Letras Galegas 2008
 Presentamos a nosa oferta editorial do ano de don Xosé María Álvarez Blázquez.
Presentamos a nosa oferta editorial do ano de don Xosé María Álvarez Blázquez.O retrato é do pintor e ilustrador Manuel Uhía.
Marcadores: 17_de_maio, Novidades, Xerais
Notas do traballo de edición
 Presentamos a nosa oferta editorial do ano de don Xosé María Álvarez Blázquez.
Presentamos a nosa oferta editorial do ano de don Xosé María Álvarez Blázquez.Marcadores: 17_de_maio, Novidades, Xerais
 Xavier Alcalá é dos primeiros autores galegos que propón unha reflexión pública sobre a utilidade dos libros sen papel. Alcalá, como tecnólogo que é expresa a súa posición, con prudencia, mais sen deixar lugar a moitas dúbidas:
Xavier Alcalá é dos primeiros autores galegos que propón unha reflexión pública sobre a utilidade dos libros sen papel. Alcalá, como tecnólogo que é expresa a súa posición, con prudencia, mais sen deixar lugar a moitas dúbidas:"O libro sen papel está na rúa, conectado sen fíos á rede de redes, e capacitado para almacenar moreas de textos que se len comodamente pasando páxina ao premer un botón. Polo momento estes libros «electrónicos» non son baratos, pero a curva de aprendizaxe vainos converter nunha vulgaridade coma a dos teléfonos móbiles."
Marcadores: Libro, Literacidade, Tecnoloxías
"No estoy seguro de que sea una buena idea depositar la mayor parte de las energías editoriales en ediciones de bolsillo. Al menos no en aquellas que, más allá del saludable abaratamiento del precio, le ofrecen al lector un objeto mal encuadernado, incómodamente impreso y no demasiado legible. Si se tratase sólo de ahorro de materiales y bajada de costes, entonces el libro digital llevaría las de ganar. Por supuesto, que los libros tengan un precio razonable y accesible para el comprador medio es algo sin duda positivo. Pero el atractivo de un libro impreso está también en la experiencia material de su disfrute y posesión. Por eso, aunque parezca contradictorio, simplificar la edición impresa hasta obtener un objeto tan barato como rudimentario, podría llegar a ser contraproducente: la función específica (estética, simbólica, sensorial) del objeto libro quedaría en entredicho. Si yo fuera editor, apostaría por subrayar el carácter de belleza física, de pequeña obra de arte, de objeto palpable, asible y deseante que tiene todo buen libro impreso. Además de seres digitalizados, seguimos siendo seres con dedos."
Marcadores: Libro, Literacidade
 Esta noticia de Máis Alá éncheme de ledicia. A volta dos "Merdeiros" a máscara tradicional do Berbés é unha das miñas vellas teimas. Hai sete anos, publiquei o primeiro artigo no Faro sobre esta máscara viguesa dos "merdeiros" ou "escabicheiros" do noso barrio de pescadores, figuras que satirizaban ou parodiaban cruelmente aos campesiños que viñan a Vigo a limpar os pozos negros e recoller o escabiche, os refugallos do peixe no peirao do Berbés, co que estercaban as súas leiras. Unha máscara desaparecida a partir de 1936, que pretendía ridiculizar de forma festiva, e algunhas veces provocadora, aos campesiños nun ambiente netamente mariñeiro.
Esta noticia de Máis Alá éncheme de ledicia. A volta dos "Merdeiros" a máscara tradicional do Berbés é unha das miñas vellas teimas. Hai sete anos, publiquei o primeiro artigo no Faro sobre esta máscara viguesa dos "merdeiros" ou "escabicheiros" do noso barrio de pescadores, figuras que satirizaban ou parodiaban cruelmente aos campesiños que viñan a Vigo a limpar os pozos negros e recoller o escabiche, os refugallos do peixe no peirao do Berbés, co que estercaban as súas leiras. Unha máscara desaparecida a partir de 1936, que pretendía ridiculizar de forma festiva, e algunhas veces provocadora, aos campesiños nun ambiente netamente mariñeiro. Comezamos o ano con dúas estreas na colección Xerais Narrativa: a novela A venus de cristal da narradora coruñesa Chelo Suárez e o libro de relatos A idade da auga do escritor escocés (afincado en Galicia) James Salter.
Comezamos o ano con dúas estreas na colección Xerais Narrativa: a novela A venus de cristal da narradora coruñesa Chelo Suárez e o libro de relatos A idade da auga do escritor escocés (afincado en Galicia) James Salter. A de James, oito relatos ambientados todos eles en Vigo, unha cidade-barco case chea de gaivotas, na que se exploran  os vieiros  do  imaxinario creativo e fantástico de Cunqueiro ou do pintor Urbano Lugrís. Dous novos autores para a narrativa galega que creo supoñerán toda unha sorpresa. Agardemos a recepción destes textos.
A de James, oito relatos ambientados todos eles en Vigo, unha cidade-barco case chea de gaivotas, na que se exploran  os vieiros  do  imaxinario creativo e fantástico de Cunqueiro ou do pintor Urbano Lugrís. Dous novos autores para a narrativa galega que creo supoñerán toda unha sorpresa. Agardemos a recepción destes textos. Coincidindo co inicio desta primeira semana do Entroido puxemos nas librarías unha nova edición, totalmente renovada, do Carnaval en Galicia, o libro de Federico Cocho, con magníficas fotografías de Manuel G. Vicente, que percorre as manifestacións e a xeografía do noso entroido tradicional, tanto rural como urbano: os Momos e Mecos, os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres... E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses... Un libro ben xeitoso para estes días de xoldra.
