Dotación para bibliotecas escolares
Marcadores: Bibliotecas
Notas do traballo de edición
Marcadores: Bibliotecas
O de torredebabel é o post máis interesante dos que lin hoxe. Descoñecía esta lista de compromisos asumidos e divulgados por compatriotas de todo o mundo (e dos que aquí deberíamos tomar boa nota):1.Considerarei Galicia como a miña Patria.
2. Proclamarei en público e en privado que son galego/a.
3. Considerarei a todos os galegos como tales, con independencia de que vivan ou non en Galicia, e naceran onde naceran.
4. Se coñezo o idioma galego aproveitarei sempre que poida para o practicar e esforzareime en perfeccionalo escribindo, falando, lendo e escoitando. Se non o coñezo, farei todo o posible por o aprender e o utilizar, sen ter vergonza por non o dominar.
5. Trasmitirei aos meus fillos e netos o orgullo de ser galegos.
6. Procurarei poñerlles nomes galegos aos meus fillos.
7. Se teño un apelido castelanizado trocareino pola súa auténtica forma galega.
8. Utilizarei sempre os nomes galegos das provincias, cidades, vilas, parroquias ou aldeas de Galicia, especialmente os daquelas onde teño as miñas orixes. 1
9. Estudarei e darei a coñecer a historia de Galicia.
10. Cultivarei as receitas de cociña galega aprendidas da miña familia e outras que aprenda a través do estudo da gastronomía galega e difundirei as súas virtudes entre os meus achegados.
11. Preservarei as tradicións galegas practicándoas e promocionándoas no meu entorno.
12. Celebrarei todos os anos a festa da Patria Galega do 25 de xullo.
13. Sempre terei á vista na miña casa algún elemento decorativo que fale de Galicia: un cadro, fotografía, bandeira, adorno, figura, etc.
14. Consumirei preferentemente produtos galegos.
15. Contribuirei na medida que poida a un mellor futuro para Galicia e para todos os galegos, onde queira que vivan.
16. Defenderei o nome de Galicia e dos galegos ante calquera insulto, difamación ou mofa.
17. Renegarei de quen aldraxe ou perxudique a Galicia e aos galegos, procurando defendelos con todas as miñas forzas; manifestarei publicamente a miña disconformidade con calquera lei ou medida que perxudique a Galicia, aos galegos ou á súa identidade; e apoiarei as iniciativas políticas honestas que procuren o ben para Galicia.
18. Difundirei polo mundo o nome de Galicia, explicando o que é, ónde está e quén son os galegos, amosando o orgullo da nosa cultura, idioma e historia.
19. Apoiarei ás organizacións que traballen por conservar a cultura e identidade galegas no exterior, coa miña participación como socio/a ou traballando dalgún outro xeito ao meu alcance a prol delas.
20. Contribuirei, na medida das miñas posibilidades, a soster os gastos destas e ao seu bo goberno. Farei sempre por unir aos galegos do todo o mundo e nunca por os dividir.
Marcadores: Blogs

Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade
É unha mágoa que a candidatura non pasase pola peneira da Unesco. Porén, o importante non é o resultado acadado e si, pola contra, o modélico do proceso, o vivido e aprendido polos milleiros de participantes na promoción da candidatura. Ese traballo constante, aloumiñado no berce da escola, que conseguiu ir contaxiando na autoestima e no entusiasmo, non sen resistencias e dificultades, a unha parte significativa da sociedade galega, tamén é un patrimonio marabilloso e unha obra mestra a potenciar. Os promotores da candidatura ofreceron ao longo destes catro anos un modelo de traballo cultural e educativo en man común que debería ser recoñecido e agradecido no moito que vale para o conxunto da sociedade. É de estrita xustiza premiar o traballo realizado durante dúas décadas por Ponte nas Ondas. O goberno galego debería facelo decontado e coa repercusión que merece labor tan destacado.Marcadores: Cultura
Despois da entrevista da tarde de onte coa Conselleira de Educuación e da reunión da comisión da Mesa polo Libro da mañá de hoxe, onde abordamos os criterios de modificación do texto do plan da lectura, non teño dúbida do certeiro da análise de Rogelio Blanco: en Galicia tamén padecemos a doenza da indixestión editorial e da indixencia lectora (grazas, Juan polo oportuno enlace).Marcadores: Lectura
Marcadores: Política
Marcadores: Edición
Mª Victoria Moreno Márquez faleceu hoxe pola mañá en Pontevedra, vítima dunha enfermidade que a acompañou nestes últimos anos e finalmente venceuna.
