugurou a semana monográfica, organizada pola Fundación Santillana, «La lectura en la Sociedad de la Información». O profesorado de calquera das materias debe ler co seu alumnado, como unha das súas actividades docentes principais. Agradécese que autoridades académicas reivindiquen a importancia fulcral do ensino da lectura en todos os niveis educativos. Non abondan as ocasións para repetilo.
«A lectura non é unha área máis, é a peza fundamental para aprender o resto das asginaturas», dixo Fernando Reimers, catedrático da Univeridade de Harvard, na lección que inaugurou a semana monográfica, organizada pola Fundación Santillana, «La lectura en la Sociedad de la Información». O profesorado de calquera das materias debe ler co seu alumnado, como unha das súas actividades docentes principais. Agradécese que autoridades académicas reivindiquen a importancia fulcral do ensino da lectura en todos os niveis educativos. Non abondan as ocasións para repetilo.
     Múltiples compromisos de traballo impedíronme participar no Simposio organizado pola AGE sobre «O libro galego no mundo». Afortunadamente, as informacións aparecidas na rede axudáronme a seguir algunhas das intervencións. Considero sobranceira a achega de Arturo Casas, en boa parte recollida nesta anotación do seu blog. Un texto, para debullar amodiño, no que por vez primeira se presenta un completo programa de vinte medidas para acometer o proxecto nacional de presenza da literatura galega no exterior. Unha anotación para o arquivo, sobre a que volveremos.
Múltiples compromisos de traballo impedíronme participar no Simposio organizado pola AGE sobre «O libro galego no mundo». Afortunadamente, as informacións aparecidas na rede axudáronme a seguir algunhas das intervencións. Considero sobranceira a achega de Arturo Casas, en boa parte recollida nesta anotación do seu blog. Un texto, para debullar amodiño, no que por vez primeira se presenta un completo programa de vinte medidas para acometer o proxecto nacional de presenza da literatura galega no exterior. Unha anotación para o arquivo, sobre a que volveremos.Marcadores: Cultura
 MURALLA
MURALLAMarcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
Marcadores: Humor, Libro_electrónico, Tecnoloxías, Vídeos
 A pesar dos efectos da «crise financeira» da economía globalizada, a Feira do libro de Frankfurt continúa sendo a Babel da edición contemporánea e a máis importante cita mundial de todos os profesionais da industria editorial. As cifras desta 60ª edición, na que Turquía foi o país convidado, falan de seu: participaron máis dun centenar de países, sete mil expositores e mil autores (entre eles, Orhan Pamuk, o premio Nobel 2006); exhibíronse máis de 400.000 mil títulos; realizáronse 2.700 actos e foron máis de trescentos mil os visitantes que durante os cinco días da feira encheron os 172.000 metros cadrados dos seis pavillóns da «Buchmesse».
A pesar dos efectos da «crise financeira» da economía globalizada, a Feira do libro de Frankfurt continúa sendo a Babel da edición contemporánea e a máis importante cita mundial de todos os profesionais da industria editorial. As cifras desta 60ª edición, na que Turquía foi o país convidado, falan de seu: participaron máis dun centenar de países, sete mil expositores e mil autores (entre eles, Orhan Pamuk, o premio Nobel 2006); exhibíronse máis de 400.000 mil títulos; realizáronse 2.700 actos e foron máis de trescentos mil os visitantes que durante os cinco días da feira encheron os 172.000 metros cadrados dos seis pavillóns da «Buchmesse».Marcadores: Artigos_Protexta, Eventos, Libro, Tecnoloxías
 Acabamos de coñecer a primeira anotación de Batume, o blog aberto por Manuel Lourenzo González ao fío da publicación d' O xardín das pedras flotantes, premio Xerais de Novela 2008. Un moi prometedor blog literario. Beizóns e longa travesía!
Acabamos de coñecer a primeira anotación de Batume, o blog aberto por Manuel Lourenzo González ao fío da publicación d' O xardín das pedras flotantes, premio Xerais de Novela 2008. Un moi prometedor blog literario. Beizóns e longa travesía!Marcadores: Autores, Blogs_e_libros

 Unha moi boa noticia: haberá Congreso Álvarez Blázquez. Organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellaría de Cultura e o concello de Tui, celebrarase os días 11, 12 e 13 de decembro no Teatro Municipal de Tui. O programa semella excelente e completísimo. Alí estaremos coa causa de don Xosé María.