Coincidindo co inicio desta primeira semana do Entroido puxemos nas librarías unha nova edición, totalmente renovada, do Carnaval en Galicia, o libro de Federico Cocho, con magníficas fotografías de Manuel G. Vicente, que percorre as manifestacións e a xeografía do noso entroido tradicional, tanto rural como urbano: os Momos e Mecos, os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres... E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses... Un libro ben xeitoso para estes días de xoldra. Co artigo da semana inicio unha pequena serie no Faro de Vigo sobre Xosé María Álvarez Blázquez As vindeiras entregas abordarán o seu traballo de editor en Edicións Castrelos e a súa autoría e edición de La  ciudad y los días, texto monumental de seiscentas páxinas que estamos rematando de traducir e ocupa moitas das nosas horas de traballo nocturno e da fin de semana.
Co artigo da semana inicio unha pequena serie no Faro de Vigo sobre Xosé María Álvarez Blázquez As vindeiras entregas abordarán o seu traballo de editor en Edicións Castrelos e a súa autoría e edición de La  ciudad y los días, texto monumental de seiscentas páxinas que estamos rematando de traducir e ocupa moitas das nosas horas de traballo nocturno e da fin de semana. Precisamente, onte á noitiña, fixemos un descanso na tradución para asistir ao acto de relectura do discurso de ingreso de XMAB na RAG. Foi esta celebración evocativa moi fermosa, e mesmo emocionante ao escoitar as palabras de XMAB e Fermín Bouza Brey pronunciadas polo seu fillos Xosé María e Fermín; como tamén o foron as palabras do alcalde Abel Caballero (que recordou que a RAG non celebraba unha sesión dende 1910 e ofreceu a cidade como unha das sedes da institución) e do presidente Barreiro (que fixo unha homenaxe ás catro xeracións da familia Álvarez polos seus servizos patrióticos ao país). Ao remate comentei con algúns académicos e familiares de don Xosé María as magníficas perspectivas que se están abrindo na celebración deste 17 de maio, chamada pola envergadura poliédrica da figura homenaxeada a converterse nunha das máis brillantes e populares das celebradas nos últimos anos.
Precisamente, onte á noitiña, fixemos un descanso na tradución para asistir ao acto de relectura do discurso de ingreso de XMAB na RAG. Foi esta celebración evocativa moi fermosa, e mesmo emocionante ao escoitar as palabras de XMAB e Fermín Bouza Brey pronunciadas polo seu fillos Xosé María e Fermín; como tamén o foron as palabras do alcalde Abel Caballero (que recordou que a RAG non celebraba unha sesión dende 1910 e ofreceu a cidade como unha das sedes da institución) e do presidente Barreiro (que fixo unha homenaxe ás catro xeracións da familia Álvarez polos seus servizos patrióticos ao país). Ao remate comentei con algúns académicos e familiares de don Xosé María as magníficas perspectivas que se están abrindo na celebración deste 17 de maio, chamada pola envergadura poliédrica da figura homenaxeada a converterse nunha das máis brillantes e populares das celebradas nos últimos anos. Os nosos proxectos editoriais arredor de XMAB seguen o curso previsto. Despois de editadas xa as edicións de Poesía galega completa, a nova para os escolares de Roseira do teu mencer e a extraordinaria biografía e estudo literario de Darío Xohán Cabana (un libro que fixará, sen dúbida, o corpus investigativo da celebración), nestas semanas próximas centrarémonos en rematar as d' A cidade e os días (para min o proxecto máis complexo) e a da Fotobiografía de XMAB, preparada polo seu fillo Alfonso (recolle case catrocentos documentos gráficos) e na que se inclúen dous ensaios, unha semblanza humana do seu fillo Xosé María Álvarez Cáccamo (que sabemos xa entregou outro texto fundamental que editará Galaxia) e outro sobre o eido erudito e investigador de don Xosé María, tamén, preparado por Darío Xohán Cabana.
Os nosos proxectos editoriais arredor de XMAB seguen o curso previsto. Despois de editadas xa as edicións de Poesía galega completa, a nova para os escolares de Roseira do teu mencer e a extraordinaria biografía e estudo literario de Darío Xohán Cabana (un libro que fixará, sen dúbida, o corpus investigativo da celebración), nestas semanas próximas centrarémonos en rematar as d' A cidade e os días (para min o proxecto máis complexo) e a da Fotobiografía de XMAB, preparada polo seu fillo Alfonso (recolle case catrocentos documentos gráficos) e na que se inclúen dous ensaios, unha semblanza humana do seu fillo Xosé María Álvarez Cáccamo (que sabemos xa entregou outro texto fundamental que editará Galaxia) e outro sobre o eido erudito e investigador de don Xosé María, tamén, preparado por Darío Xohán Cabana. Só nos queda a espiña da ausencia de noticias sobre a celebración dun congreso sobre a figura de don Xosé María. Descoñecemos se os responsables da Consellaría de Cultura pretenden organizalo. Figura tan decisiva nun tempo menesteroso e díficil merecería maior apoio e atención por parte dos responsables da Xunta de Galicia. Non perdemos a esperanza de que se recupere a iniciativa que estimularía os estudos monográficos sobre unha obra de dimensións xigantescas, como se ven demostrado polos achados que se veñen producindo nos últimos meses. A causa de XMAB na que estamos implicados até as cellas, merece o esforzo e a xenerosidade de todos.
Só nos queda a espiña da ausencia de noticias sobre a celebración dun congreso sobre a figura de don Xosé María. Descoñecemos se os responsables da Consellaría de Cultura pretenden organizalo. Figura tan decisiva nun tempo menesteroso e díficil merecería maior apoio e atención por parte dos responsables da Xunta de Galicia. Non perdemos a esperanza de que se recupere a iniciativa que estimularía os estudos monográficos sobre unha obra de dimensións xigantescas, como se ven demostrado polos achados que se veñen producindo nos últimos meses. A causa de XMAB na que estamos implicados até as cellas, merece o esforzo e a xenerosidade de todos.Marcadores: 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Recurso_didáctico
Marcadores: Publicidade, Sociedade, Vídeos
 Galicia hoxe dedica unha páxina á aparición de Reexistencia. A obra de Manuel Rivas o libro da profesora da Universidade de Towson  Isabel Castro que publicamos dentro da serie "Estudos literarios". Non debera pasar desapercibida esta contribución académica, a primeira monografía sobre Rivas, que axudará a renovar os nosos estudos literarios sobre autores contemporáneos (o que é un importante paso adiante) e a proxectar internacionalmente o corpus da súa obra.