Nada en Valencia de Alcántara (Cáceres) en 1941, a Licenciatura en Filoloxía Románica tróuxoa para Galiza, onde desde 1963 ata a súa xubilación exerceu o maxisterio en institutos de Lugo e Pontevedra. A súa condición de Catedrática de Lingua e Literatura Española converteuse nunha condición funcionarial que lle permitiu espallar os seus extraordinarios coñecementos literarios e contaxiar a súa radical sensibilidade ante e a paixón de vivir a milleiros de alumnos e alumnas. Foi unha Mestra.
Logo de estudar o bacharelato en Barcelona e Filosofía e Letras (Sección de Filoloxía Románica) en Madrid, a súa chegada a Pontevedra como profesora do daquela Instituto Feminino fixo posible a súa integración na cultura galega. Aínda que comezou a súa traxectoria de escritora en castelán, axiña se integrou na nosa literatura en 1973 con dous libros que forman parte da nosa historia literaria imprescindible. Se a publicación de “Os novísimos da Poesía Galega” abriu as portas do verso novo en tempos de miseria á sociedade galega, desde a solidariedade co “home concreto” naquel “instante concreto” da Ditadura, a edición de “Mar adiante” constituíu un acontecemento no baleiro da literatura infantil-xuvenil galega. A súa dedicación á nosa cultura (desde os cursiños de Lingua Galega á marxe da oficialidade, en plena Ditadura, ata o seu labor de crítica, tradutora e pioneira da literatura infantil-xuvenil) converteuse nunha identificación co país e as súas xentes que mantivo ao longo da súa vida. Solidariedade e compromiso ideolóxico, literatura de elevado valor estético e ético para lectores e lectoras novos, sensibilidade ante a natureza viva e amor polos animais foron os eixos dunha traxectoria literaria e vital que deixou fonda pegada na nosa cultura.
Libros como “Anagnórise” (un dos máis vendidos pola nosa industria editorial), “Leonardo e os fontaneiros” ou “Guedellas de seda e liño” (o seu “testamento literario”) son referentes imprescindibles da nosa literatura sen idade. Ademais, en 2004 recolleu a súa batalla contra o enferma de cancro de mama en “Diario da luz e da sombra” (Xerais, 2004). O seu derradeiro libro, “Eu conto, ti cantas...” (Col. Merlín, Eds. Xerais, 2005) recompila tres contos de animais escritos en verso. A poesía maxistral, a solidariedade, o valor da amizade, o amor polos animais e o canto á paixón de vivir aparecen xuntos así na súa última e gran lección: “Eu son moi feliz dándolles de comer e aprendéndolles cousas aos cachorros. Aos nenos hai que darlles sempre o mellor. Por suposto, tamén na literatura”.
Foise a amante do silencio, pero a súa voz queda nos seus libros. E con ela a súa lección de vida, convertida nun “vento que canta cancións eternas sobre un mundo angustiosamente finito”. É a fermosa voz da Mestra.
Marcadores: In memoriam, Literatura infantil e xuvenil
Namorada de outonos e solpores,
peregrina nas gándaras da vida,
buscaches no tremor da atardecida
fragrancias vellas de ilusións e amores.
Sorriron para ti todas as flores,
fíxose a luz roibén na túa ferida
e, por nidios ronseis, a alma durmida
foi desde o abismo ós altos miradores.
Inefables paisaxes de harmonía
abríronse ante ti coma agasallo
en volutas de lúa opalescente.
Desposaron en lene melodía
os pétalos da luz, a paz do orballo
e o teu corpo, xa lirio evanescente.