Unha moi boa noticia: haberá Congreso Álvarez Blázquez. Organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellaría de Cultura e o concello de Tui, celebrarase os días 11, 12 e 13 de decembro no Teatro Municipal de Tui. O programa semella excelente e completísimo. Alí estaremos coa causa de don Xosé María.Marcadores: 17_de_maio, Eventos
 A vida do outro de Carlos G. Reigosa é a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2008 dado a coñecer no día de hoxe. «Que me fixo a min a Transición?» é a pregunta que trata de responder, aos cincuenta e seis anos, o protagonista da obra, o director dun xornal madrileño (de orixe galega), cando despois de ter un amago de infarto se decata que non se coñece a si mesmo. Escrita toda ela en primeira persoa, A vida do outro é, en palabras do autor, «unha novela sobre o xornalismo e a vida». Carlos G. Reigosa, autor dunha longa obra narrativa e ensaística toda ela en galego publicada por Xerais, agarda estes días a publicación de Laxeiro por si mesmo, no que recupera a entrevista, aínda inédita, que lle fixera hai vinte anos ao xenial pintor de Botos. Case vinte e cinco anos despois de obter o primeiro Premio Xerais de Novela por Crime en Compostela, Reigosa recunca nun dos máis prestixiosos premios literarios das literaturas galega e castelán. Os nosos maiores parabéns para el.
A vida do outro de Carlos G. Reigosa é a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2008 dado a coñecer no día de hoxe. «Que me fixo a min a Transición?» é a pregunta que trata de responder, aos cincuenta e seis anos, o protagonista da obra, o director dun xornal madrileño (de orixe galega), cando despois de ter un amago de infarto se decata que non se coñece a si mesmo. Escrita toda ela en primeira persoa, A vida do outro é, en palabras do autor, «unha novela sobre o xornalismo e a vida». Carlos G. Reigosa, autor dunha longa obra narrativa e ensaística toda ela en galego publicada por Xerais, agarda estes días a publicación de Laxeiro por si mesmo, no que recupera a entrevista, aínda inédita, que lle fixera hai vinte anos ao xenial pintor de Botos. Case vinte e cinco anos despois de obter o primeiro Premio Xerais de Novela por Crime en Compostela, Reigosa recunca nun dos máis prestixiosos premios literarios das literaturas galega e castelán. Os nosos maiores parabéns para el.Aconsellamos escoitar a entrevista que hoxe lle fixeron no «Diario Cultural» da Radio Galega.
 A verdade é que poucas veces tivera a fortuna de quedar tan satisfeito da edición dun libro coma deste. En realidade o noso maior temor era malograr un texto literario e un traballo de ilustración valiosísimos, concibido coma unha síntese de lectura e relectura. Afortunadamente, xa imos coñecendo as primeiras lecturas, como esta marabilla de Pawley. O libro presentarémolo o vindeiro xoves, as 20:00 horas na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña.
A verdade é que poucas veces tivera a fortuna de quedar tan satisfeito da edición dun libro coma deste. En realidade o noso maior temor era malograr un texto literario e un traballo de ilustración valiosísimos, concibido coma unha síntese de lectura e relectura. Afortunadamente, xa imos coñecendo as primeiras lecturas, como esta marabilla de Pawley. O libro presentarémolo o vindeiro xoves, as 20:00 horas na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña.Marcadores: Críticas, Ilustración, Narrativa, Presentacións, Xerais
 Acabamos de coñecer a noticia do falecemento hoxe do académico Camilo Gonsar (Camilo González Suárez-Llanos), membro da xeración da «nova narrativa» e un dos escritores galegos máis elegantes e discretos que teño coñecido ao longo destes últimos anos. As nosas condolencias para os seus.
Acabamos de coñecer a noticia do falecemento hoxe do académico Camilo Gonsar (Camilo González Suárez-Llanos), membro da xeración da «nova narrativa» e un dos escritores galegos máis elegantes e discretos que teño coñecido ao longo destes últimos anos. As nosas condolencias para os seus.Marcadores: Autores, In memoriam
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo
 Pode adquirise en Amazon por 24,90 $.
Pode adquirise en Amazon por 24,90 $.Marcadores: Recurso_didáctico
Marcadores: Cultura
 Magnífico o blog do Diario Cultural da Radio Galega. Convertirase, como xa o é dende tanto tempo o seu programa diario, nun dos referentes da nosa información cultural. Os cortes das gravacións do arquivo do programa constitúen un recurso textual excelente. Beizóns para Ana Romaní e o seu equipo.