Galicia hoxe dedica unha páxina á aparición de Reexistencia. A obra de Manuel Rivas o libro da profesora da Universidade de Towson  Isabel Castro que publicamos dentro da serie "Estudos literarios". Non debera pasar desapercibida esta contribución académica, a primeira monografía sobre Rivas, que axudará a renovar os nosos estudos literarios sobre autores contemporáneos (o que é un importante paso adiante) e a proxectar internacionalmente o corpus da súa obra. Como xa fixeramos o pasado ano, comezamos a nosa campaña de animación á lectura nos centros escolares de educación infantil e primeiro ciclo de primaria da man de Casa Hamlet coa obra de Manuel Lourenzo Remoldiño vai á feira, inspirada no texto de Xoán R. Cuba.
Como xa fixeramos o pasado ano, comezamos a nosa campaña de animación á lectura nos centros escolares de educación infantil e primeiro ciclo de primaria da man de Casa Hamlet coa obra de Manuel Lourenzo Remoldiño vai á feira, inspirada no texto de Xoán R. Cuba.Marcadores: Literatura infantil e xuvenil, Teatro, Xerais
"Na súa opinión a crítica literaria galega debería contar cos atributos de ser orientativa e non pedante, no caso de que ela existise, pois a súa mesma existencia é posta en dúbida. O sr. Franco Grande, daquela, non infravalora senón que denigra, invisibiliza e despreza o traballo de interpretación crítico e valorativo daqueles que a exercemos, con maior ou peor fortuna, e sempre coa máxima honradez intelectual."Benvida sexa na polémica a opinión dos críticos, unha peza clave no funcionamento da nosa literatura e sector editorial. Beizóns para eles e moito pulo para tecer a rede dende este blog colectivo.
Marcadores: Blogs, Blogs_e_libros, Críticas, Polémicas
 Manuel Gago descúbrenos este impresionante anuncio contra a SIDA promovido pola asoción francesa Sidaction. Outra vez podemos comprobar as posibilidades comunicativas da publicidade (aínda que sei que o mestre Pawley non comparte moito esta idea). Moi recomendable.
Manuel Gago descúbrenos este impresionante anuncio contra a SIDA promovido pola asoción francesa Sidaction. Outra vez podemos comprobar as posibilidades comunicativas da publicidade (aínda que sei que o mestre Pawley non comparte moito esta idea). Moi recomendable.Marcadores: Publicidade, Sociedade, Vídeos
Marcadores: Eventos, Libro, Literacidade
"E mais un exemplo: dende hai dous anos a Editorial Xerais está producindo libros que non se imprimen, que se distribúen directamente en pdf, fundamentalmente dirixidos a centros educativos. Para Manuel Bragado, director de Xerais, "o futuro do libro xa está aquí". Bragado afirma que "debemos quitarnos da cabeza o concepto de que o libro é un soporte impreso; non está definido polo soporte, senón pola actividade cognitiva que suscita". Así, Bragado amósase convencido de que se vai modificar a cultura escrita, vixente nos últimos 500 anos, porque cada tempo ten unha forma de lectura e escritura propia, unha literacidade de seu."
Marcadores: Eventos, Libro, Literacidade
 Sei por Marcos do magnífico proxecto da AELG  de salvación de palabras en  desuso e en perigo de extinción. A iniciativa "Palabras con memoria" pretende recuperalas e poñelas de novo en vixencia e incluídas nos dicionarios. Esta iniciativa é semellante á que promoveron o pasado 23 de abril a Escuela de Escritores de Madrid e a Escola de Escriptura do Ateneo de Barcelona co nome "Apadrina una palabra en peligro de extinción". Quen queira colaborar no fermoso proxecto da AELG debe dirixirse a Isidro Novo (palabra.con.memoria@aelg.org). Nos comentarios da anotación de Marcos aparece xa unha importante relación destas palabras e o modelo de colaboración (solíctase significado ou significados, zona onde é utilizada e outras consideracións para a súa recuperación). Aí van algunhas:
Sei por Marcos do magnífico proxecto da AELG  de salvación de palabras en  desuso e en perigo de extinción. A iniciativa "Palabras con memoria" pretende recuperalas e poñelas de novo en vixencia e incluídas nos dicionarios. Esta iniciativa é semellante á que promoveron o pasado 23 de abril a Escuela de Escritores de Madrid e a Escola de Escriptura do Ateneo de Barcelona co nome "Apadrina una palabra en peligro de extinción". Quen queira colaborar no fermoso proxecto da AELG debe dirixirse a Isidro Novo (palabra.con.memoria@aelg.org). Nos comentarios da anotación de Marcos aparece xa unha importante relación destas palabras e o modelo de colaboración (solíctase significado ou significados, zona onde é utilizada e outras consideracións para a súa recuperación). Aí van algunhas:acomerar, anudún, babuxo, broas, castre, cencellar, conaipas, escampaviar, escornapitos, facer xixa, filusmías, gabuxas, quilar, porén á rebendía, sifate, xarbote...Creo que podería ser bonito que a AELG habilitase un espazo no seu web para a publicación destas palabras recuperadas, convertendo o traballo colaborativo que se fai na rede nunha ferramenta útil para esta empresa solidaria. Pola miña banda apadriño a recuperación de "marrucho" (non está aínda no Gran Xerais) como sinónimo de "filloa" (doce feito de masa moi delgada, composta de fariña, leite ou auga e ovos, todo mesturado, que se frite na tixola en láminas finas, podendo engadirlle logo azucre, mel ou outras lambetadas). A palabra "marrucho" emprégase aínda na parroquia de San Pedro da Ramallosa (Nigrán): O domingo comeremos un bo prato de marruchos.