MARÍA VICTORIA MORENO, 2004
Marcadores: Poesía
Ás nove e media desta mañá María Victoria despediuse para sempre. Aloumiñada pola súa filla Begoña e polo seu compañeiro Pedro, con quen formaba dende hai varios anos a inseparable Sociedade Literaria Olmo, a grande escritora pontevedresa deu cabo ao valente combate que librou dende hai máis de cinco anos coa "pupa cabrona", como ela chamaba a ese cancro que finalmente lle arrebatou a vida.Marcadores: In memoriam
A verdade é que a viaxe destes días atrás pagou a pena. Os voos nun paxariño magníficos, a experiencia do TGV satisfactoria (trescentos quilómetros en hora e media), a cidade xeitosa (encrucillada das Europas do norte e do sur), os viños excelentes, os amigos entrañables, as conversas intelixentes e o frío horroroso (ata -5º). Porén, o coloquio foi tan intensivo (como eu agardaba, dun acto académico organizado en Francia) como decepcionantes os enfoques dalgunhas das ponencias.Marcadores: Cidades
No artigo da semana reflexiono sobre os problemas municipais en Vigo despois de finalizada a saída da Volvo e as razóns da chamada estratexia 2005 de Corina Porro.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo
EMOCIÓN E BELEZAMarcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
Marcadores: Eventos
O noso amigo Txetxu participa en Tökland, a revista audiovisual de fomento da lectura creada (ou videorrevista en Internet) por Pensódromo. Os promotores prometen traballar sobre unidades temáticas independentes de curta duración: "Nos gusta hablar de destellos. Centramos nuestro trabajo en llamar la atención sobre determinadas cuestiones: Lanzaderas hacia la fuente del contenido, hacia sus personajes; Pues son ellos los que interesan."Marcadores: Blogs
A Asociación Galega de Editores convocou hoxe os Premios da Edición 2005 que serán dados a coñecer na primeira Noite da Edición (o vindeiro 17 de decembro). Os premios contarán con cinco modalidades:Marcadores: Premios
Marcadores: Edición
Marcadores: Asociacionismo
A presentación da edición ilustrada de Con pólvora e magnolias (o público ateigou coqueto salón de Caixa Galicia) serviu para que Ferrín desvelase nunha intervención preciosa algúns pequenos segredos da primeira edición, aparecida baixo o selo do Grupo de Comunicación Poética Rompente.Marcadores: Autores, Edición, Historia, Poesía, Presentacións
Presentamos en Compostela a edición ilustrada por Sucasas de Con pólvora e magnolias. Estades convidados.Marcadores: Poesía, Presentacións
Nin sequera unha mención na web dos editores galegos, uns editores demasiado concentrados nas súas pretensións de que as institucións públicas lles baleiren os almacéns dos excedentes rexeitados polo público, demasiado compracidos coa compaixón allea, e tamén propia, que esperta esa perenne situación de crise que atravesa o sector, como para poñerse a discorrer en novas liñas de negocio ou buscar unha formulación global para solucionar o problema.Palabras, sen dúbida, moi ferintes para o colectivo de editores galegos que desde o traballo rigoroso e honesto procuramos atopar novos camiños para o noso sector. Mágoa que Moisés non confrontase as súas iniciativas e propostas coas doutros editores e participantes nos debates que se produciron no Simposio e que continuaron na rede. Nun ambiente de respecto e confrontación sincera de posicións algo quedou moi claro: todos desbotamos sen excepción calquera posición vitimista ou compracente sobre o noso oficio e o noso futuro. Desta volta, Moisés errou o tiro, ben que o sinto.
A partir do post de urxencia que publiquei sobre a comparecencia no Parlamento do director da CRTVG preparei o artigo da semana sobre o futuro da TVG e a Radio Galega.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Televisión
Cóntao folerpa nun texto extraordinario de lectura imprescindible. Son profesor de Educación Infantil (a verdade é que hai quince anos que estou excedente, e, dende entón, moito mudou) e, porén, non me entra na cabeza. Ese picariño ten un problema grave, que require outro tipo de axuda. Que vai ser de el no futuro? Síntome tan triste e avergonzado coma expresa Folerpa e todos os amigos que comentan o post.Marcadores: Educación
Marcadores: Tecnoloxías
Vía Rogerio coñecín o power point que José Luis Orihuela (autor de blogomía) presentou no 2º Encontro de weblogs de Covilha. Paga a pena (mágoa do tamaño reducido das imaxes). Útil para aqueles que queiran seguir falando de blos.Marcadores: Blogs
Débolle ao amigo Xulio Ríos un encontro intenso de dúas horas desta noitiña con frei Betto, un intelectual brasileiro con grande presenza internacional. Este dominicio foi durante dous anos asesor de Lula no programa Fame Cero. Escritor incesante (ten 53 libros publicados), conferenciante por todo o mundo, articulista (oito textos semanais), director durante vinte anos da revista América Libre, ensaísta, novelista, especialista en nutrición e gastronomía, posúe unha mirada que deita esperanza sobre un mundo que semella esgazarse. "No Río e no Sao Paulo hai dous millóns e medio de mozos entre os catorce os vinte anos que non remataron o ensino primario. Eles son a maioría dos que morren atacados e dos que atacan", afirmaba cando falabamos da vida cotián na Rocinha (onde viven catro centas mil persoas) ou en Santa Marta, onde non existe o estado e ten outros donos.Marcadores: Blogs