Magnífico o blog do Diario Cultural da Radio Galega. Convertirase, como xa o é dende tanto tempo o seu programa diario, nun dos referentes da nosa información cultural. Os cortes das gravacións do arquivo do programa constitúen un recurso textual excelente. Beizóns para Ana Romaní e o seu equipo.Marcadores: Blogs, Blogs_e_libros
 Esperanza é, tras a rotunda vitoria de Obama, a palabra clave do día de hoxe. É innegable que a campaña do demócrata, alicerzada nas ferramentas da comunicación dixital foi impresionante, como o é a súa forza oratoria nos momentos estelares capaz de chegar a emocionar. Mais o maior éxito de Obama está nas enormes doses de autoestima (ese «we can») e de xpectativas de cambio que xerou nos máis diversos sectores da cidadanía estadounidense, ata agora tan desesperanzada como rota polo soño imperial inacadable de Bush e pola súa enorme incompetencia. Obama, ata agora un xestor e activista de base, ten moitos retos por diante: xestionar dúas guerras que sabe que o seu país non pode gañar, restaurar o multilateralismo e acometer profundas reformas sociais (dende a reforma sanitaria á educativa). Sabemos que o seu maior inimigo é a ambigüidade calculada coa que se expresou sobre algúns destes temas. Porén, e a pesar destas dificultades obxectivas, son moitos millóns de persoas no mundo as que teñen esperanza en que o cambio tranquilo de rumbo que prometeu este primeiro líder mundial do século XXI se vaia producindo. Hoxe tamén o esperamos nós.
Esperanza é, tras a rotunda vitoria de Obama, a palabra clave do día de hoxe. É innegable que a campaña do demócrata, alicerzada nas ferramentas da comunicación dixital foi impresionante, como o é a súa forza oratoria nos momentos estelares capaz de chegar a emocionar. Mais o maior éxito de Obama está nas enormes doses de autoestima (ese «we can») e de xpectativas de cambio que xerou nos máis diversos sectores da cidadanía estadounidense, ata agora tan desesperanzada como rota polo soño imperial inacadable de Bush e pola súa enorme incompetencia. Obama, ata agora un xestor e activista de base, ten moitos retos por diante: xestionar dúas guerras que sabe que o seu país non pode gañar, restaurar o multilateralismo e acometer profundas reformas sociais (dende a reforma sanitaria á educativa). Sabemos que o seu maior inimigo é a ambigüidade calculada coa que se expresou sobre algúns destes temas. Porén, e a pesar destas dificultades obxectivas, son moitos millóns de persoas no mundo as que teñen esperanza en que o cambio tranquilo de rumbo que prometeu este primeiro líder mundial do século XXI se vaia producindo. Hoxe tamén o esperamos nós.Marcadores: Política
 Unha comisión organizadora, radicada en Ourense, está a preparar unha merecidísima cea homenaxe ao noso amigo Marcos Valcárcel, que se celebrará o sábado 29 de novembro, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel de Ourense. Con anterioridade, o mesmo día, ás 19:00 horas realizarase nas instalacións do Liceo de Ourense, a presentación do seu libro Historia de Ourense. As persoas interesadas en asistir á cea homenaxe non dubidedes en escribir a este correo electrónico: homenaxeamarcos@gmail.com
Unha comisión organizadora, radicada en Ourense, está a preparar unha merecidísima cea homenaxe ao noso amigo Marcos Valcárcel, que se celebrará o sábado 29 de novembro, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel de Ourense. Con anterioridade, o mesmo día, ás 19:00 horas realizarase nas instalacións do Liceo de Ourense, a presentación do seu libro Historia de Ourense. As persoas interesadas en asistir á cea homenaxe non dubidedes en escribir a este correo electrónico: homenaxeamarcos@gmail.com
    La acción «leer» forma parte de diferentes disciplinas donde creo que entran desde los gestores culturales hasta los economistas de la cultura, desde los mediadores a los políticos, desde los autores a los diseñadores gráficos, desde los abuelos a los bebés.
Leer es un proyecto social común donde todas las voces aportan nuevas miradas.
Internet es un medio lleno de lectores y vacío de libros, y hay que ver cómo lo llenamos.
Porque leemos y pensamos sabemos que la vida, la historia de nuestras vidas, es un fluir continuo de cambio y de renovación, pero siempre desde el conocimiento del pasado. Y todo eso requiere lecturas y requiere pensamiento. Y eso requiere tiempo. Tiempo para intercambiar ideas y nuevas lecturas, tiempo para proyectar el futuro, tiempo para escuchar lo que dicen otros, tiempo para construir los propios discursos y compartirlos, discutirlos con otros. Y paciencia para ser conscientes que los cambios son lentos: pura lluvia fina que no eres consciente de que cae pero que con el paso del tiempo descubres que te ha mojado.
En el siglo XXI, enseñar a leer y a pensar tiene sentido: es propio del ser humano.