Marcadores: Gastronomía, Iniciativas, Lingua
 Mañá acompañaremos a un fato de bos amigos e a unha mestra blogueira que debatirán sobre "Os libros de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes". Semella moi interesante.
Mañá acompañaremos a un fato de bos amigos e a unha mestra blogueira que debatirán sobre "Os libros de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes". Semella moi interesante.Marcadores: Blogs_e_libros, Eventos
 Onte á mañán, aproveitando un día precioso, achegámonos ao Museo do Mar de Alcabre para visitar a súa exposición permanente. Xa tiveramos a oportunidade, algúns meses antes da inauguración, de coñecer algúns destes contidos que centran, definitivamente, o museo arredor do mundo da pesca, como o de Concarneau e Douarnenez. A primeira sorpresa nosa foron tanto o escaso número de visitantes como as importantes carencias de servizos que ofrece a instalación reinaugurada no pasado Nadal. O museo, inexplicablemente, non ofrece unha exposición inaugural que contribúa ao "efecto chamada", non ofrece material gráfico de apoio aos visitantes (bótase en falta, sequera, un planiño para seguir un itinerario complexo e denso, especialmente nos módulos do soto), non abriu os servizos de restauración (tan importantes hoxe nos museos dirixidos ao público familiar) e, sobre todo, non conta cunha campaña de promoción que o visibilice e anime a súa visita. Con todas estas carencias o museo amósase triste, sen lucir a súa enorme potencialidade, tanto arquitectónica como dos seus propios contidos (a pesar da humildade do seu acuario). Ben sería que se solucionasen, canto antes, estas eivas, para evitar que este museo (no que temos postas tantas esperanzas) caia na mediocridade da Casa das Palabras. Estou convencido que é tan posible como necesario reorientar esta deriva. A Consellaría de Cultura, responsable agora do museo, debe tomar urxentemente cartas neste asunto.
Onte á mañán, aproveitando un día precioso, achegámonos ao Museo do Mar de Alcabre para visitar a súa exposición permanente. Xa tiveramos a oportunidade, algúns meses antes da inauguración, de coñecer algúns destes contidos que centran, definitivamente, o museo arredor do mundo da pesca, como o de Concarneau e Douarnenez. A primeira sorpresa nosa foron tanto o escaso número de visitantes como as importantes carencias de servizos que ofrece a instalación reinaugurada no pasado Nadal. O museo, inexplicablemente, non ofrece unha exposición inaugural que contribúa ao "efecto chamada", non ofrece material gráfico de apoio aos visitantes (bótase en falta, sequera, un planiño para seguir un itinerario complexo e denso, especialmente nos módulos do soto), non abriu os servizos de restauración (tan importantes hoxe nos museos dirixidos ao público familiar) e, sobre todo, non conta cunha campaña de promoción que o visibilice e anime a súa visita. Con todas estas carencias o museo amósase triste, sen lucir a súa enorme potencialidade, tanto arquitectónica como dos seus propios contidos (a pesar da humildade do seu acuario). Ben sería que se solucionasen, canto antes, estas eivas, para evitar que este museo (no que temos postas tantas esperanzas) caia na mediocridade da Casa das Palabras. Estou convencido que é tan posible como necesario reorientar esta deriva. A Consellaría de Cultura, responsable agora do museo, debe tomar urxentemente cartas neste asunto.Etiquetas: Juan_Freire–¿Cómo afectan los nuevos soportes y canales de circulación digitales de la letra impresa (desde el libro electrónico y las bibliotecas virtuales a la impresión a demanda, el móvil y los blogs)?–Amplían las opciones para los lectores y para autores. Por tanto se reducirá el mercado de libros impresos y se abrirán nuevas oportunidades de distribución y de negocio editorial (que pueden ocupar distintos actores). Pero el cambio más radical afecta a la creación y a la interacción con el lector más que a la distribución. Surgen nuevas formas narrativas, muchas basadas en la hibridación con el audiovisual. La relación autor-lector se hará más bidireccional y más continua en el tiempo.
–¿En que medida la red altera la noción de autoría y qué problemas legales trae aparajada?
–La red no altera la noción de autoría, que es previa al modelo legal de propiedad intelectual aún mayoritario. Este modelo de propiedad intelectual, basado en la protección absoluta y en el concepto de creación individual, se ha quedado obsoleto ante el proceso de digitalización de la cultura. Pero es este modelo el que representa una anomalía (que ha durado unas décadas o unos pocos siglos) y no el impacto de lo digital. Internet, por el contrario, reduce barreras y permite la recuperación de la creación como actividad social y colaborativa.–¿Cómo crees que modifican la red y los nuevos soportes tanto a la producción (escritura) como la recepción (lectura) de la letra impresa?
–La red modifica el proceso de investigación y documentación en que se basa la producción. Por otra parte, permite desarrollar nuevos lenguajes narrativos y nuevos formatos, en buena medida aún por explorar. Por otra parte, existe una tendencia a la atomización de los mensajes o las obras por que reducen su extensión o se dividen en fragmentos. El lector modifica su relación con la obra, pero, sobre todo, puede alterar su relación con el autor y con el resto de la comunidad (por ejemplo, realizando críticas o reapropiándose de la obra original para nuevas creaciones). El número de autores aumentará y la distinción autor-lector se diluirá en parte. Surgirán múltiples modelos intermedios entre el autor amateur y el profesional, y, en todo caso y como ya sucede en la música, se diversificarán los modelos de remuneración.–¿Cuál es el futuro del libro? Pros y contras de la revolución digital en el mundo editorial
–El libro impreso, tal como lo conocemos, se especializará en ciertos nichos (posiblemente aquellos de mayor valor y/o precio). De hecho, algo así ha sucedido, en negativo, ya con la progresiva desaparición de las enciclopedias en papel. La obra escrita, en sentido amplio (incluyendo todas las formas digitales), ha experimentado un crecimiento importante con Internet y especialmente la web 2.0. Este aumento de la producción ha provocado, por supuesto, la aparición de un número muy elevado de obras que en opinión de la mayoría tienen una calidad ínfima, pero al tiempo surgen autores y obras de gran calidad, pequeños porcentualmente pero muy importantes en términos absolutos. El desarrollo de herramientas para la búsqueda, filtrado y agregación de información digital (en especial tecnologías como RSS, buscadores especializados, agregadores y los sistemas de etiquetado) equipan al lector para poder hacer frente a esta exuberancia creativa sin necesidad de los filtros y autoridades tradicionales. Esto no significa que asuman ese nuevo rol; por el contrario puede que prefieran ceder ese esfuerzo a editores y/o críticos, pero los seleccionarán con criterios muy diferentes a los del “mundo del papel”.