Hoxe ao mediodía recibín na editorial a visita do meu benquerido profesor. Regresou onte de Lúa de Avellaneda, onde durante a semana pasada, como comentamos no Simposio cando preguntaron por el, estivo dando varias conferencias, entre elas, unha no mítico café da Avenida de Mayo. Marcadores: Tecnoloxías
Marcadores: Televisión
Os amigos d' A Nosa Terra pídenme unha proposta de convocatoria da selección galega para o primeiro partido con Uruguay. Velaí a miña listaxe de xogadores con ficha de Primeira e Segunda A nesta tempada:Marcadores: Fútbol
Barreiro sinalou algúns dos elementos que neste eido pode achegar á cultura da rede:
Marcadores: Edición, Literacidade
Marcadores: Tecnoloxías
ALUSTROS MÁXICOSMarcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
Certamente no Simposio non se abordou a cuestión do papel electrónico. Óscar González proporcionounos informacións sobre esta cuestión: o proxecto que o MIT leva desenvolvendo dende hai seis anos e a presentación dun lector de Sony e Philips na páxina de E-Ink que avala a tese de que o papel de celulosa pode ser substituído no futuro polo papel electrónico. Obigado, amigo Óscar González. Máis datos para a reflexión.Marcadores: Tecnoloxías
Marcadores: Cultura
A intervención na Mesa dos blos da nosa admirada María merece comentario á parte xa que tivo a deferencia de anunciar a primicia mundial da creación de Edicións da Rotonda. María presentou a súa iniciativa como a dunha editora virtual, unha plataforma na rede desde a que lanzar todo tipo de produtos culturais. Presentou o seu primeiro produto, a novela de Carlos G. Meixide, O home inédito, disposta para ser descargada de forma gratuita (supoñemos que proximamente) da rede baixo unha licenza Creative Commons. Amosou a portada e o texto da obra, así como a páxina promocional da novela que contará cun blo, información sobre o autor, sinopse da obra, personaxes, making of, comentarios críticos... (os editores de papel presentes tomamos nota coma tolos dun modelo moi atractivo inexistente na edición galega).Marcadores: Editores
A Mesa "Os blos e a creación cultural" foi a mellor de todo o Simposio. Durante dúas horas ben medidas houbo información, debate e unha preciosa sorpresa final. Non se pode pedir máis. Algúns dos datos proporcionados non poden ser esquecidos: en galego publícanse 50.000 post cada ano cunha audiencia de millóns de visitantes, e a pesar de contar só con 300 blos (aínda somos pouquiños).Marcadores: Literacidade
A Mesa sobre "A presenza do libro galego na Internet" proporcionou máis información ca debate entre os participantes sobre o estado da cuestión. Malia esa carencia, creo que foi moi indicativa das orientacións existentes sobre a cuestión.Marcadores: Edición
Marcadores: Tecnoloxías
Marcadores: Edición
Marcadores: Edición
O profesor Rogerio Santos ofreceu unha documentadísima conferencia, no inicio da segunda xornada do Simposio, sobre o impacto das Novas Tecnoloxías sobre as Industrias Culturais. Foi moi de agradecer que Rogerio analizase o concepto de Industria Cultural, a partir do concepto acuñado por Adorno ("a mercantilización da cultura, a través do desenvolvemento tecnolóxico") e os seguidores da Escola de Frankfurt, establecendo unha distinción moi oportuna entre os conceptos de "mercadoría cultural" e "cultura de fluxo", tamén acuñados por Zallo, como "edición discontinua" e "difusión continua". Na miña opinión, tamén, foron relevantes as súas análises sobre os diferentes modelos empresarias das industrias culturais (e o impacto das fusións sobre o emprego), os conceptos de "cadea de valor" e de "Industrias Creativas" e a súa contribución ao PIB (4% en España, 10% no Reino Unido), ou da diferenza entre orixinal e copia.Marcadores: Edición
Marcadores: Literacidade
Mañá comezará o Simposium sobre "O libro e as novas tecnoloxías" coas agardadas conferencias de Millán, Badiá e Barandiarán, e os debates sobre o futuro da edición e a snovas tecnoloxías e sobre a edición en lingua galega e as súas aplicacións educativas.
Avenida Castellana, 31 de outubro de 2005Marcadores: Política
Onte, despois dunha longa paseata pola Castellana e de xantar nun restaurante hindú (El séptimo cielo), fomos ver Broken Flowers (Flores rotas) en versión orixinal, obrigado pawley pola magnífica recomendación. Gustounos. Este é un exercicio soberbio de narración sutil e minimalista que amodiño vai prendendo no espectador con enorme profundidade ata deixalo rendido. Tras a a aparencia de comedia, Jim Jarmusch ofrece un drama sobre a fasquía actual da soidade e sobre a interrelacións das persoas entre elas e co mundo. O director independente norteamericano non ofrece certezas nin consellos morais. "O pasado foise, o futuro non está aquí e non o podo controlar, así que supoño que o hoxe é o único que existe", afirma Don (o protagonista interpretado de forma maxistral por Bill Murray, que enche coa súa presenza imponente e a súa mirada de irónica tristeza toda a pantalla), ao remate dunha obra que queda aberta para a reflexión do espectador. Ese chisco de amargura agradécese no cinema de hoxe, xeralmente tan complaciente como insubstancioso. Recoméndoa.Marcadores: Cine