Creo que leer, pensar y sentir son los pilares de una buena vida. Y cuando hablo de leer lo hago en el sentido más plural del verbo.
Marcadores: Lectura, Literatura infantil e xuvenil
 Jaureguízar revela hoxe un dos nosos segredos: a paixón que comparto con Agustín polos Soprano. Nos últimos meses papei as seis tempadas completas e os oito derradeiros capítulos con auténtica devoción.  Algúns capítulos son memorables. Un modelo de narración moi sutil. Recoméndoos, a pesar do seu carácter aditivo.
Jaureguízar revela hoxe un dos nosos segredos: a paixón que comparto con Agustín polos Soprano. Nos últimos meses papei as seis tempadas completas e os oito derradeiros capítulos con auténtica devoción.  Algúns capítulos son memorables. Un modelo de narración moi sutil. Recoméndoos, a pesar do seu carácter aditivo.Marcadores: Persoal, Televisión
 O CELTA MÁIS GALEGO
O CELTA MÁIS GALEGOMarcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
Marcadores: Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos
 No artigo da semana falo do «Día de mortos»mexicano, efeméride que coincide coas nosas de Santos e Defuntos ou do Samaín.
No artigo da semana falo do «Día de mortos»mexicano, efeméride que coincide coas nosas de Santos e Defuntos ou do Samaín.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Festas, Recurso_didáctico, Vídeos
También en los premios Nacionales de Literatura que otorga el Ministerio de Cultura parte el bacalao la cuota nacionalista. Asombroso, dada la distancia abismal entre el número de libros publicados al año en castellano y los editados en las otras lenguas de España. Viene esto a cuento de lo sucedido la semana pasada: un libro en gallego (O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz), se alzó con el premio Nacional de Literatura Infantil, y otro en gallego, sólo en gallego (De provincia a nación. Historia do Galeguismo político, de Justo Beramendi), con el Nacional de Ensayo. Me pregunto cuántos de los miembros o miembras del jurado lo habrán leído, aunque lo extraño es que esto no pase con más frecuencia. La clave, lo digo por experiencia, es la composición del jurado. Los catalanes votan siempre a los catalanes, los vascos a los vascos y los gallegos a los gallegos. De inicio, jamás a un autor en castellano. Y a medida que en cada ronda es eliminado un autor “autonómico”, los jurados votan al “periférico” que va quedando. Siempre, todos los años lo mismo. Y cuando los “periféricos” son mayoría, gana el que quieren.
 Rafael López Loureiro, o primeiro estudoso e animador do Samaín galego, envíame o programa de actividades do Samaín de Cedeira que ven animando de forma ininterrumpida dende hai dezaoito anos. A festa comezará esta tarde de sábado, ás cinco da tarde coa recollida de melóns  para irse apuntando ao Concurso Exposición de caveiras. Tamén haberá unha llinkana , un Obradoiro de Maqueado, a cargo da actriz e directora de teatro Fusa Guillén e Merendola de Outono, con bola de azucre e requeixo, outros dous clásicos da festa. No lus con fus, a iso das oito e media, máis ou menos, sairá a Pasarrúas das Pantasmas que con todas as luces da vilavella apagadas fará o tradicional percorrido polas calellas e currunchos máis agachados para ao seu remate facer a  Entrega de Premios do Concurso Exposición, non quedando xa senon darnos entre todos o De Hoxe nun Ano e preguntarnos: ¿Qué hai na plaza? e contestarnos: Papel de estraza!  e así concluírmos: Cada un que se retire pra a súa casa. Beizóns, Rafa!
Rafael López Loureiro, o primeiro estudoso e animador do Samaín galego, envíame o programa de actividades do Samaín de Cedeira que ven animando de forma ininterrumpida dende hai dezaoito anos. A festa comezará esta tarde de sábado, ás cinco da tarde coa recollida de melóns  para irse apuntando ao Concurso Exposición de caveiras. Tamén haberá unha llinkana , un Obradoiro de Maqueado, a cargo da actriz e directora de teatro Fusa Guillén e Merendola de Outono, con bola de azucre e requeixo, outros dous clásicos da festa. No lus con fus, a iso das oito e media, máis ou menos, sairá a Pasarrúas das Pantasmas que con todas as luces da vilavella apagadas fará o tradicional percorrido polas calellas e currunchos máis agachados para ao seu remate facer a  Entrega de Premios do Concurso Exposición, non quedando xa senon darnos entre todos o De Hoxe nun Ano e preguntarnos: ¿Qué hai na plaza? e contestarnos: Papel de estraza!  e así concluírmos: Cada un que se retire pra a súa casa. Beizóns, Rafa!Marcadores: Efemérides, Festas, Recurso_didáctico