Marcadores: Edición, Literacidade
 Prodúcenos moita satisfacción coñecer estas dúas reseñas gabanciosas, suscitadas pola aparición da edición en italiano d' O club da calceta, a novela de María Reimóndez da que se está preparando, ademais, unha tradución en castelán, unha adaptación teatral por parte de Teatro do Morcego (será estreada no Teatro Caixanova de Vigo, o día 12 de abril) e unha adaptación televisiva. Un éxito nacional e internacional para unha das nosas narradoras. Beizóns para María!
Prodúcenos moita satisfacción coñecer estas dúas reseñas gabanciosas, suscitadas pola aparición da edición en italiano d' O club da calceta, a novela de María Reimóndez da que se está preparando, ademais, unha tradución en castelán, unha adaptación teatral por parte de Teatro do Morcego (será estreada no Teatro Caixanova de Vigo, o día 12 de abril) e unha adaptación televisiva. Un éxito nacional e internacional para unha das nosas narradoras. Beizóns para María!Marcadores: Autores, Críticas, Traducións
 Varias noticias moi recentes sobre don Xosé María Álvarez Blázquez e a celebración da homenaxe nacional no 17 de maio que merecen ser reseñadas:
Varias noticias moi recentes sobre don Xosé María Álvarez Blázquez e a celebración da homenaxe nacional no 17 de maio que merecen ser reseñadas:Marcadores: 17_de_maio, Autores, Efemérides, Recurso_didáctico
"Toda nación, e Galicia éo, debe dotarse de centros no extranxeiro nos que se difunda a súa lingua e a súa cultura propias. O goberno da Generalitat de Cataluña así o pensou e instituiu con nome de Ramon Llull unha serie de centros no mundo nos que a lingua e a cultura catalás se fai presente. Tense pedido unha e outra vez que a Xunta funde un organismo desde tipo, ao mesmo se lle ten dado o nome de Rosalía de Castro, pro non parece que vaia ser moi axiña realidade. Fraga Iribarne non quería un instituto internacional de Galicia por non ofender a idea de España única. Non sei por que Touriño e os seus socios que se reclaman do nacionalismo (naturalmente non independentista, san e ben entendido) se resisten á posta en funcionamento do Instituto Rosalía de Castro e sofren a humillación, aparentemente con gusto, de que sexa o goberno de Madrid a través de Instituto Cervantes que se apiade da nosa lingua e da nosa cultura e, por man de C.A. Molina vai facendo perceptibeis, poñamos que en Damasco, pequenas evidencias de que existimos e somos diferentes e que Álvaro Cunqueiro escribía en galego sobre Simbad."
Marcadores: Bibliotecas, Cultura, Traducións
"La confusión semántica avanza. Llaman “público” a los servicios generales, la intendencia básica de la comunidad: sanidad, educación y transporte. El término “colectivo” ha desaparecido del vocabulario. Cada vez que el complejo tecnológico-militar acelera el ciclo del turbocapitalismo (la expresión es de Luttwak), la socialdemocracia apela a la conservación del dominio público como si se tratara de proteger una reserva natural: flora y fauna. Pese a la apariencia de libertad, el modelo económico de intercambio entre empresas y naciones diseñado por el capitalismo financiero –al principio fue el verbo, Bretton Woods, 1944– constituye la única realidad posible. Afirmar que la democracia es incompatible con el capitalismo –como se demuestra en infinidad de países– les parece una excentricidad radical. En este territorio de progresía, aeropuertos internacionales, aristocracia obrera, segundas residencias y EPS encuentra la socialdemocracia su tradicional bolsa de votos. Los conservadores, más proclives al modelo liberal puro, apelan al autoritarismo, el orden, los valores de la familia, la religión y la eficacia."
Marcadores: Política
 No artigo da semana volvo sobre os naufraxios. Galicia non pode aceptar continuar sendo un país de náufragos, unha experiencia perturbadora e dolorosa para as familias das vítimas, tatuada xa na memoria colectiva como un sinal da nosa identidade complexa. A hemorraxia do mar galego debe ser atallada.
No artigo da semana volvo sobre os naufraxios. Galicia non pode aceptar continuar sendo un país de náufragos, unha experiencia perturbadora e dolorosa para as familias das vítimas, tatuada xa na memoria colectiva como un sinal da nosa identidade complexa. A hemorraxia do mar galego debe ser atallada.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade
 Cincocentos escritores e intelectuais británicos dirixíronse ao seu primeiro ministro para solicitarlle, diante dos fracos resultados en comprensión lectora dos estudantes británicos no informe PISA, que se dedique o ano 2008 á lectura. Idéntica preocupación comparte Channel 4, unha das canles privadas de televisión de maior audiencia, que na súa franxa de prime time decidiu emitir “Lost for words. The Fight To Help Kids read” (“A loita para axudar aos nenos a ler”), un orixinal e entretido programa no que aparecen coñecidas figuras (deportistas, músicos ou actores) en actitudes lectoras. En Galicia, como no resto do Estado, a pesar de ocupar o posto número trinta no desenvolvemento desta competencia de comprensión lectora (o Reino Unido, o décimo noveno) este dato non alarma en exceso nin aos intelectuais nin aos programadores das televisións nin á maioría dos nosos responsables políticos. Porén, é innegable que, como amosan o informe PISA e outros moitos datos estatísticos sobre hábitos culturais (onde continuamos na cola das CC.AA., sexa na compra de publicacións impresas, nos índices de lectura de libros ou na frecuencia na visita ás bibliotecas públicas), temos un serio problema de lectura. Máis aínda, cando os índices de lectura son hoxe indicadores parellos aos de benestar, civilidade, igualdade, competitividade e innovación empresarial. Inmersos xa de cheo na sociedade da información, a lectura xa non pode ser identificada como un hábito de lecer de minorías ou élites vencellado ao goce  das obras literarias impresas. A lectura na sociedade do século XXI debe ser considerada como unha competencia imprescindible, adquirida por todos os cidadáns, que permite comprender criticamente un mundo saturado de textualidade, sexa impresa ou dixital. A lectura, concibida con esta radicalidade de ferramenta crítica, e o seu fomento –vencellado, tamén no caso noso, á potenciación dos procesos de alfabetización informacional e normalización lingüística– entre todos os sectores sociais e segmentos de idade debería transfórmase na prioridade de todas as políticas culturais, educativas e de igualdade a desenvolver no país. En Galicia tamén precisamos un ano para a lectura.
