Lembranza de don Antón Patiño
 Durante máis de corenta anos, don Antón Patiño Regueira, coa inestimable axuda da súa compañeira Sinda, fixo de Librouro, a libraría da rúa Eduardo Iglesias, un referente inescusable para o libro galego en Vigo. Nos tempos da ditadura, podían adquirirse alí, baixo man e coas debidas precaucións, algún dos títulos máis emblemáticos editados polo galeguismo do exilio; foi este caso daquela edición de peto de Sempre en Galiza, a cuarta (1974), que el persoalmente solicitou imprimise Ediciós Galiza do Centro Gallego de Buenos Aires, e que para moitos de nós foi a primeira que lemos. Como presidente da Agrupación de libreiros fundou, hai máis de vinte e cinco anos, a Feira do Libro de Vigo, sendo animador primeiro das súas actividades na Praza de Compostela. Foi tamén, pioneiro en Galicia do estudo dos fungos, fundador da Federación Galega de Micoloxía e da Agrupación Micolóxica “A Zarrota”, entidades desde as que como teimoso argalleiro promoveu múltiples actividades de difusión da cultura dos cogomelos no país de noso. Tamén sabiamos da súa amizade con trasnos e meigas, compostores e manciñeiros, da súa capacidade versificadora retranqueira de auténtico bardo popular, do seu interese pola figura de Filomena Arias Armesto (posiblemente a curandeira galega máis importante) ou da súa habelencia para tallar empuñaduras de caxatos que prepara coas varas de bimbieira que apaña nas súas longas camiñadas polas terras de Lemos onde naceron os seus fillos.
Durante máis de corenta anos, don Antón Patiño Regueira, coa inestimable axuda da súa compañeira Sinda, fixo de Librouro, a libraría da rúa Eduardo Iglesias, un referente inescusable para o libro galego en Vigo. Nos tempos da ditadura, podían adquirirse alí, baixo man e coas debidas precaucións, algún dos títulos máis emblemáticos editados polo galeguismo do exilio; foi este caso daquela edición de peto de Sempre en Galiza, a cuarta (1974), que el persoalmente solicitou imprimise Ediciós Galiza do Centro Gallego de Buenos Aires, e que para moitos de nós foi a primeira que lemos. Como presidente da Agrupación de libreiros fundou, hai máis de vinte e cinco anos, a Feira do Libro de Vigo, sendo animador primeiro das súas actividades na Praza de Compostela. Foi tamén, pioneiro en Galicia do estudo dos fungos, fundador da Federación Galega de Micoloxía e da Agrupación Micolóxica “A Zarrota”, entidades desde as que como teimoso argalleiro promoveu múltiples actividades de difusión da cultura dos cogomelos no país de noso. Tamén sabiamos da súa amizade con trasnos e meigas, compostores e manciñeiros, da súa capacidade versificadora retranqueira de auténtico bardo popular, do seu interese pola figura de Filomena Arias Armesto (posiblemente a curandeira galega máis importante) ou da súa habelencia para tallar empuñaduras de caxatos que prepara coas varas de bimbieira que apaña nas súas longas camiñadas polas terras de Lemos onde naceron os seus fillos. Polo libro desfilan acontecementos terribles. Comeza cunha carta a Manolo Seoane Díaz, o seu amigo violinista, fusilado no Campo da Rata. Continúa coa historia da Peineta, a pescantina á que lle pasearon ao seu fillo, Holando, no areal de Bastiagueiro. Rememora os asasinatos de Arturo Meirás, escritor anarquista e campión de Galicia dos pesos lixeiros, e José Antonio Boedo, o sindicalista da CNT e pai de Pucho Boedo, o famoso “crooner” galego dos Tamara. Os acontecementos do Portiño de 1937 son relatados nas páxinas do libro de Patiño con enorme emoción: douscentos republicanos intentaban salvar a vida e fuxir cara a Francia en tres bous da casa Chas, posibilidade que impediu unha delación; “ángel de la guardia” era o contrasinal dos fuxidos, triste paradoxo para os que inertes fuxían polos cantís, indefensos entre o mar e os fusís dos sublevados; algúns morreron alí mesmo, outros foron presos e fusilados días despois no Campo da Rata, ao pé da Torre de Hércules…
Polo libro desfilan acontecementos terribles. Comeza cunha carta a Manolo Seoane Díaz, o seu amigo violinista, fusilado no Campo da Rata. Continúa coa historia da Peineta, a pescantina á que lle pasearon ao seu fillo, Holando, no areal de Bastiagueiro. Rememora os asasinatos de Arturo Meirás, escritor anarquista e campión de Galicia dos pesos lixeiros, e José Antonio Boedo, o sindicalista da CNT e pai de Pucho Boedo, o famoso “crooner” galego dos Tamara. Os acontecementos do Portiño de 1937 son relatados nas páxinas do libro de Patiño con enorme emoción: douscentos republicanos intentaban salvar a vida e fuxir cara a Francia en tres bous da casa Chas, posibilidade que impediu unha delación; “ángel de la guardia” era o contrasinal dos fuxidos, triste paradoxo para os que inertes fuxían polos cantís, indefensos entre o mar e os fusís dos sublevados; algúns morreron alí mesmo, outros foron presos e fusilados días despois no Campo da Rata, ao pé da Torre de Hércules…Camiño xa dos trinta anos da caída da ditadura franquista, non hai que ter medo a volver a mirada cara ao que sucedeu no dramático trinta e seis, porque a desmemoria é o peor virus que podemos inocular no noso futuro. Recuperar –como fixo don Antón, a quen hoxe se recorda na Coruña– a memoria daqueles días é tan importante coma sementar roseiras, xeranios vermellos, alelís brancos, begonias e margaridas. Beizóns, don Antón, por chantarnos para o futuro a súa memoria de ferro.
Marcadores: In memoriam














