Cincocentos escritores e intelectuais británicos dirixíronse ao seu primeiro ministro para solicitarlle, diante dos fracos resultados en comprensión lectora dos estudantes británicos no informe PISA, que se dedique o ano 2008 á lectura. Idéntica preocupación comparte Channel 4, unha das canles privadas de televisión de maior audiencia, que na súa franxa de prime time decidiu emitir “Lost for words. The Fight To Help Kids read” (“A loita para axudar aos nenos a ler”), un orixinal e entretido programa no que aparecen coñecidas figuras (deportistas, músicos ou actores) en actitudes lectoras. En Galicia, como no resto do Estado, a pesar de ocupar o posto número trinta no desenvolvemento desta competencia de comprensión lectora (o Reino Unido, o décimo noveno) este dato non alarma en exceso nin aos intelectuais nin aos programadores das televisións nin á maioría dos nosos responsables políticos. Porén, é innegable que, como amosan o informe PISA e outros moitos datos estatísticos sobre hábitos culturais (onde continuamos na cola das CC.AA., sexa na compra de publicacións impresas, nos índices de lectura de libros ou na frecuencia na visita ás bibliotecas públicas), temos un serio problema de lectura. Máis aínda, cando os índices de lectura son hoxe indicadores parellos aos de benestar, civilidade, igualdade, competitividade e innovación empresarial. Inmersos xa de cheo na sociedade da información, a lectura xa non pode ser identificada como un hábito de lecer de minorías ou élites vencellado ao goce  das obras literarias impresas. A lectura na sociedade do século XXI debe ser considerada como unha competencia imprescindible, adquirida por todos os cidadáns, que permite comprender criticamente un mundo saturado de textualidade, sexa impresa ou dixital. A lectura, concibida con esta radicalidade de ferramenta crítica, e o seu fomento –vencellado, tamén no caso noso, á potenciación dos procesos de alfabetización informacional e normalización lingüística– entre todos os sectores sociais e segmentos de idade debería transfórmase na prioridade de todas as políticas culturais, educativas e de igualdade a desenvolver no país. En Galicia tamén precisamos un ano para a lectura.Marcadores: Cultura, Lectura, Literacidade
 Hoxe presentouse o programa da participación de Galicia na Feira do Libro da Habana do vindeiro mes de febreiro. Aquí pode descargarse o dossier elaborado pola Consellaría de Cultura e Deporte con toda a información sobre tan importante evento (actividades, participantes...).
Hoxe presentouse o programa da participación de Galicia na Feira do Libro da Habana do vindeiro mes de febreiro. Aquí pode descargarse o dossier elaborado pola Consellaría de Cultura e Deporte con toda a información sobre tan importante evento (actividades, participantes...). Xosé L. Méndez Ferrín volve hoxe no Faro coa prometida segunda entrega sobre "Arquivos, bibliotecas e museus". O mestre atina de cheo no diagnóstico sobre os nosos centros da memoria, ao tempo que proporciona o necesario contexto histórico do seu modelo inserido (a pesar da Autonomía) nun desfasado modelo provincial.
Xosé L. Méndez Ferrín volve hoxe no Faro coa prometida segunda entrega sobre "Arquivos, bibliotecas e museus". O mestre atina de cheo no diagnóstico sobre os nosos centros da memoria, ao tempo que proporciona o necesario contexto histórico do seu modelo inserido (a pesar da Autonomía) nun desfasado modelo provincial."Na mentalidade contemporánea existe un desprezo real polos arquivos, as bibliotecas e os museus. Dise abertamente que son depósitos de cadáveres e sitios de armacenamento de obxectos poeirentos. Os máis listos revalidan en explicarnos como un museu ou unha biblioteca pode convertirse en centro de cultura "viva", deixando desarrollada a garrafa do tópico. Poucas xentes de decatan de que as bibliotecas necesitan, en primeiro lugar, bibliotecarios de carreira e formación, recrutados en oposicións libres e públicas, porque sen eles non é posibel a biblioteca. Logo, amplisimos espazos para depósito, para clasificación e para lectura. E libros, moitos libros e impresos. Só en derradeiro lugar as bibliotecas precisan das novas tecnoloxías e das actividades culturais e representacións e happenings (non digo que non estea iso mal).
En canto aos arquivos, eles son o basamento da memoria da nación, os lugares onde a documenta espera polo ollo crítico, o sitio da verdade histórica. Vexan como Galicia coida dos seus arquivos. O derradeiro arquiveiro municipal de Vigo foi José G. Posada-Curros que, de vivir hoxe, tería moito mais ca cen anos. Desde a súa xubilación, o posto de arquiveiro municipal nunca foi provisto nin convocada oposición entre titulados. O arquivo municipal de Vigo está instalado en dependencias insuficientes e en mas condicións nas sotos do Palacio Municipal e o seu responsabel soe ser un funcionario non capacitado técnica e especificamente para este labor. O caso do arquivo de Vigo ilustra o que estamos a decer. Ou sexa: todo para o fútbol e todo para a cultura endendida como fanfarria e espectáculo."
Marcadores: Bibliotecas
 Hoxe presentamos en Ourense A neve do tempo, un fermoso libro de arte froito da colaboración entre o escritor Alberto Pascual e o pintor José Antonio Ocaña. Para o crítico Juan Carlos García Alía, ambos os dous autores “forxaron un valioso libro de artista por cuxas páxinas despregan un fermoso espazo dual e equilibrado co que, a propósito do amor, a terra, a vida e a morte, as dúbidas, encamiñan ao lector ao goce analóxico de dúas artes orixinais que, en lugar de contrapoñeerse, se dan a man: os sentidos poemas de Pascual, e as suxestivas pinturas de Ocaña realizadas con lapis de cor, acrílico e impresións dixitais”. “A xa vedraña relación pintura-poesía, que clava as súas raíces na antigüidade, coas noticias reveladas por Simonides de Ceos (V a.C), Aristóteles (IV a.C.) ou Plutarco (II y I a.C.), patentadas na ut pictura poesis de Horacio (I a.C.); a inflexión do Laooconte de Lessing (1776), e a subseguiente ambivalencia sobre os límites interartísticos argumentadas durante séculos posteriores (Gombrich, Winesatt, Mitchell, etc.), renace nesta orixinal composición na que, como albisca Alfonso Palomares, o prologuista, lonxe do típico libro no que se ilustran uns poemas ou se rima a partir dunha iconografía, Ocaña e Pascual concatenan linguaxes autónomas nas que xurde harmonicamente un mesmo sentir nesta creación. Os propios artistas veñen conferir que este traballo, realizado de manera independente por cada un, conflúe ao xeito dunha percepción do visible e o sensible a través dunha vertente xánica –pintura e poesía–, cal virtual ambivalencia, mais cunha soa moeda: albiscar un retrinco de arte no que entre dúas verbas se desangra A neve do tempo.
Hoxe presentamos en Ourense A neve do tempo, un fermoso libro de arte froito da colaboración entre o escritor Alberto Pascual e o pintor José Antonio Ocaña. Para o crítico Juan Carlos García Alía, ambos os dous autores “forxaron un valioso libro de artista por cuxas páxinas despregan un fermoso espazo dual e equilibrado co que, a propósito do amor, a terra, a vida e a morte, as dúbidas, encamiñan ao lector ao goce analóxico de dúas artes orixinais que, en lugar de contrapoñeerse, se dan a man: os sentidos poemas de Pascual, e as suxestivas pinturas de Ocaña realizadas con lapis de cor, acrílico e impresións dixitais”. “A xa vedraña relación pintura-poesía, que clava as súas raíces na antigüidade, coas noticias reveladas por Simonides de Ceos (V a.C), Aristóteles (IV a.C.) ou Plutarco (II y I a.C.), patentadas na ut pictura poesis de Horacio (I a.C.); a inflexión do Laooconte de Lessing (1776), e a subseguiente ambivalencia sobre os límites interartísticos argumentadas durante séculos posteriores (Gombrich, Winesatt, Mitchell, etc.), renace nesta orixinal composición na que, como albisca Alfonso Palomares, o prologuista, lonxe do típico libro no que se ilustran uns poemas ou se rima a partir dunha iconografía, Ocaña e Pascual concatenan linguaxes autónomas nas que xurde harmonicamente un mesmo sentir nesta creación. Os propios artistas veñen conferir que este traballo, realizado de manera independente por cada un, conflúe ao xeito dunha percepción do visible e o sensible a través dunha vertente xánica –pintura e poesía–, cal virtual ambivalencia, mais cunha soa moeda: albiscar un retrinco de arte no que entre dúas verbas se desangra A neve do tempo.Marcadores: Artes Visuais, Ilustración, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais
At Saint Simon’s chapel I took my seat
and was caught by the waves, how tall they seem.
I was waiting for my friend! Will he come?
At the chapel before the altar-stone
I was caught by the waves, they seem to grow.
I was waiting for my friend! Will he come?
And was caught by the waves, how tall they seem,
I have no boatman to row for me.
I was waiting for my friend! Will he come?
And was caught by the waves, the sea below,
I have no boatman, nor know how to row.
I was waiting for my friend! Will he come?
I have no boatman to row for me,
fair maid I shall die on the open sea.
I was waiting for my friend! Will he come?
I have no boatman, nor know how to row,
fair maid I shall die on the sea below.
I was waiting for my friend! Will he come?
Marcadores: Cultura, Iniciativas, Poesía, Traducións
 O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Facultade de CC da Comunicación da USC ofrecerán unha homenaxe ao humorista gráfico, ilustrador, debuxante, caricaturista, xornalista de La Voz de Galicia, escritor dramático, ensaísta,  conferenciante, pintor  e tantas outras cousas... Siro López Lorenzo pola súa traxectoria profesional o día 24 de xaneiro, xoves, no Auditorio da Facultade de CC da Comunicación en Santiago. O acto comezará ás 12 horas e será presentado polo decano do CPXG, Xosé Manuel Vega Gómez. Entre os asistentes estarán os xornalistas Xosé Luis Vilela, Xosé Luís Barreiro Rivas, Bieito Rubido , Xulia Díaz , Miguel Túñez (decano da Facultade de Ciencias da Comunicación) e os humoristas gráficos Pinto & Chinto que farán unha pequena achega á traxectoria do noso admirado Siro. Ademais, haberá unha actuación da cantante Manuela e do grupo Corre Carmela que chove. A entrada a esta merecida homenaxe a un dos nosos clásicos será libre.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Facultade de CC da Comunicación da USC ofrecerán unha homenaxe ao humorista gráfico, ilustrador, debuxante, caricaturista, xornalista de La Voz de Galicia, escritor dramático, ensaísta,  conferenciante, pintor  e tantas outras cousas... Siro López Lorenzo pola súa traxectoria profesional o día 24 de xaneiro, xoves, no Auditorio da Facultade de CC da Comunicación en Santiago. O acto comezará ás 12 horas e será presentado polo decano do CPXG, Xosé Manuel Vega Gómez. Entre os asistentes estarán os xornalistas Xosé Luis Vilela, Xosé Luís Barreiro Rivas, Bieito Rubido , Xulia Díaz , Miguel Túñez (decano da Facultade de Ciencias da Comunicación) e os humoristas gráficos Pinto & Chinto que farán unha pequena achega á traxectoria do noso admirado Siro. Ademais, haberá unha actuación da cantante Manuela e do grupo Corre Carmela que chove. A entrada a esta merecida homenaxe a un dos nosos clásicos será libre.Marcadores: Autores, Eventos, Ilustración
 Esta secuencia interminable de naufraxios prodúceme perplexidade e enorme desacougo. Non se poden tomar outras medidas para atallar esta hemorraxia de sinistralidade no mar? Pódese aceptar como algo inevitable? Non é imprescindible acometer unha investigación sobre as causas do que sucedeu e depurar as responsabilidades que houber? As embarcacións actuais teñen as condicións axeitadas para facer fronte a estes temporais? Cál é a razón de que non se pechen os portos con condicións climatolóxicas tan adversas? As competencias e seguridade e salvamento marítimo non deberían ser transferidas de vez a Galicia? Preguntas que alguén debería responder, aínda que esteamos en plena campaña electoral.
Esta secuencia interminable de naufraxios prodúceme perplexidade e enorme desacougo. Non se poden tomar outras medidas para atallar esta hemorraxia de sinistralidade no mar? Pódese aceptar como algo inevitable? Non é imprescindible acometer unha investigación sobre as causas do que sucedeu e depurar as responsabilidades que houber? As embarcacións actuais teñen as condicións axeitadas para facer fronte a estes temporais? Cál é a razón de que non se pechen os portos con condicións climatolóxicas tan adversas? As competencias e seguridade e salvamento marítimo non deberían ser transferidas de vez a Galicia? Preguntas que alguén debería responder, aínda que esteamos en plena campaña electoral.Marcadores: Sociedade
Marcadores: Política
"Las previsiones de Shatzkin tienen que ver con aspectos tan diversos como la penetración del e-book, las cartas que jugarán los grandes desarrolladores de tecnología y proveedores de contenido implicados en este negocio, la relevancia que cobrará públicamente la figura del autor, la compra por parte de las editoriales de sitios Web especializados para obtener contenidos y alcanzar ciertos nichos de la audiencia, el auge de la venta de libros hechos a la medida del comprador gracias a la impresión bajo demanda, la evolución de la competencia entre las grandes cadenas de librerías, el replanteamiento de la estrategia de publicación de ediciones rústicas y de bolsillo, la consolidación del sector de los agentes literarios y el crecimiento de la utilización de Internet como canal promocional por parte de las editoriales."É dicir: penetración de libro electrónico na procura dun novo estándar, impresión dixital baixo demanda, utilización de Internet como canle de comunicación e promoción editorial e, sobre todo, un novo papel máis central para os autores (o contido é o eixo da edición). Tomemos nota na edición en galego.
Marcadores: Edición, Tecnoloxías
 O próximo sábado estréase na Punta da Barca de Muxía Os fabulosos irmáns da luz, o novo documental de Olaia Sendón que constitúe unha homenaxe ao fotógrafo Ramón Camaño, pioneiro en levar o cine á Costa da Morte. En palabras da súa autora:
O próximo sábado estréase na Punta da Barca de Muxía Os fabulosos irmáns da luz, o novo documental de Olaia Sendón que constitúe unha homenaxe ao fotógrafo Ramón Camaño, pioneiro en levar o cine á Costa da Morte. En palabras da súa autora:"O cine era ante todo espectáculo. A posta en escea desta premiere non podía obviar esta realidade e, como non podía ser menos, o evento está organizado en torno a esta idea: ESPECTÁCULO. Malabaristas, luces, sombras, siluetas animadas... xunto co impresionante entorno da Costa da Morte: o mar, as ondas, as rochas (a de abalar e a dos cadrís). Percorrer a alfombra vermella permitirá os asistentes achegarse ao Fabuloso mundo dos Irmáns da Luz."Recordamos que hai un ano, Olaia presentaba o seu primeiro documental, A casa de Lola e Andrés, que obtivo unha grande acollida nos diversos festivais no que foi presentado. Neste segundo traballo, que forma parte co anterior do proxecto Costa Difunta, revisítanse os espazos que noutrora foron cines, agora desaparecidos transformados ou botados a perder, acompañando a Ramón Camaño na súa experiencia de cine itinerante pola Costa da Morte. Un traballo moi prometedor e unha estrea, que se promete espectacular, da que falaremos devagariño nestas bretemas.
Marcadores: Cine, Presentacións
Marcadores: Polémicas
Marcadores: Bibliotecas
 Pablo Auladell está preparando esta marabilla para unha versión d' A casiña de chocolate que publicará proximamente Kalandraka. Un ilustrador xenial.
Pablo Auladell está preparando esta marabilla para unha versión d' A casiña de chocolate que publicará proximamente Kalandraka. Un ilustrador xenial.Marcadores: Ilustración, Literatura infantil e xuvenil
Marcadores: Dicionarios, Internet, Lingua

 Grazas a Marcos podemos coñecer na rede os grandes murais de Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios sobre o perfil vigués que constitúen o fondo dos recitais de Fóra de sagrado de Anxo Angueira. Espectaculares, a verdade!
Grazas a Marcos podemos coñecer na rede os grandes murais de Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios sobre o perfil vigués que constitúen o fondo dos recitais de Fóra de sagrado de Anxo Angueira. Espectaculares, a verdade!Marcadores: Artes Visuais, Poesía, Presentacións
 SEN PEGADA
SEN PEGADAMarcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol